Dez portos de titularidade autonómica consiguen o distintivo bandeira azul 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • ADEAC, entidade promotora dos galardóns, distinguiu nesta edición ao Real Club Náutico de Ribadeo, Club Náutico de Sada, Sadamar, Real Club Náutico de Portosín, Club Náutico Portonovo, Monte Real Club de Iates de Baiona, Real Club Náutico Rodeira de Cangas, Nauta Sanxenxo, Real Club Náutico de Sanxenxo e Porto Deportivo Pedras Negras

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024

Un total de dez portos de titularidade autonómica,  a través de Portos de Galicia, veñen de conseguir este ano o distintivo Bandeira Azul que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, e que recoñece a calidade das instalacións e servizos dos peiraos deportivos, entre outros.

En concreto, os galardóns recaeron nos operadores Real Club Náutico de Ribadeo, Club Náutico de Sada, Sadamar, Real Club Náutico de Portosín, Club Náutico Portonovo, Monte Real Club de Iates de Baiona, Real Club Náutico Rodeira de Cangas, Nauta Sanxenxo, Real Club Náutico de Sanxenxo e Porto Deportivo Pedras Negras (O Grove). A estas 10 instalacións autonómicas súmase Marina Real, dependente da Autoridade Portuaria da Coruña. Nesta edición non conta con Bandeira Azul a Marina Cabo de Cruz, de Boiro, que a viña ostentando por atoparse en obras este ano.

Portos de Galicia recoñece os esforzo realizado polos operadores náuticos para a certificación da calidade das instalacións portuarias autonómicas. Así mesmo, o ente público pon a disposición dos clubs e mariñas xestoras de portos deportivos o seu asesoramento técnico e administrativo para as candidaturas a este galardón. 

A colaboración de Portos de Galicia oriéntase a aspectos como os da prestación de servizos de calidade aos usuarios, mellora da ordenación e limpeza das instalacións portuarias, elaboración de programas de sensibilización ambiental e implantación dun sistema de xestión ambiental global para o ente público. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24181 {"title":"Dez portos de titularidade autonómica consiguen o distintivo bandeira azul 2024","published_date":"2024-05-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887435\/20240509+porto+de+Baiona.jpeg","id":"24181"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-09/24181-dez-portos-titularidade-autonomica-consiguen-distintivo-bandeira-azul-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.