Todas las noticias de vicepresidencia primeira e consellería de presidencia, xustiza e deportes en Galicia en los últimos 30 días
Más de 100 Resultados. Desde Jueves 7 Diciembre 2023 hasta Viernes 6 Diciembre 2024
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Lunes 29 Abril 2024
Orde do 23 de abril de 2024 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2024-2026 (códigos de procedemento PE403A, PE403C, PE403D e PE403E)
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Departamento: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior Inicio da tramitación: 22/03/2024 Data da publicación no DOG: 29/04/2024 Obxecto: prorrogar durante os meses de abril, maio e xuño do ano 2024, o período autorizado para a extracción da ostra rizada (Magallana gigas) en zo...
Lunes 15 Abril 2024
A Xunta financia o proxecto de embelecemento da Alameda de Moaña cunha achega de 45.000 euros
- A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este luns a zona na que a vella fonte cibernética converterase nunha nova instalación destinada á cidadanía
Viernes 12 Abril 2024
A Xunta axuda con 50.000 euros a varias protectoras de animais do Salnés
- O delegado territorial visitou o refuxio da Asociación Protectora de Animais de Cambados, que recibiu unha achega de máis de 23.000 euros
- O total investido nestas axudas na provincia de Pontevedra é de preto de 110.000 euros
- Agustín Reguera agradeceu o traballo desinteresado dos voluntarios que día a día destinan o seu tempo libre ao coidado dos animais
Diego Calvo destaca que as feiras ExpoMunicipal e Enerxética converten estes días a Galicia en referente en servizos no ámbito local e no sector da enerxía
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións visitou esta mañá os expositores de ambos eventos, que suman 520 firmas de 24 países e un ampla programación paralela de actividades e demostracións
A Xunta aposta por espazos como as salas Gesell para garantir a privacidade de menores e persoas vulnerables nas probas relacionadas con casos como os de dereito de familia
- O director xeral de Xustiza participou na inauguración das 'VIII Xornadas de dereito de familia', organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega
Jueves 11 Abril 2024
A Xunta impulsa o encontro arredor do sector da enerxía e do eido local co apoio ás feiras Enerxétika e ExpoMunicipal que comezan hoxe en Silleda
- A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participaron na inauguración dos eventos
- A dobre cita desenvolverase na Feira Internacional de Galicia ABANCA ata o sábado, con 520 firmas de 24 países e un amplo programa de actividades
A Comisión de Heráldica aproba novos símbolos para os concellos do Carballiño e Cortegada
- A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu a reunión na que se lles deu o visto bo aos escudos e ás bandeiras de cada unha destas localidades
- O Goberno autonómico leva aprobados 279 escudos e bandeiras das entidades locais de Galicia atendendo ás peticións dos concellos para adaptar os símbolos ao decreto que os regula
A Xunta destina 472.000 euros a 14 novos proxectos turísticos para o litoral de oito concellos da Mariña
- Vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do 2023 para embelecemento dos recursos e introdución de medidas sustentables, dixitais, accesibles ou inclusivas
- Súmanse ás 10 propostas financiadas na primeira fase cun orzamento de 286.000 euros
A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Castrelo de Miño
- O lume afectou 0,33 hectáreas e produciuse polo escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade precisas
Miércoles 10 Abril 2024
Ana Ortiz felicita ao equipo de estudantes do IES Carlos Casares de Vigo que logrou o segundo posto na feira científica Exporecerca Jove de Barcelona
- A delegada territorial visitou as instalacións do instituto vigués no que se levou a cabo un investimento de 100.000 euros para a mellora da iluminación
Galicia amosa o seu compromiso cunha política da UE máis transparente e próxima á cidadanía
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo asistiu na comisión Civex do Comité Europeo das Rexións a un debate relativo á promoción da participación dos entes locais e rexionais no proceso lexislativo da UE
- O Goberno galego amosou o seu apoio a un ditame que reivindica o papel das rexións e cidades nos labores de vixilancia, control e prevención do tráfico de drogas e a delincuencia organizada
A Xunta destaca a necesidade da coordinación en materia de emerxencias e a aposta pola innovación
- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura das 'Xornadas sobre Emerxencias Hidrometeorolóxicas e os Riscos derivados do Cambio Climático dentro do Proxecto europeo Covalex'
- Sinalou a importancia de anticiparse e previr as incidencias relacionadas co cambio climático cos mellores medios humanos, materiais e tecnolóxicos
A Xunta financia con preto de 144.000 euros catro proxectos de embelecemento turístico do litoral nos concellos de Ares e Valdoviño
- Entre as actuacións subvencionadas inclúense melloras paisaxísticas en diferentes contornas, a creación de contidos e recursos turísticos dixitais e a mellora da accesibilidade de espazos singulares
- Turismo de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria desta liña de axudas incluída no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral deseñado polo Goberno galego con fondos Next Generation
O primeiro exame para a cobertura de 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos será o 27 deste mes
- Así o acordou hoxe o tribunal encargado de avaliar o proceso selectivo na súa sesión constituínte
- Participarán máis de 600 persoas, segundo a listaxe provisional publicada na web da Academia Galega de Seguridade Pública
- A Xunta acurtará os prazos mediante a declaración da urxencia do proceso, co fin de facilitarlles aos concellos a contratación para a tempada de verán
Diego Calvo acompaña os participantes no Selectivo Nacional de Piragüismo Sprint no que deportistas galegos se clasificaron para as Olimpíadas de París
Pontevedra, 10 de abril de 2024 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañou hoxe no complexo David Cal Figueroa do encoro de Pontillón de Castro, en Verducido, os participantes no Selectivo Nacional de Piragüismo Sprint clasificatorio para os Xogos Olímpicos París 2024 deste verán. Tamén asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o delegado terr...
