Alfonso Villares agradece ao sector o apoio á Lei do Litoral galega e aposta pola cogobernanza para abordar o deseño de novas medidas nesta lexislatura

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Primeira xuntanza tras a toma de posesión do responsable autonómico que considera que a sentenza do Tribunal Constitucional abre un novo escenario para o desenvolvemento da política pesqueira na comunidade
  • O titular de Mar analiza cos presidentes das federacións de confrarías a situación actual na que se atopa o sector pesqueiro e pon en valor o diálogo fluído entre o Goberno galego e o conxunto da cadea mar-industria
  • Reclama ao Estado a posta en marcha de axudas e recorda que ata o momento a Xunta é a única administración que mobilizou recursos para compensar aos profesionais afectados polos danos causados polas fortes precipitacións nos bancos marisqueiros

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez,  mantivo un novo encontro cos presidentes das federacións das confrarías, na súa condición de organizacións máis representativas do sector. Na reunión o titular de Mar trasladou o agradecemento do Goberno galego polo seu apoio pechado á Lei do Litoral de Galicia, recentemente avalada polo Tribunal Constitucional, e trasladou a súa aposta por seguir afondando na cogobernanza do sector para abordar o deseño de novas actuacións nesta nova lexislatura.

Esta xuntanza celébrase trala recente toma de posesión do responsable autonómico que sinalou que a resolución do Alto Tribunal abre un novo escenario para o desenvolvemento de políticas pesqueiras na comunidade. Nesta liña, destacou que a norma autonómica permitira afondar no desenvolvemento das competencias propias e proporciona a necesaria seguridade xurídica ao conxunto da cadea mar-industria para o desenvolvemento da súa actividade, un elemento tamén esencial para xerar un clima propicio para que as empresas podan desenvolver novos investimentos.

O titular de Mar analizou cos máximos representantes dos pósitos a situación actual e os principais desafíos aos que se enfronta o sector pesqueiro e puxo en valor o diálogo fluído e directo entre o Goberno galego e o conxunto da cadea mar-industria. Subliñou que esa continuará sendo a liña de traballo nesta nova etapa, poñendo a administración ao servizo dos profesionais, xa que son eles os que coñecen mellor e de primeira man as cales son as necesidades da pesca galega.

Axudas estatais

Alfonso Villares volveu a reclamar a implicación do Goberno central ante a complexa situación do sector marisqueiro afectado pola alta mortaldade de bivalvos causada polas extraordinarias e intensas precipitacións do outono. Así lamentou a inacción e pasividade do Executivo estatal que segue sen aclarar o estado no que se atopa a tramitación da declaración de zona catastrófica para os bancos marisqueiros fronte á resposta da Xunta, que se puxo a disposición dos profesionais afectados, sendo a única administración que mobilizou recursos para axudar á recuperación da actividade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23845 {"title":"Alfonso Villares agradece ao sector o apoio á Lei do Litoral galega e aposta pola cogobernanza para abordar o deseño de novas medidas nesta lexislatura","published_date":"2024-04-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887193\/20240425+conselleiro+reunion+presidentes+das+federacions+de+confrarias+1.jpg","id":"23845"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-25/23845-alfonso-villares-agradece-ao-sector-apoio-lei-do-litoral-galega-e-aposta-pola-cogobernanza-abordar-deseno-novas-medidas-nesta-lexislatura https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.