A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por vento na Coruña

Imagen del artículo A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por vento na Coruña

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • No noroeste, oeste e suroeste da provincia haberá rachas máximas de 100 km/h con ventos de dirección sur e suroeste
  • Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou para hoxe a alerta laranxa por vento na costa da Coruña. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso comeza a primeiras horas desta mañá.

Agárdanse rachas máximas de 100 km/h con ventos de dirección sur e suroeste que afectarán ao noroeste, oeste e suroeste da Coruña. Ademais, no interior desta provincia, así como en toda a de Pontevedra, na Mariña, no centro e na montaña de Lugo, e na montaña de Ourense activouse a alerta amarela por rachas de ata 90 km/h.

Cómpre lembrar que na Coruña está activa tamén a alerta laranxa por temporal costeiro, que comezou a pasada madrugada no litoral oeste e noroeste da provincia, con vento do suroeste forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata 5 metros. O resto da costa galega, agás a Mariña, ten activa a alerta amarela por ventos do sur de ata forza 7, que poden chegar ocasionalmente a forza 8, e mar combinada do suroeste con ondas de ata 5 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de seguir as medidas de protección, como retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento. Ante a alerta por temporal costeiro cómpre manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23341 {"title":"A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por vento na Coruña","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773483\/iStock-viento.jpg","id":"23341"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23341-xunta-activa-hoxe-alerta-laranxa-vento-na-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.