Portos de Galicia outorga concesións para a xestión de lonxa ás confrarías de Moaña, Pontedeume, Ribadeo, Noia e Vilaxoán

  • As taxas que terán que abonar pola ocupación do solo portuario polos edificios das rulas contan cunha bonificación do 90 %

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de outorgar oito concesións administrativas para a explotación de edificios portuarios, das que cinco corresponden ás confrarías de Moaña, Pontedeume, Ribadeo, Noia e Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) para a xestión das lonxas dos respectivos portos.  

En todos o casos, a excepción de Noia -que prorroga a concesión vixente-, trátase de novas concesións administrativas para dar continuidade á actividade que xa se viña realizando e da que xa eran titulares as confrarías, pero cuxo prazo venceu e obrigou á súa renovación. Así mesmo, as cinco confrarías beneficiaranse dunha bonificación do 90 % do importe total das taxas que deberán abonar pola ocupación do solo portuario.

O prazo de vixencia das novas concesións será de 10 anos nos casos de Moaña, Pontedeume, Ribadeo e Vilaxoán. No caso da prórroga da concesión da lonxa de Testal á confraría de Noia, o prazo esténdese ata o 2028.

Outras entidades en Ribeira, Ribadeo e Poio

Ademais das cinco concesións ás confrarías de pescadores, o anuncio do DOG recolle outros tres trámites relacionados con concesións a diferentes entidades. Así, modifícase substancialmente a concesión á asociación cultural Lajareu por Barlovento de Ribeira para a ocupación de espazo destinado a garda e reparación de dornas, oficinas e aparcadoiro.

Tamén se prorroga por 5 anos a concesión á agrupación de interese económico Lonxa de Campelo (Poio) para a explotación da rula. Finalmente outórgase unha concesión a Astilleros Gondán en Ribadeo para taller auxiliar para a construción naval.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23683 galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23683-portos-galicia-outorga-concesions-xestion-lonxa-as-confrarias-moana-pontedeume-ribadeo-noia-e-vilaxoan https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.