Martes 9 Abril 2024
A Xunta convoca a II Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade
- Desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública de maneira presencial o 25 de abril, segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia
Lunes 8 Abril 2024
A Xunta lembra no Senado os compromisos do Goberno central pendentes con Galicia
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, participou na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas no Senado, na que se debateu un informe sobre o contido autonómico da Lei Orgánica da amnistía
A Xunta colabora na mellora do local social da asociación de veciños viguesa Monte da Mina de Castrelos cunha achega de 12.000 €
- A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para comprobar as obras de reparación na cuberta do salón de actos
- O apoio enmárcase no Plan específico de acción comunitaria, dotado cun orzamento de tres millóns de euros
O 061 de Galicia asistiu 57 persoas por 51 accidentes de tráfico durante a fin de semana
- Desde as 15,00 horas do venres, 5 de abril ata as 23,59 horas do domingo, 7 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico
Sábado 6 Abril 2024
A Academia Galega de Seguridade Pública impartiu máis de 400 cursos en 2023 coa participación de máis de 12.600 efectivos dos corpos e forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias da comunidade
- Do total, 235 accións formativas centráronse na área de seguridade pública e 175 na de emerxencias, con máis de 7.000 e 5.600 participantes respectivamente
- O Goberno galego comproba a efectividade dos plans de emerxencias de Protección Civil cunha ducia de simulacros cos que facerlle fronte a unha hipotética situación de emerxencia e comprobar a eficacia das medidas deseñadas
Viernes 5 Abril 2024
Comezan as Xornadas de Cultura Clásica na Delegación da Xunta en Lugo, con máis de 130 inscritos
Lugo, 5 de abril de 2024 Esta tarde dan comezo na Delegación Territorial da Xunta en Lugo as XVIII Xornadas de Cultura Clásica, que se desenvolverán durante toda a fin de semana. Suman máis de 130 inscritos e contarán coa participación de expertos e divulgadores nacionais e internacionais. Están organizadas pola Asociación Cultura Clásica, co apoio do Goberno galego, e céntranse no patrimonio, a lingua e as civilizacións grega e roman...
A delegación da Xunta acolle a reunión preparatoria para o simulacro de emerxencia no edificio administrativo
- A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, presidiu a xuntanza celebrada coas forzas e corpos de seguridade para coordinar o Plan de Autoprotección
A Xunta destina máis de 27.000 euros ao cofinanciamento dos comedores escolares no Baixo Miño
- A partida de axudas distribúe preto de 270.000 euros para este fin na área territorial de Pontevedra
- O delegado territorial visita o CEIP Número 2 de Tui, onde se reuniu coas representantes da ANPA As Olivas
- Dende o ano 2009, a Xunta investiu dous millóns de euros na mellora dos centros escolares de Tui
Agustín Reguera reúnese co presidente da Federación Galega de Ciclismo para estudar novas formas de colaboración
Agustín Reguera reúnese co presidente da Federación Galega de Ciclismo para estudar novas formas de colaboración ...
