A Xunta colabora na mellora do local social da asociación de veciños viguesa Monte da Mina de Castrelos cunha achega de 12.000 €

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para comprobar as obras de reparación na cuberta do salón de actos
  • O apoio enmárcase no Plan específico de acción comunitaria, dotado cun orzamento de tres millóns de euros

Vigo, 8 de abril de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe nesta cidade o local social da asociación veciñal Monte da Mina de Castrelos, que foi mellorado co apoio da Xunta no marco do Plan específico de acción comunitaria de 2023. O Goberno galego investiu 12.000 euros nas actuacións, centradas na reparación da cuberta do salón de actos.

O obxectivo das obras é evitar as filtracións de auga nos días de choiva, que estaban a deteriorar as paredes, o chan do escenario e as butacas. Aproveitouse ademais para reforzar o illamento térmico e acústico da instalación. O gasto desta mellora, que a asociación prevé continuar en sucesivas fases, ascendeu a 24.800 euros. O apoio da Xunta nesta actuación súmase ao executado en 2021, tamén con 12.000 euros para a reparación da pintura impermeabilizante na cuberta exterior oeste.

A directora xeral de Administración Local salientou a importancia de apoiar o asociacionismo local e de facilitarlles espazos axeitados para o desenvolvemento do seu labor a prol da dinamización da vida social e cultural da contorna. Nesta liña, incidiu no compromiso que vén demostrando a Xunta desde 2016 coa creación do Plan específico de acción comunitaria, dotado con tres millóns de euros e ao que se suman cada exercicio un importante número de colectivos veciñais, de mulleres e de usuarios de augas.

Colaboración con máis de 300 entidades locais

Segundo indicou Natalia Prieto, na convocatoria de 2023 houbo 304 entidades beneficiarias desta medida. A maioría delas son da provincia de Pontevedra, con 174 que se repartirán máis de 1,8 millóns de euros. Canto ao tipo de colectivo, as asociacións veciñais son as que porán en marcha máis proxectos, con 171 beneficiarias e un investimento superior aos 1,5 millóns de euros.

Para a directora xeral, a boa acollida que rexistra cada ano esta medida entre os colectivos que pon de manifesto a súa importancia no eido local. A través dela destínanse 2,5 millóns de euros para facilitar a execución de obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade e para obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas.

Cos 500.000 euros restantes finánciase a adquisición do equipamento necesario para o funcionamento das organizacións beneficiarias. En concreto, mobiliario, material de oficina, equipamento informático ou acústico e audiovisual, ademais doutros recursos para actividades específicas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23483 {"title":"A Xunta colabora na mellora do local social da asociación de veciños viguesa Monte da Mina de Castrelos cunha achega de 12.000 €","published_date":"2024-04-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/775501\/20240408DXALVisitaAVVigo5.jpeg","id":"23483"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-08/23483-xunta-colabora-na-mellora-do-local-social-da-asociacion-vecinos-viguesa-monte-da-mina-castrelos-cunha-achega-12-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.