Alfonso Villares enxalza a esencial contribución da acuicultura galega para alcanzar a soberanía alimentaria e a sustentabilidade do sector

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O responsable autonómico destaca que o Goberno galego seguirá apostando por este tipo de iniciativas que contribúen a impulsar a competitividade dunha actividade estratéxica e con gran potencial de crecemento
  • A industria  dos cultivos mariños é fundamental para a economía de Galicia, pois conta con preto de 2.600 empresas que xeran 5.600 empregos e que en 2023 lograron unha facturación de 232 millóns de euros

Ribeira (A Coruña), 6 de xuño de 2024

O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, manifestou a importancia da actividade acuícola en termos económicos e sociais e a súa contribución imprescindible para alcanzar a necesaria soberanía alimentaria e a sustentabilidade do sector pesqueiro. Así o dixo na asemblea xeral do Clúster da Acuicultura de Galicia, que se celebrou no Centro Tecnolóxico pertencente a esta entidade (Cetga), un escaparate único de posta en valor e da excelencia dos produtos galegos no mercado internacional.

Nesta liña, o titular de Mar destacou o firme compromiso da Xunta por apostar polo coñecemento tecnolóxico e innovación mediante o estudo e execución de proxectos I+D que sirvan de ferramentas para mellorar a competitividade das empresas do sector acuícola, promovendo e impulsando a interacción entre os distintos axentes implicados. Tamén enxalzou o papel do Clúster, referente global en acuicultura de peixes planos, rodaballo e linguado, que representa o 85% da produción europea nestas especies. Tamén subliñou o carácter exportador da piscicultura galega dado que o 65% da súa produción remata nos mercados internacionais.

No marco desta vista, o responsable autonómico percorreu o Cetga cuxa misión é ofrecer solucións innovadoras ás empresas para a mellora de produtos, procesos e sistemas de produción, e puido coñecer de primeira man o traballo que están nas súas instalacións da man dos seus responsables. O seu director, Santiago Cabaleiro, é o responsable de supervisar os diferentes proxectos que reciben financiación tanto doutras empresas como de fondos públicos conseguidos ao abeiro das diferentes convocatorias de axudas, tanto de ámbito estatal como internacional. 

O responsable autonómico destacou que dende a Consellería do Mar se seguirá apostando por impulsar medidas de apoio que favorezan o crecemento e internacionalización da industria dos cultivos mariños tendo como eixo a calidade e sabor da nosa materia prima. Na actualidade esta actividade conta na nosa comunidade con preto de 2.600 empresas que empregan a máis de 5.600 traballadores rexistrando unha facturación no 2023 que alcanzou os 232 millóns de euros.

Clúster referente

O Clúster da Acuicultura de Galicia forma parte da rede de clústeres excelentes de Galicia e, se ben nun inicio agrupaba a empresas galegas dedicadas a esta actividade, hoxe en día tamén integra a empresas de España e Portugal. Desde esta organización destacan o interese inversor  de moitas destas compañías no desenvolvemento de plans ambiciosos na comunidade con novos proxectos apoiados nas novas tecnoloxías coa previsión de transformar o sector nos vindeiros seis anos. Nesta liña, sinalan que grazas aos avances alcanzados nos últimos a industria piscícola gañou sustentabilidade e unha maior integración paisaxística e agardan que este crecemento e expansión sirva de atractivo para captar novo talento.

Playa de Zahara Dos

O conselleiro do Mar tamén reaccionou ante a noticia do varamento do buque pesqueiro Playa de Zahara Dos, de capital galego, que quedou semisumerxido ao sur das illas Fidxi, no Pacífico sur. Alfonso Villares explicou que xa estivera en contacto coa empresa armadora para interesarse polo acontecido e expresou o seu alivio ao coñecer que todos os seus tripulantes xa foran rescatados e que se atopaban en bo estado e trasladou a disposición do Goberno galego en colaborar no que fora necesario para axilizar o regreso a casa da tripulación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246769 {"title":"Alfonso Villares enxalza a esencial contribución da acuicultura galega para alcanzar a soberanía alimentaria e a sustentabilidade do sector","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150731\/20240606+conselleiro+visita+Cetga+1.jpg","id":"246769"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246769-alfonso-villares-enxalza-esencial-contribucion-da-acuicultura-galega-alcanzar-soberania-alimentaria-e-sustentabilidade-do-sector https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.