'Xogade coas motos' seguirá levando a primeira experiencia de motociclismo aos nenos e nenas galegos grazas ao apoio da Xunta

Imagen del artículo 'Xogade coas motos' seguirá levando a primeira experiencia de motociclismo aos nenos e nenas galegos grazas ao apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A segunda edición do programa levado a cabo pola Secretaría Xeral para o Deporte da man de VF Timing e da Federación Galega de Motociclismo, comeza mañá en Monterroso (Lugo) para viaxar despois a San Cibrao das Viñas (Ourense), A Laracha (A Coruña), As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
  • Na súa primeira edición, en 2023, chegou a 110 rapaces e rapazas dos que unha decena xa adestran con frecuencia

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia, da man de VF Timing e da Federación Galega de Motociclismo, vén de anunciar o calendario da segunda edición de 'Xogade coas motos', a actividade de motociclismo do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), dirixido a todos aqueles rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos que queiran probar unha moto de velocidade por primeira vez e que, de novo, viaxará polas catro provincias galegas ata a fin de 2024. Cómpre salientar que no programa de 2023 participaron uns 110 rapaces e rapazas dos cales unha decena xa adestran con frecuencia de cara a comezar a competición nos vindeiros anos.

En total serán seis eventos que circularán por Galicia: mañá 16 de marzo terá lugar o primeiro evento en Monterroso (Lugo) que xa conta co aforamento completo e a participación de 40 nenos e nenas. Máis tarde o programa viaxará a San Cibrao das Viñas (Ourense) o 27 de abril; á Laracha (A Coruña) o 25 de maio; a Betanzos (A Coruña) o 29 de xuño; ás Pontes de García Rodríguez (A Coruña) o 31 de agosto; e a Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) o 12 de outubro. 

'Xogade coas motos' pretende fomentar o motociclismo de base facilitando o acceso dos máis pequenos á velocidade. A actividade ten como finalidade saber se ao neno gústalle o deporte do motociclismo, polo que non se trata dunha competición. Os máis pequenos terán acceso gratuíto ás motos, monos e cascos para realizar distintos exercicios de habilidade que serán dirixidos por monitores que valorarán o nivel do pequeno e informarán aos pais do nivel no que se atopan. Trátase dunha primeira toma de contacto que permite que os nenos con inquedanzas polo motociclismo poidan achegarse a este deporte sen que os pais teñan que facer o investimento inicial, así como asesoramento para a súa práctica habitual en escolas, circuítos ou competicións. Ademais, estas xornadas son posibles grazas ao seguro do Programa Xogade, a cargo da Xunta de Galicia.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, subliñou a importancia de achegar o deporte de motor aos máis pequenos e con toda a seguridade, nun momento no que moitos dos rapaces e rapazas queren imitar aos seus ídolos que están a destacar no panorama mundial do motocrós, como Jorge Prado, Rubén Fernández ou Yago Martínez; ou do trial, como Gabriel Marcelli ou Jorge Casales.

O horario da xornada de mañá será de 10,00 a 12,00 horas da mañá e de 16,00 a 20,00 da tarde. Polo serán o campión galego de minimotos, Iker García realizará unha exhibición e falará cos demais nenos e nenas das súas experiencias. Ao final da xornada entre os sete monitores da actividade escollerase a un neno ou nena para compartir un día de carreira con pilotos en activo no circuíto de Outeiro de Rei (Lugo).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23040 {"title":"'Xogade coas motos' seguirá levando a primeira experiencia de motociclismo aos nenos e nenas galegos grazas ao apoio da Xunta","published_date":"2024-03-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662125\/XOGADEMOTOS.jpeg","id":"23040"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-15/23040-xogade-coas-motos-seguira-levando-primeira-experiencia-motociclismo-aos-nenos-e-nenas-galegos-grazas-ao-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.