A Xunta publica a convocatoria extraordinaria para o recoñecemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia
- O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o novo acordo entre o Goberno galego e as forzas sindicais representadas na mesa sectorial para ampliar o acceso ao réxime extraordinario
- A estimación é que uns 400 traballadores poidan acollerse a esta nova convocatoria e mellorar os complementos retributivos
- O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días hábiles contados a partir deste luns, día 8
A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña
- O fenómeno adverso estará activo a partir desta tarde con ventos que poden acadar forza 8 e ondas de ata 5 metros na costa oeste e noroeste da provincia
- Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
Jueves 4 Abril 2024
Diego Calvo participa nos actos de celebración do V aniversario do diario dixital Quincemil
A Coruña, 4 de abril de 2024 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, participou esta tarde no acto de clausura da celebración do quinto aniversario do diario dixital coruñés Quincemil. ...
Preto de 300 nenos e nenas participan en Tomiño nunha xornada de introdución á loita do Programa Xogade
- O delegado territorial destacou a importancia de fomentar actividade física durante a infancia
A delegación territorial da Xunta en Lugo acollerá esta fin de semana unhas xornadas sobre a cultura grecorromana
- Organizadas pola Asociación Cultura Clásica co apoio do Goberno galego, contarán con estudosos da materia de España e outros países europeos
Ana Ortiz salienta o labor da Xunta en favor do comercio local durante a entrega dos premios de Aetravi polo Día do pai
- A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, fixo un percorrido polos establecementos do barrio das Travesas que participaron na campaña de Aetravi
A Xunta difunde o labor da Policía local na feira das profesións celebrada en Brión
- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou o evento con motivo da participación do alumnado da 16ª promoción deste corpo policial, que se está a formar na Academia Galega de Seguridade Pública
Miércoles 3 Abril 2024
A Xunta anuncia a posta en marcha da Liga Galega de Hip-Hop na presentación do 'Move It Vigo' que reunirá no IFEVI a 1.200 bailaríns
- Aposta pola compatibilidade de usos dos recintos feirais como vén facendo a Xunta no recinto feiral de Expourense coa mellor pista de atletismo cuberta de España; no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo cun dos mellores rocódromos de todo o país; ou no propio IFEVI coa instalación do módulo de atletismo cuberto
Lete Lasa destaca o Campionato de España de Karate e Para-Karate de Pontevedra como a antesala da Youth League que volverá a Galicia en maio
- Remarca a aposta que fai Galicia pola tecnificación xa que tras os cinco anos que o karate estivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (2008-2023) coincidindo co seu ciclo olímpico, agora conta cun Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado
Ana Ortiz anima ao alumnado do obradoiro dual Vigo Capacita IX, no que a Xunta inviste 531.000 euros, a "aproveitar a oportunidade dunha formación especializada"
- A delegada territorial da Xunta visitou aos participantes desta iniciativa laboral na que un total de 20 vigueses recibien formación nas especialidades de cociña e servizo de restauración
- Destacou o compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego e un tipo de cualificación orientada a cubrir as demandas reais das empresas da contorna
Galicia acolle a terceira edición das Xornadas de responsables de comunicación en centros 112 de España
- As novas ferramentas tecnolóxicas e a súa progresiva aplicación abren a porta a revolucionar as dinámicas de comunicación en emerxencias
A Xunta apoia a mellora da captación de auga da comunidade de usuarios de Guimarei
- A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, comprobou o resultado das accións executadas ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria
- O Goberno galego investiu máis de 5.200 euros na construción dunha nova arqueta, un novo depósito de acumulación e un novo entubado de conexión co obxectivo de evitar perdas de auga e a contaminación por restos de vexetación
Martes 2 Abril 2024
Lete Lasa destaca o deporte como o principal motor da saúde e a felicidade dos nenos na presentación do torneo internacional de fútbol base Congalsa
- Destaca o carácter benéfico do torneo que, grazas ao traballo de Julio Mariño, doará o importe recadado á Fundación Aladina que dende 2005 traballa co obxectivo de axudar aos nenos e adolescentes con cancro e as súas familias
A Confraría de Pescadores de Bueu mellora os seus servizos grazas a unha axuda de máis de 130.000 euros
- O delegado territorial destacou a labor dos traballadores da confraría que non paran de atopar novas formas de modernizarse e facilitar o día a día dos mariñeiros
- Reguera lembrou a importancia do sector mariñeiro en Galicia e asegurou que se trata dunha actividade de referencia pola súa calidade, relevancia e importancia histórica
A Xunta aborda vías de colaboración co Concello de Ordes para a mellora de infraestruturas municipais
