A Xunta anuncia a posta en marcha da Liga Galega de Hip-Hop na presentación do 'Move It Vigo' que reunirá no IFEVI a 1.200 bailaríns

Imagen del artículo A Xunta anuncia a posta en marcha da Liga Galega de Hip-Hop na presentación do 'Move It Vigo' que reunirá no IFEVI a 1.200 bailaríns

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Aposta pola compatibilidade de usos dos recintos feirais como vén facendo a Xunta no recinto feiral de Expourense coa mellor pista de atletismo cuberta de España; no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo cun dos mellores rocódromos de todo o país; ou no propio IFEVI coa instalación do módulo de atletismo cuberto

Vigo, 3 de abril de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de presentar a terceira edición da competición de danza urbana Move It Vigo que terá lugar o vindeiro 6 de abril nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo - IFEVI e que xuntará a 1.200 bailaríns de toda Galicia e das provincias de León, Valladolid, Salamanca, Las Palmas, Lanzarote, Tenerife ou Asturias. 

Lete Lasa fixo un percorrido pola evolución do baile deportivo en Galicia dende que en 2021 se recoñeceu a especialidade deportiva de break e se creou a Liga Xunta de Galicia de Breaking, en consonancia coa aposta do COI polos deportes urbanos no programa olímpico. Dende aquela, a Federación Galega de Baile, creada en 2023, conta xa con case 600 licenzas, das que o 78% son femininas; a Liga Xunta de Galicia de Breakin encara en 2024 a súa cuarta edición; e Galicia conta xa con dous campións de España de break dance como son David Amor (en sub-21) e Alicia Babarro (júnior).

O mandatario galego confirmou a continuidade desta aposta polo baile deportivo e anunciou o lanzamento da Liga Galega de Hip Hop da man da Federación Galega de Baile. Serán catro probas que comezarán o próximo 14 de abril en Narón, para continuar o 12 de maio en Mugardos, o 2 de xuño en Lugo e o 29 de xuño en Marín, nas que participarán todos os bailaríns desde a categoría baby (nacidos entre 2015 e 2020) ata a categoría premium (nados antes de 1994).

Todas estas categorías tamén estarán representadas na competición de danza urbana apoiada pola Xunta 'Move It Vigo' e que estará orientada na súa expresión musical e artística a todos os estilos da cultura Hip Hop, como son o Breakdance, Krump, Popping, Locking, House Dance, New Style, Waacking, Voguing, Dancehall, Afro moves ou Comercial Dance, entre outros. Deste xeito a Xunta segue apostando pola compatibilidade de usos dos recintos feirais como xa fixo no recinto feiral de Expourense coa mellor pista de atletismo cuberta de España; no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo cun dos mellores rocódromos de todo o país; ou no propio IFEVI coa instalación do módulo de atletismo cuberto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23397 {"title":"A Xunta anuncia a posta en marcha da Liga Galega de Hip-Hop na presentación do 'Move It Vigo' que reunirá no IFEVI a 1.200 bailaríns","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773486\/_DSC0251.jpg","id":"23397"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23397-xunta-anuncia-posta-marcha-da-liga-galega-hip-hop-na-presentacion-do-move-it-vigo-reunira-ifevi-1-200-bailarins https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.