A Xunta financia con preto de 144.000 euros catro proxectos de embelecemento turístico do litoral nos concellos de Ares e Valdoviño

  • Entre as actuacións subvencionadas inclúense melloras paisaxísticas en diferentes contornas, a creación de contidos e recursos turísticos dixitais e a mellora da accesibilidade de espazos singulares
  • Turismo de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria desta liña de axudas incluída no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral deseñado polo Goberno galego con fondos Next Generation

Ferrol, 10 de abril de 2024

A Xunta de Galicia impulsa con preto de 144.000 euros catro proxectos de embelecemento turístico do litoral nos concellos de Ares e Valdoviño. A Axencia Turismo de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria desta liña de axudas destinada a accións que afonden na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, accións de transición dixital e de accesibilidade inclusiva en concellos galegos coa finalidade de potenciar o seu uso turístico.

Os concellos de Ares e Valdoviño son dous dos 41 concellos galegos beneficiados desta convocatoria coa que se impulsarán un total de 64 proxectos que abranguen melloras paisaxísticas en diferentes contornas, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, sinalización e mellora de sendeiros, entre outras.

No caso de Ares, que recibirá tres axudas por un valor conxunto de 131.648 euros, executará a mellora e tratamento do camiño ao carón do litoral da Bailadora- Montefaro -71.962 euros-, porá en marcha un proxecto para a dixitalización das rutas de sendeirismo do Concello  -15.000 euros de axuda-, e mellorará a accesibilidade do parque de Rosalía para potenciar un turismo competitivo -44.722,36 euros-.

O Concello de Valdoviño, pola súa banda, recibe unha achega autonómica de 11.761 euros para a creación dun mapa-guía interactiva turística do municipio.

Esta liña de axudas, cun investimento global de máis de 2,7 M€, é unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation e dentro do que as entidades locais están a executar distintos Plans de Sostibilidade Turística en Destino. O Plan Territorial que conta con 29,3 M€ de fondos, enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camiño á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23526 {"title":"A Xunta financia con preto de 144.000 euros catro proxectos de embelecemento turístico do litoral nos concellos de Ares e Valdoviño","published_date":"2024-04-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23526"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-10/23526-xunta-financia-preto-144-000-euros-catro-proxectos-embelecemento-turistico-do-litoral-nos-concellos-ares-e-valdovino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.