- O vicepresidente primeiro en funcións, Diego Calvo, reuniuse co alcalde José Luís Martínez e coa presidenta da mancomunidade, Susana García, para coñecer diversos proxectos prioritarios
O DOG publica hoxe a convocatoria de novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas autonómicas de interinos de habilitados nacionais
- O prazo para a presentación das novas solicitudes ás bolsas de secretaría-intervención, secretaría de entrada e intervención-tesouraría de entrada e das actualizacións ábrese mañá e prolóngase 15 días hábiles
A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por vento na Coruña
- No noroeste, oeste e suroeste da provincia haberá rachas máximas de 100 km/h con ventos de dirección sur e suroeste
- Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
Lunes 1 Abril 2024
O concello de Oia renova a sinalización da Ruta Máxica de Mougás a Santa Marta grazas ao apoio da Xunta
- O delegado territorial visitou a nova sinalización que foi instalada grazas a unha axuda de Turismo de Galicia de 27.000 euros
- Reguera destacou o compromiso do concello de Oia coa promoción turística e coa creación de espazos de lecer para a veciñanza
A Xunta destina máis de 350.200€ anuais aos custos de persoal e á dotación de equipamento do novo xulgado de primeira instancia da Coruña
- O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou esta mañá o novo órgano xudicial que comeza a funcionar esta semana e será atendido por 8 traballadores da Administración de Xustiza
A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña
- O fenómeno adverso estará activo a partir da madrugada con ventos que poden acadar forza 8 e ondas de ata 5 metros na costa noroeste da provincia
- Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
Sábado 30 Marzo 2024
A Xunta destaca o valor inclusivo do Camiño de Santiago e a importancia de dar visibilidade ao deporte adaptado
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, recibiu os participantes da cuarta edición de 'Enki no Camiño', que o Goberno galego apoia para que as persoas con discapacidade poidan peregrinar a Santiago de Compostela en bicicleta con material adaptado
Jueves 28 Marzo 2024
Diego Calvo asiste á entrega de Medallas de Ouro da Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, participou esta tarde no Casino Ferrolano no acto institucional de entrega de Medallas de Ouro da Confraría do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima das Dores. ...
O vicepresidente primeiro en funcións asiste á final da Copa Galicia feminina de fútbol sala
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistiu á final da Copa Galicia feminina de fútbol sala que acadou o Poio Pescamar FS fronte ao Ence Marín Futsal nun encontro desputado no polideportivo Príncipe Felipe de Pontevedra. ...
A Xunta de Galicia impulsa 4 millóns de fondos europeos para os plans de sustentabilidade turística destinados á vila de Bouzas e á enogastronomía en Vigo
- Dous millóns de euros para a posta en valor do casco histórico boucense, e outros dous para promover un plan gastronómico, no marco dos plans territoriais deseñados pola Xunta de Galicia de Vilas Termais e Cascos Históricos e de Enogastronomía
- A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, salienta a importancia dos acordos autorizados polo Consello da Xunta para a cidade
- "O Goberno autonómico velou para que os proxectos cumprisen os requisitos europeos e fosen ben planificados e xustificados no marco da convocatoria", indica Ortiz
- O programa para Bouzas inclúe espazos verdes, plan piloto de residuos, sistema intelixente de iluminación, promoción dixital e recreacións virtuais
Miércoles 27 Marzo 2024
A Xunta apoia o Máster Nacional de Futbolín de Rábade na súa 25ª edición, que se celebra desde mañá ata o sábado
Rábade (Lugo), 27 de marzo de 2024. A Xunta de Galicia colabora co Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que este ano cumpre 25 anos. A asociación Bola Meiga organiza o torneo, que se celebra mañá - xoves 28 de marzo -, o venres 29 e o sábado 30. O xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Gerardo Criado, participou hoxe na presentación do campionato. Felicitou á organización polo...
Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
- A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as funcións que deben cumprir os controladores de acceso
- Neste 2024 celébranse tamén 11 edicións desta formación, unha cada mes agás en agosto, sempre que se reúnan os 20 inscritos requiridos
Martes 26 Marzo 2024
Reguera reúnese co alcalde de Cuntis para tratar distintos temas de interese para o seu concello
Pontevedra, 26 de marzo de 2024 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, recibiu hoxe ao alcalde de Cuntis, nunha reunión na que trataron distintos temas de interese para o seu concello. ...
Reguera e o alcalde de Mondariz-Balneario destacan a importancia da colaboración entre instituciones
Pontevedra, 26 de marzo de 2024 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde de Mondariz-Balneario mantiveron unha reunión na delegación na que destacaron a importancia da colaboración entre institucións. ...
