Alfonso Villares enxalza a calidade e sabor do ourizo da Mariña na XXXI festa gastronómica dedicada a este marisco en San Ciprián

Cervo (Lugo), 16 de marzo de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a excelente calidade e sabor do ourizo galego e a importancia da celebración deste tipo de citas gastronómicas na difusión das propiedades culinarias destes equinodermos, dos que se comercializaron máis de 43 toneladas o ano pasado xerando unha facturación de máis de 500.000 euros nas lonxas lucenses, así como a promoción do consumo entre a cidadanía. O titular de Mar fixo estas manifestacións na XXXI Festa do Ourizo de San Ciprián organizada polo Concello de Cervo e os establecementos de hostalaría do municipio declarada de Interese Turístico Galego onde puxo de exemplo este evento, xunto a Festa do Mexillón que tamén acolle este mesmo concello, como fórmulas axeitadas para poñer en valor a calidade e beneficios para a saúde que hai detrás do peixe e marisco galegos.

O responsable autonómico felicitou aos promotores pola organización deste evento no que os visitantes poderán degustar as mellores elaboracións nas que este produto é o protagonista absoluto así como de unha showcooking ademais de actuacións musicais e un concurso gastronómico. Un amplo programa gastronómico e festivo co ourizo como eixo central, unha especie na que se traballa por parte da Consellería do Mar con accións de investigación como a 'Mellora da produción de xuvenís de ourizo de mar en catividade' por parte do CIMA de Ribadeo que ten por obxectivo optimizar o período de preengorda de xuvenís con diferentes sistemas para acurtar o tempo preciso para o seu traslado ao medio natural.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23062 {"title":"Alfonso Villares enxalza a calidade e sabor do ourizo da Mariña na XXXI festa gastronómica dedicada a este marisco en San Ciprián","published_date":"2024-03-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23062"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-16/23062-alfonso-villares-enxalza-calidade-e-sabor-do-ourizo-da-marina-na-xxxi-festa-gastronomica-dedicada-marisco-san-ciprian https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.