A Xunta mellora a accesibilidade no IES Politécnico de Vigo cun investimento de máis de 120.000 euros

Imagen del artículo A Xunta mellora a accesibilidade no IES Politécnico de Vigo cun investimento de máis de 120.000 euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou as instalacións do instituto vigués no que se levaron a cabo obras para a instalación dun novo elevador

Vigo, 11 de marzo de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaron este luns o IES Politécnico de Vigo, situado na rúa Conde de Torrecedeira, tras finalizar as obras de mellora de accesibilidade levadas a cabo pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Segundo explicou a representante autonómica, as obras tiveron un investimento de 121.401,28 euros coa finalidade de instalar un ascensor no exterior da fachada. "Levamos a cabo unha mellora substancial nas instalacións do centro que permitirán a mobilidade desde o exterior ata todas as plantas do edificio", sinalou.

Para a instalación do novo elevador optouse por unha localización no núcleo de comunicacións que permite xa a conexión vertical entre as catro plantas e tamén permite resolver o percorrido accesible desde a zona de aparcamento na que se atopa a praza adaptada para persoas con discapacidade.

Durante a visita tamén fixeron un percorrido pola unión dos diversos volumes do centro na que se levaron a cabo os traballos, onde se creou un espazo a modo de patio aberto sen que a torre do ascensor interrompa as circulacións, iluminación nin ventilación das estancias interiores.

Ana Ortiz tamén lembrou que a Xunta de Galicia está a acometer importantes obras no conxunto dos centros escolares de Vigo. Así, puxo como exemplo o novo IES de Navia que o Goberno galego construirá cun orzamento aproximado de 14M€. Levará o nome do escritor vigués Domingo Villar e nestes momentos xa está en fase de redacción de proxecto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22936 {"title":"A Xunta mellora a accesibilidade no IES Politécnico de Vigo cun investimento de máis de 120.000 euros","published_date":"2024-03-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662113\/ies+politecnico+vigo.jpg","id":"22936"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-11/22936-xunta-mellora-accesibilidade-ies-politecnico-vigo-cun-investimento-mais-120-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.