A Xunta e o Consello da Avogacía Galega avanzan na mellora da prestación da asistencia xurídica gratuíta
- Acordaron a actualización e inclusión de novos conceptos no baremo de compensacións aos profesionais que realizan o servizo, así como a axilización no pago da representación e defensa das persoas insolventes
- As medidas enmárcanse no compromiso común de alcanzar solucións que beneficien aos profesionais ao tempo que garanten o acceso de toda a cidadanía á xustiza
Lunes 25 Marzo 2024
O deporte galego de alto nivel segue batendo récords e chega xa aos 1.173 deportistas recoñecidos
- As dez federacións deportivas con máis deportistas recoñecidos son piragüismo (172), fútbol (82), salvamento e socorrismo (80), taekwondo (80), atletismo (82), patinaxe (55), vela (55), remo (53), halterofilia (33) e tríatlon e péntatlon moderno (32)
A Policía Autonómica levanta 6 actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado nas festas da Carballeira de Lugo
- No operativo identificouse a 45 persoas por consumo de alcohol na vía pública
A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e de Pontevedra
- O fenómeno adverso estará activo a partir do mediodía de mañá con ventos que poden acadar forza 8 e ondas de ata 7 metros na costa da Coruña e Pontevedra e estenderase a partir da madrugada a todo o litoral galego
- Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
Viernes 22 Marzo 2024
A Xunta axuda con 90.000 euros á asociación Iris Social de Marín
- O delegado territorial destacou a importancia de colaborar coas asociacións galegas e agradeceu o traballo dos traballadores e traballadoras de Iris Social
- Estas axudas, que buscan financiar iniciativas de formación, adaptación, inclusión e coidado das persoas máis vulnerables, benefician a 11 entidades da área territorial de Pontevedra e suman máis de 1 millón de euros
A Xunta defende as reivindicacións do sector agrícola galego ante o comisario europeo e a necesidade de adaptar a PAC ás particularidades do noso territorio
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bruxelas nunha reunión do Comité Europeo das Rexións na que se debateu co comisario de Agricultura da Unión Europea, Janusz Wojciechowski, sobre a Política Agrícola Común
A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade á biblioteca de Poio cunha achega de 40.000€
- A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións para coñecer o resultado das accións executadas no marco da Orde de infraestruturas de uso público
- Instalouse un ascensor con acceso directo ao exterior do edificio e modificáronse os aseos do primeiro andar
Jueves 21 Marzo 2024
A Xunta avoga pola transformación dixital a prol dunha xustiza máis próxima e accesible
- O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou nas 'Xornadas sobre as reformas procesuais do Real decreto lei 6/2023: xuízos telemáticos, expediente xudicial electrónico e outras novidades de interese' organizadas polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago
Lete destaca a puxanza galega do hóckey patíns con novos éxitos como os das rapazas do Raxoi que veñen de proclamarse subcampioas da Copa Princesa
- Enxalza ao equipo feminino que ademais está a facer unha excelente tempada na segunda máxima categoría do hóckey patíns feminino ocupando a segunda posición que suporía o seu ascenso á OK Liga Feminina
A Xunta celebra o Día da Árbore co alumnado do CEIP o Foxo da Estrada coa plantación de 50 árbores autóctonas
- O delegado territorial destacou a importancia de colaborar para seguir levando a cabo accións de concienciación que garantan o futuro do noso medio natural
- O alumnado asistiu á liberación dunha ave "miñato" que rematou a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna
A Xunta sinala o papel clave da Intelixencia artificial no eido legal e a necesidade de abordar os desafíos que representa
- O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración das 'XXIX Xornadas da Sociedade Española de Filosofía Xurídica e Política', centradas nos retos da filosofía do dereito ante a intelixencia artificial
A mesa para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre celebrarase o próximo martes con ofertas para todos os lotes
- Inicia o proceso de licitación da contratación das áreas da Coruña, Baixo Miño, Pontevedra, Salnés e Vigo por un valor estimado de 48.977.831,21€ para o período comprendido entre o 1 de xuño de 2024 e o 31 de maio de 2026
- A contratación dos outros oito lotes, licitados no mes de decembro, atópase xa na fase de adxudicación coa previsión de iniciar a prestación do servizo a partir do mes de maio
O Consorcio Casco Vello de Vigo sacará a concurso seis novas vivendas de protección autonómica
- A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos de reforma do edificio de Elduayen 31-Ferrería 10
Miércoles 20 Marzo 2024
A Oficina de Turismo da Xunta en Vigo supera os datos anteriores á pandemia e recibe máis de 57.000 consultas en 2023
