Amplíanse a case 8,2 millóns de euros as axudas para a mellora das infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos pesqueiros tras unha alta demanda

Imagen del artículo Amplíanse a case 8,2 millóns de euros as axudas para a mellora das infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos pesqueiros tras unha alta demanda

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os proxectos presentados superan con creces o orzamento inicial, o que leva a elevar un 70 % ou en 3.370.000 euros a contía que estaba prevista para este exercicio
  • Estas accións permitirán continuar os avances na seguridade e condicións de traballo dos profesionais do mar e na eficiencia enerxética e protección ambiental
  • Actuarase na conservación das descargas de peixe e marisco e a súa trazabilidade e en preparar instalacións portuarias para afrontar inclemencias polo cambio climático

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

A Consellería do Mar amplía o crédito máximo destinado a financiar as axudas para proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros por importe de 3.370.000 euros. Cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), tras este incremento do 70 % sobre o orzamento inicial os fondos totais para estes apoios en 2024 acadan os 8.170.000 euros. No conxunto da convocatoria, sumados os 3,5 millóns de euros para o ano 2025, acadaranse así 11.670.000 €.  

Segundo se explica na orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), a ampliación responde á alta demanda rexistrada para optar a estas axudas. Unha vez revisados os expedientes dos proxectos presentados, comprobouse que o importe total solicitado destas axudas superaba o crédito da convocatoria para o 2024, o que faría imposible atender a demanda da totalidade das solicitudes, polo que se decidiu ampliar os recursos.

Con estas accións procúrase a mellora constante das instalacións nos peiraos e dos equipamentos portuarios para facilitar o labor diario dos profesionais do mar e impulsar a competitividade e rendibilidade do sector. Unha estratexia que se integra no Plan de Equipamentos Pesqueiros de Galicia 2030 e na que se apoian actuacións de mellora da eficiencia enerxética, protección do medio ambiente e da seguridade e as condicións de traballo. Ademais subvenciónanse iniciativas que favorezan a conservación das descargas de peixe e marisco, a súa trazabilidade, a selección ou a etiquetaxe.

Trátase de convocatorias vivas que van sumando novos investimentos cada ano para adaptarse ás necesidades do sector. Despois de que a primeira convocatoria de 2023 incluíse como subvencionables novas actuacións en materia de protección do medio ambiente e para contribuír a reducir a pegada de carbono, a principal novidade este exercicio é que se promoverán actuacións nas dársenas e resto de instalacións portuarias e de primeira venda de peixe orientadas a preparalas para afrontar as inclemencias meteorolóxicas provocados polas consecuencias do cambio climático.

Beneficiarios e actuacións

Estas axudas benefician a confrarías de pescadores, agrupacións de interese económico do sector pesqueiro, organizacións de produtores de pesca, cooperativas, asociacións profesionais de persoas mariscadoras e de redeiras. Entre os proxectos financiados ao longo de toda a costa galega destacan as actuacións en fábricas de xeo e instalacións de frío, a mellora das lonxas e naves de traballo, a dotación de maquinaria ou a introdución de paneis solares e aparellos para mellorar a eficiencia enerxética.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23837 {"title":"Amplíanse a case 8,2 millóns de euros as axudas para a mellora das infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos pesqueiros tras unha alta demanda","published_date":"2024-04-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887193\/200512+lonxaribeira+22a.jpg","id":"23837"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-25/23837-amplianse-case-8-2-millons-euros-as-axudas-mellora-das-infraestruturas-e-equipamentos-lonxas-e-portos-pesqueiros-unha-alta-demanda https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.