Alfonso Villares destaca os peixes e mariscos galegos como elementos diferenciais e de excelencia da despensa galega

  • O titular de Mar pon en valor esta iniciativa solidaria que este ano é en beneficio da Asociación Galega Síndrome Fráxil e que reúne a de chefs de renome nacional e internacional
  • O responsable autonómico resaltou o auxe e a innovación que hai detrás das novas xeracións de cociñeiros galegos con novas reinterpretacións nas que os produtos do mar de Galicia son os protagonistas

Negreira (A Coruña), 10 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o peixe e mariscos galegos como elementos diferenciais e máis recoñecibles da excelencia da rica e variada despensa galega. Así o manifestou ante chefs de toda España que xuntos suman máis de 80 Estrelas Michelin no evento central da X edición de Estrelas no Camiño organizado por Rogelio Rial de Casa Barqueiro no concello coruñés de Negreira e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, a marca PescadeRías, de onde se non? e Galicia Calidade.

O responsable autonómico, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, puxo en valor esta iniciativa solidaria que, por segunda vez, será en beneficio da Asociación Galega de Síndrome Fráxil en apoio e traballo en favor da investigación e apoio ás familias afectas por esta doenza. Unha cita que sitúa a Galicia como referente gastronómica concentrando a un importante número profesionais referentes nacionais e internacionais onde a dieta atlántica é protagonista cos produtos galegos como a mellor materia prima.

Nesta liña, o titular de Mar remarcou o auxe e innovación que hai detrás das novas xeracións de cociñeiros galegos  con novas reinterpretacións da cociña galega na que o peixe e marisco é unha peza fundamental. Tamén resaltou a calidade e sabor dos produtos mariños galegos e as súas múltiples propiedades culinarias como un dos maiores tesouros gastronómicos e máis recoñecibles da comunidade polo que apostou por promocionalos e difundilos no exterior así como a súa riqueza nutritiva e os beneficios que hai detrás do seu consumo.

Alfonso Villares celebrou o éxito desta nova edición de Estrelas no Camiño, e reiterou aos seus promotores o seu compromiso do Goberno galego en apoiar este evento que, ademais de axudar a causas benéficas, serve de escaparate excepcional dos produtos galegos. Alimentos que cada día son máis recoñecidos e valorados nos mercados poñendo en valor o coñecemento e bo facer dos nosos profesionais, que son os auténticos artífices de que cheguen a todos os fogares.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254965 {"title":"Alfonso Villares destaca os peixes e mariscos galegos como elementos diferenciais e de excelencia da despensa galega","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"254965"} galicia C. do Mar; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254965-alfonso-villares-destaca-os-peixes-e-mariscos-galegos-como-elementos-diferenciais-e-excelencia-da-despensa-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.