A Xunta cualifica de "chapuza" a sementeira realizada polo Goberno central tras a dragaxe da ría do Burgo e reclama que se cumpra co marcado no proxecto

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería do Mar sinala que só foron sementadas dúas das catro especies existentes previamente ás obras, en menos unidades das necesarias para unha correcta rexeneración e polos propios obreiros da obra, sen a cualificación necesaria 
  • Villaverde recorda que a obra foi proxectada no Goberno de Rajoy e que, se ben foi licitada por 40 millóns de euros, finalmente foi adxudicada por menos de 27 millóns, un aforro que podería reverter nas 80 familias afectadas por esta actuación
  • Reclama ao Executivo estatal que cumpra cos compromisos adquiridos como promotores da dragaxe e responsables exclusivos das compensacións e reiterou o apoio da Xunta ás demandas do sector

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia cualifica de "chapuza" a sementeira realizada pola empresa contratada polo Goberno central para acometer a dragaxe da ría do Burgo e reclama que se cumpra co establecido no proxecto e na súa declaración de impacto ambiental. Así o manifestou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, no marco da súa comparecencia na Comisión 8 do Parlamento onde criticou que os traballos se realizaron "in extremis" para cumprir os prazos de execución de obra sen importar se atendía ao proxectado inicialmente. 

Desde a Xunta recordouse que o proxecto desta actuación foi redactado durante o Goberno presidido por Mariano Rajoy e que, aínda con todo, o actual Executivo central tardou case dous anos en iniciar a licitación debido a múltiples erros na súa tramitación. Uns erros que se volven a detectar no informe de seguimento ambiental de abril do Miteco que sinala que se procede a realizar a sementeira conforme a declaración de impacto ambiental do proxecto cando non foi así.

Nesta liña, Villaverde sinalou que só foron sementadas dúas das catro especies existentes previamente ás obras, en menos unidades das necesarias para unha correcta rexeneración e polo propios obreiros da obra, sen a debida cualificación, xa que os propios mariscadores se negaron a participar polos constantes incumprimentos e deficiencias detectadas. Unha actuación que deixa este banco marisqueiro en malas condicións para a súa recuperación e terá unhas consecuencias nefastas para a produtividade marisqueira nesta zona.

Desde a Consellería do Mar se recorda que, se ben a obra foi licitada por 40 millóns de euros, foi adxudicada finalmente por menos de 27 millóns de euros. Un aforro de máis de 13 millóns de euros que fai máis incomprensible a negativa do Goberno central de asumir a súa responsabilidade exclusiva como promotor destes traballos de compensar economicamente ás 80 familias afectadas pola paralización da actividade marisqueira.

Apoio da Xunta

Marta Villaverde destacou que a Consellería do Mar estase traballando e apoiando economicamente de cara a poñer os medios persoais e técnicos para que os bancos marisqueiros afectados polas obras de dragaxe da ría do Burgo, competencia do Estado, recuperen canto antes a súa produtividade e os profesionais podan volver á actividade extractiva o antes posible. Nesta liña recordou a colaboración prestada pola Xunta ao Executivo central para axilizar a tramitación das compensacións e reiterou o respaldo  do Goberno galego ás demandas do sector.

Por último, criticou que en plenas eleccións europeas a subdelegada do Goberno trasladara aos mariscadores a existencia de novos fondos en apoio dos profesionais e pasados os comicios, nada máis se soubo. Por iso volveu a reclamar que se cumpran os compromisos adquiridos, tanto no proxecto, como na declaración de impacto ambiental como cos propios profesionais afectados.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274492 {"title":"A Xunta cualifica de \"chapuza\" a sementeira realizada polo Goberno central tras a dragaxe da ría do Burgo e reclama que se cumpra co marcado no proxecto","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/DX+Desenvolvemento+Pesqueiro+comisi%C3%B3n+8%C2%AA+1.jpg","id":"274492"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274492-xunta-cualifica-chapuza-sementeira-realizada-polo-goberno-central-dragaxe-da-ria-do-burgo-e-reclama-se-cumpra-co-marcado-proxecto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.