- A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este mércores o punto de información turística do Goberno galego na rúa Cánovas del Castillo
- As consultas presenciais, por teléfono e por email por parte de estranxeiros aumentaron desde as 13.705 de 2019 ata as 19.028 do pasado ano
- "Estamos moi satisfeitos cos resultados da oficina, cun importante aumento respecto a temporadas anteriores", sinalou
- Avanzou que a convocatoria de becas de Turismo de Galicia permitirá incorporar a dúas persoas para a temporada estival
Reguera visita unha peme en Tui que se beneficiou dos 2,5 millóns de euros que a Xunta investiu na provincia como parte dun programa autonómico de apoio ao emprendemento
- Necus Composites recibiu unha achega de máis de 36.000 euros que lles permitiu adquirir un novo molde para a fabricación das súas pezas
- Reguera destacou o compromiso da Xunta co sector empresarial e animou aos empresarios a seguir traballando duro da man das administracións para alcanzar as súas metas
A Xunta reforza o equipamento dos GES de Lobios cun furgón de servizos varios e do de Maceda cun camión autobomba
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, participou na entrega do material
- O equipamento forma parte da dotación coa que o Goberno galego apoia estes grupos na comunidade, no marco dos máis de 27M€ investidos en material de servizos de emerxencias municipais, tanto GES como Protección Civil
A delegada da Xunta apoia o proxecto da asociación viguesa Woman Defensa Solidaria
Vigo, 20 de marzo de 2024 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo co responsable da Asociación Woman Defensa Solidaria, que leva a cabo un programa de autoprotección feminino que axuda ás mulleres para defenderse ante calquera tipo de agresión. A representante autonómica amosou o seu apoio ao proxecto vigués que naceu hai máis de 10 anos pola necesidade que xorde de p...
Ana Ortiz pide ao Concello de Vigo que reclame os informes de Aviación Civil e Telecomuniacións ao Goberno central para avanzar na tramitación do PXOM
- A delegada territorial da Xunta solicita ao Goberno municipal que esixa as autorizacións que aínda están pendentes
- "A día de hoxe non temos os informes necesarios do Goberno para que a Xunta de Galicia tramite o documento urbanístico", sinalou
- Lembra tamén que Patrimonio agarda resposta ao seu requirimento pese a que o Concello asegurou que resolvería os erros en "cinco minutos"
Martes 19 Marzo 2024
Lete enxalza a tecnificación deportiva galega que vén de levar a dúas rapazas do NADE de surf ao mundial de El Salvador
- Cristina del Llano, pertencente a "La vieja escuela by After surf" da Coruña, acudirá ao Mundial como titular e Daniela Alonso do club Dacss de Nigrán (Pontevedra), farao como suplente
O director xeral de Emerxencias e Interior recibe a directora xeral de Protección Civil do Ministerio do Interior
- O encontro entre Santiago Villanueva e Virginia Barcones permitiu abordar a posible colaboración entre ambas as institucións en materia de emerxencias
A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia colaboran a prol da accesibilidade nos actos institucionais
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, e o presidente da FAXPG, Iker Sertucha, asinaron hoxe o acordo para dotar de medios de interpretación os eventos que se realicen ao longo deste ano
En marcha a reforma integral do centro de saúde de Crecente cun investimento da Xunta de preto de 100.000 euros
- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra e o xerente da área sanitaria de Vigo visitaron os traballos
- A obra contempla actuacións nas fachadas, na cuberta e no interior do centro, así como melloras nas instalacións eléctricas e de climatización
Galicia e outras rexións e cidades europeas reivindican o seu papel no futuro da UE durante o Cume de Mons
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, estivo entre os representantes electos reunidos
- Trátase do maior evento organizado polo Comité Europeo das Rexións, que cumpre tres décadas coincidindo coa xuntanza
Lunes 18 Marzo 2024
Ana Ortiz compromete o apoio da Xunta ao Trofeo de Baile Internacional Vigo Xacobeo
- O concurso alcanza a súa cuarta edición dentro do evento Vigo Porté, que se celebrará do 26 ao 29 de abril
- "É un pracer poder colaborar un ano máis cunha cita de enorme dimensión nacional e internacional", sinalou a delegada territorial
- Xa están inscritos ata o momento máis de 1.000 bailaríns dun total de 38 escolas de danza
A Xunta convoca a través da Agasp un novo proceso selectivo para cubrir 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos galegos
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da oposición por quenda libre para a contratación das persoas que superen as probas en réxime laboral temporal ou formar parte da listaxe de reserva
- No período 2018-2023 a Academia Galega de Seguridade Pública convocou procesos selectivos unitarios con máis de 1.400 prazas de Policía Local, auxiliares de Policía Local, vixiantes municipais, oficiais e inspectores
