O concello de Oia renova a sinalización da Ruta Máxica de Mougás a Santa Marta grazas ao apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou a nova sinalización que foi instalada grazas a unha axuda de Turismo de Galicia de 27.000 euros
  • Reguera destacou o compromiso do concello de Oia coa promoción turística e coa creación de espazos de lecer para a veciñanza

Oia (Pontevedra), 1 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou a Ruta Máxica de Mougás a Santa Marta de Oia, un percorrido que conta cunha sinalización renovada grazas a unha axuda da Xunta de 27.000 euros outorgada no 2023.

Trátase dunha subvención destinada aos concellos con menos de 10.000 habitantes que contou cun orzamento de 3 millóns de euros para toda Galicia e que permitiu potenciar e mellorar as infraestruturas turísticas da comunidade autónoma.

No caso de Oia, o concello investiu esta axuda nun percorrido que cada ano conta con máis visitantes e que grazas ao traballo de promoción do grupo municipal, estase a converter nun importante atractivo para os millares de turistas e peregrinos que cada ano pasan por este concello costeiro.

Con esta actuación, desenvolvida a finais do pasado ano, quedaron renovadas as estruturas de sinalización direccionais (balizas, placas e postes frecha) así como as mesas interpretativas coa información sobre os principais recursos, tendo en conta que algunhas delas estaban xa deterioradas. Os traballos incluíron a elaboración dos novos contidos, a retirada da vella sinalización, a colocación dos novos soportes e os preceptivos traballos de control arqueolóxico.

Neste sentido, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o delegado territorial percorreu os primeiros metros da Ruta Máxica, comprobou o bo resultado dos traballos de sinalización e destacou a "o gran traballo que desenvolveu o concello, que está a demostrar o seu compromiso coa promoción turística de Oia e coa creación e conservación de espazos de lecer para toda a veciñanza".

Pola súa banda, a alcaldesa non quixo perder a oportunidade de agradecer o apoio da Xunta e, "sobre todo ás comunidades de montes e ás persoas que colaboraron na creación e deseño deste itinerario sendeirista".

Ruta Máxica de Oia

A Ruta Máxica de Oia percorre preto de 20 km das parroquias de Santa María de Oia, Pedornes, Viladesuso e Mougás, transcorrendo por terreos de monte veciñal en man común situados a unha altitude entre os 100 e os 300 m sobre o nivel do mar. De trazado lineal, está sinalizada nas dúas direccións pero recoméndase percorrela de sur a norte.

O itinerario permite gozar de numerosos miradoiros naturais con vistas ao Atlántico, zonas de petróglifos e castros (A Pedreira, A Pousadela, Cano dos Mouros e A Cabeciña, entre outros). Tamén contén espazos de interese natural como poden ser o bosque das Sobreiras do Faro e as pozas de Mougás, entre outros atractivos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23334 {"title":"O concello de Oia renova a sinalización da Ruta Máxica de Mougás a Santa Marta grazas ao apoio da Xunta","published_date":"2024-04-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/80552-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23334"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-01/23334-concello-oia-renova-sinalizacion-da-ruta-maxica-mougas-santa-marta-grazas-ao-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.