A Xunta critica que se cargue nos axustes constantes á actividade da flota a mellora do estado dos caladoiros comunitarios

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O responsable autonómico sinala que que se ben hai indicios de sustentabilidade ambiental e económicos, grazas a caída do coste do gasóleo, estes non teñen traslado en termos sociais 
  • Destacou que son os caladoiros onde opera a frota galega onde se percibe unha mellora da situación dos recursos pesqueiros así como a importancia de afondar no análise dos factores externos que inflúen no estado das pesqueiras  
  • Tamén indicou a necesidade de revisar a implantación de TAC plurianuais seguindo pautas de equilibrio e non a baixa así como que estas sexan debatidas coas CC.AA. co obxectivo de aportar datos que permitan alzas e novos axustes 

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe no Consello Consultivo de Política Agraria e Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios no que se tratou a comunicación da Comisión Europea relativa a Pesca Sostible na Unión Europea: situación actual e orientacións para o 2025. Alí o titular de Mar cuestionou que o Executivo comunitario sitúe a mellora da situación dos caladoiros e da flota como resultado das súas políticas e defendeu que, en realidade, esta débese aos constantes axustes á actividade pesqueira.

No encontro defendeu a necesidade de abordar unha reforma da Política Pesqueira Común (PPC) fronte a avaliación proposta polo executivo comunitario que cualificou de "insuficiente". Tamén criticou o análise "triunfalista" realizado no documento relativo á transición enerxética, dando a entender que os novos combustibles permiten aforros no consumo cando polo de agora non é así. Recordou que os prezos seguen sendo elevados e condicionan de xeito importante a actividade da flota. 

Por outra banda o responsable autonómico puxo en valor que se ben hai indicios de sustentabilidade ambiental e económicos, grazas á caída do coste do gasóleo, estes non teñen traslado efectivo en termos sociais. É máis, no documento presentado, a diferencia doutros anos, non recolle ningunha referencia ao número de persoas empregadas. Neste ámbito amosou a preocupación do Goberno galego da vontade da Comisión de afondar no paquete de medidas sobre a pesca e océanos, que ata o momento son voluntarias e deixa a porta aberta e que podan ser obrigatorias.

Alfonso Villares destacou que son os caladoiros onde opera a frota galega onde se percibe unha mellora da situación dos recursos pesqueiros, a diferencia doutros como os de o Mediterráneo e o Báltico que non teñen un bo comportamento en termos de sustentabilidade. Nesta liña puxo o foco no recoñecemento da existencia de factores externos que inflúen  no estado dos caladoiros e instou a afondar no seu análise para que non sexa a actividade pesqueira que asuma en solitario as medidas de mellora dos recursos mariños.

TAC plurianuais

O conselleiro do Mar sinalou a necesidade de revisar a implantación de TAC plurianuais seguindo pautas de equilibrio e non á baixa e valorou positivamente o chamamento da Comisión aos Estados membros para que as mesmas sexan debatidas internamente coas CC.AA.  para que se aporten datos e argumentos que leven a alzas e non a novos axustes. Ademais, indicou que se ben as TAC dispostas para o 2024 foron nunha liña conservacionista, agarda que no 2025, en aplicación da sentenza C-330/22, estas sexan fixadas dun xeito máis equilibrado.

O responsable autonómico valorou positivamente a referencia ao aproveitamento dos límites de capacidade (en arqueo e potencia) de cada país e que no caso de España que ser aproveitado para melloras na habitabilidade e seguridade, polo que reclamou axilidade e transparencia nese proceso. O documento tamén fai unha especial petición ao Ministerio da necesidade de dotar de flexibilidade aos mecanismo de aproveitamento de potencia e arqueo procedente de buques despezados. Nesta liña, manifestou a importancia de aproveitar mellor esa posibilidade e ter activa unha liña que permita saír da actividade a buques non rendibles sen que necesariamente se comprometa custe para os fondos públicos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272394 {"title":"A Xunta critica que se cargue nos axustes constantes á actividade da flota a mellora do estado dos caladoiros comunitarios","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/20240617+conselleiro+asiste+Consello+Consultivo+de+Pol%C3%ADtica+Agraria+e+Pol%C3%ADtica+Pesqueira+1.jpg","id":"272394"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272394-xunta-critica-se-cargue-nos-axustes-constantes-actividade-da-flota-mellora-do-estado-dos-caladoiros-comunitarios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.