- Un total de 92 concellos teñen delegada na Xunta a competencia para seleccionar e formar os membros dos seu corpos de Policía local
Sábado 16 Marzo 2024
A Xunta pon en valor o traballo altruísta da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Mos no seu 30 aniversario
- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto conmemorativo, no que se fixo balance da traxectoria deste servizo e un recoñecemento ás persoas voluntarias que o integran
- O Goberno galego mantén o seu compromiso no funcionamento e na dotación de equipamento dos servizos de emerxencias da comunidade para contribuír a unha Galicia máis segura
Viernes 15 Marzo 2024
A Xunta destaca as figuras dos profesionais da avogacía e da procuradoría como pezas esenciais da xustiza
- O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou no acto de despedida da 11ª promoción do Máster Universitario en Avogacía
A Xunta participa nun simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro
- O obxectivo do exercicio foi analizar a coordinación dos distintos colectivos e a capacidade de resposta a unha emerxencia aeronáutica
Ana Ortiz salienta as medidas de divulgación e formación da Xunta na defensa dos consumidores
- A delegada da Xunta visitou o punto informativo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) no Mercado de Teis con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras
'Xogade coas motos' seguirá levando a primeira experiencia de motociclismo aos nenos e nenas galegos grazas ao apoio da Xunta
- A segunda edición do programa levado a cabo pola Secretaría Xeral para o Deporte da man de VF Timing e da Federación Galega de Motociclismo, comeza mañá en Monterroso (Lugo) para viaxar despois a San Cibrao das Viñas (Ourense), A Laracha (A Coruña), As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
- Na súa primeira edición, en 2023, chegou a 110 rapaces e rapazas dos que unha decena xa adestran con frecuencia
Jueves 14 Marzo 2024
Santiago Villanueva asiste á entrega de becas do colexio maior La Estila
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024 O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu esta tarde ao acto académico de entrega de becas e insignias colexiais e becas de honra do Colexio Maior Club Universitario La Estila, que incluíu unha conferencia do filósofo, pedagogo e ensaista Gregorio Luri Medrano. ...
Cerdedo-Cotobade e a Xunta de Galicia colaboran na oficialización dos baños de San Xusto como augas mineromedicinais e termais
Pontevedra, 14 de marzo de 2024 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, recibiu ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, que se achegou ao edificio administrativo da Xunta en Pontevedra para manter unha reunión de traballo. O delegado, acompañado polas xefas territoriais de Sanidade e Industria, mostrouse decidido a colaborar con Cubela para seguir avanzando no proxecto dos baños de San Xusto. Un espazo que conta...
A Xunta apoia con máis de 500.000 euros a autónomos e pemes do Salnés
- O delegado territorial visitou Move Cartón, en Cambados, que recibirá unha achega de 80.000 euros para a compra de maquinaria e a contratación dun traballador
- Estas axudas deixan na provincia de Pontevedra preto de 2.5 millóns de euros chegan a unha centena de empresas
- Reguera destacou o compromiso da Xunta co sector empresarial e a necesidade de seguir colaborando para mellorar a produtividade e competitividade das empresas galegas
A Xunta anuncia a autorización de patrimonio cultural para urbanizar o polígono 3 de Navia e avanza nas obras de ampliación do plan parcial do PAU
- O Goberno galego trasladou ao Concello o informe favorable condicionado da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
- A resolución indica que deberá conservar os muros de pedra da horta catalogada e aumenta a densidade de árbores do aparcamento
- Ana Ortiz e Heriberto García avanzaron o visto e prace á nova fase do barrio vigués durante un percorrido por Navia
- "Os traballos de urbanización para poñer a disposición dos vigueses 201 vivendas de promoción pública no polígono 1 de Navia marchan a bo ritmo", sinalou a delegada
Ana Ortiz destaca a importancia da doazón e o traballo de Adrovi para sensibilizar á poboación no Día Mundial do Ril
- A delegada da Xunta participou nos actos organizados pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo con motivo do Día Mundial do Ril
A Xunta salienta que A Mariña ten todos os recursos para afianzarse como destino en alza vinculado á calidade e á sostibilidade
Ourol (Lugo), 13 de marzo de 2024 A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, salientou hoxe "o gran potencial da Mariña para afianzarse como destino turístico en alza vinculado á calidade e á sostibilidade", en liña co modelo polo que aposta o Goberno galego. Nese sentido, apuntou que a comarca "conta con todos recursos que atraen aos viaxeiros que desfrutan do turismo slow, cada vez máis demandado", e ofrece "un abano de...
