Alfonso Villares pon en valor a pesca artesanal como modelo de sustentabilidade e destaca a pescada de volanta como sinónimo de calidade, frescura e sabor

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro resalta a traxectoria desta empresa, fundada no 2005, referente nacional na distribución desta especie da que se comercializaron na rula cedeirense 670 toneladas o ano pasado 
  • Juan García Pesca participou xunto con armadores 'volanteiros' locais na creación da etiqueta DoNorte co obxectivo de que este produto, moi valorado nos mercados, sexa facilmente recoñecido polos consumidores 
  • O responsable autonómico sinalou a importancia do conxunto da cadea mar-industria nos concellos costeiros como motores de actividade económica e xeración de emprego de calidade

Cedeira (A Coruña), 03 de abril de 2024

O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, visitou esta mañá as instalacións de Juan García Pesca no municipio coruñés de Cedeira onde puxo en valor a pesca artesanal como modelo de actividade pesqueira sustentable. O responsable autonómico enxalzou a importancia de apostar polo produto de proximidade e destacou a calidade, frescura e sabor da pescada de volanta, especie da que se comercializaron na rula deste concello 670 toneladas o ano pasado o que supuxo unha facturación de máis de 2,5 millóns de euros.

Alfonso Villares resaltou a traxectoria de Juan García Pesca, fundada no ano 2005, que grazas ao seu bo facer e apostando sempre pola calidade e coidado da materia prima é hoxe un referente nacional na súa comercialización, procesando 80 toneladas semanais. Na súa aposta por revalorizar este produto impulsou no 2020, xunto con armadores 'volanteiros' locais, a creación da marca DoNorte coa que identificar a súa pescada de costa co obxectivo de que este produto, moi valorado polas súas calidades nutricionais e culinarias nos mercados, sexa facilmente recoñecible por parte do consumidor.

O titular de mar sinalou o importante papel que xogan as empresas de elaborados e comercialización dos produtos pesqueiros galegos dentro da cadea mar-industria, unha actividade esencial para a economía galega e de xeito moi especial para os concellos costeiros, contribuíndo ao dinamismo económico e a xeración de emprego de calidade. Nesta liña reiterou o compromiso do Goberno galego de continuar apoiando ao conxunto do sector pesqueiro para que manteña a súa posición de referente internacional de calidade, profesionalidade e sustentabilidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23377 {"title":"Alfonso Villares pon en valor a pesca artesanal como modelo de sustentabilidade e destaca a pescada de volanta como sinónimo de calidade, frescura e sabor","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773486\/20240403+conselleiro+visita+Juan+Garcia+Pesca+Cedeira+10.JPG","id":"23377"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23377-alfonso-villares-pon-valor-pesca-artesanal-como-modelo-sustentabilidade-e-destaca-pescada-volanta-como-sinonimo-calidade-frescura-e-sabor https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.