Miércoles 13 Marzo 2024
A Xunta aposta por reforzar a Cooperación Transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a mobilidade académica, cultural e científica
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron hoxe na reunión da asemblea da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, na que se aprobou o plan de traballo e o orzamento para este ano
- O organismo manterá as reclamacións sobre a necesidade de mellorar as conexións ferroviarias como a alta velocidade Vigo-Porto ou de materializar o Estatuto do Traballador Transfronteirizo
A Xunta inviste máis de 60.000 € en melloras de instalacións municipais no Porriño
- A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a localidade para coñecer o resultado das accións executadas no marco de distintas liñas de axudas aos concellos
- Reparouse e ampliouse o parque infantil en Torneiros, e instalouse climatización no centro cívico
A Xunta apoia a formación en prevención e seguridade nunha nova edición de 'Previsel'
- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja participaron na inauguración do 17º Salón da Prevención e Seguridade Laboral
- O Goberno galego aposta pola cualificación e a preparación no eido das emerxencias a través da Academia Galega de Seguridade Pública e de diversos exercicios e simulacros ao longo do ano
- O Issga leva ao evento as últimas campañas centradas nos salóns de peiteado e nos centros de augas minerais e termais
Martes 12 Marzo 2024
A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña reforzan a colaboración en materia de emerxencias
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado, asinaron hoxe o convenio entre ambos os entes
- O obxectivo do acordo é axilizar o intercambio e actuar de xeito eficiente ante posibles incidencias que se produzan nas instalacións portuarias
Ana Ortiz salienta o carácter divulgativo do museo Salinae, o Centro Arqueolóxico do Areal de Vigo, tras recibir a visita de máis de 4.000 escolares
- A delegada territorial visitou o xacemento que amosa a historia da única salina mariña de evaporación conservada e musealizada de todo o Imperio Romano
A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña manteñen o compromiso co servizo comarcal de bombeiros de Santiago
- Representantes de todas as administracións implicadas mantiveron hoxe unha xuntanza na que o concello compostelán se comprometeu a enviar a documentación técnica precisa para avanzar na tramitación de cara á sinatura ao longo deste ano do convenio de comarcalización
O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento aproba o seu Plan anual 2024
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu a reunión do Congacode, na que tamén se fixo balance do plan de 2023 que foi executado ao 100%
Lunes 11 Marzo 2024
A Xunta mellora a accesibilidade no IES Politécnico de Vigo cun investimento de máis de 120.000 euros
- A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou as instalacións do instituto vigués no que se levaron a cabo obras para a instalación dun novo elevador
A Xunta impulsa melloras na Casa da Cultura de Valga con achegas que suman máis de 105.000 euros
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, visitou a localidade para comprobar as actuacións feitas a prol da eficiencia enerxética desta infraestrutura
- Renováronse a cuberta e as carpinterías para garantir un mellor illamento e maior confort
- Nos últimos anos o Goberno galego investiu máis de un millón de euros no concello a través de diferentes liñas de apoio ás administracións locais
O delegado territorial en Pontevedra supervisa as obras de mellora do camiño Puxafeita, en Ribadumia
- As obras foron posibles grazas a un investimento de 48.000 euros por parte da Xunta
A Xunta pon en valor o auxe da peregrinación a Galicia procedente de Estados Unidos
- O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recibiron a representantes da embaixada do país norteamericano en Madrid para abordar a divulgación e a seguridade das rutas xacobeas
Sábado 9 Marzo 2024
A Policía Autonómica prestou vixilancia e protección a 584 mulleres vítimas da violencia de xénero ao longo de 2023
- As distintas xefaturas da unidade contan con 92 axentes que asumen as funcións en materia de protección de vítimas de violencia de xénero en coordinación coa Policía Nacional
- A actividade da Policía Autonómica vese afectada pola continua redución de efectivos ao mesmo tempo que asumen un incremento progresivo de funcións
39 Resultados. Desde Jueves 7 Diciembre 2023 hasta Viernes 6 Diciembre 2024
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.