Ana Ortiz salienta as medidas de divulgación e formación da Xunta na defensa dos consumidores

Imagen del artículo Ana Ortiz salienta as medidas de divulgación e formación da Xunta na defensa dos consumidores

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada da Xunta visitou o punto informativo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) no Mercado de Teis con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

Vigo, 15 de marzo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este venres durante unha visita ao Mercado de Teis as accións divulgativas e de formación postas en marcha polo Goberno galego con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras. A representante autonómica fixo un percorrido polo mercado vigués onde o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) instalou hoxe un dos puntos informativos habilitados pola Xunta nas sete principais cidades galegas.

 

"Neste día, lembramos a importancia de coñecer os nosos dereitos como persoas consumidoras para poder defendelos", indicou a delegada. Ortiz destacou que a campaña convida á cidadanía a coñecer máis sobre os seus dereitos como persoas consumidoras e sobre as ferramentas que a administración autonómica pon ao seu dispor para asesorarlle, acompañarlle e, en último caso, axudarlle a restituír os seus dereitos.

 

Ademais, engadiu que complementariamente, realízanse accións formativas dende o 1 de marzo en diferentes centros educativos e concellos da xeografía galega, entre eles, en Vigo, o IES A Guia e o CPR Alborada.

 

Finalmente, a celebración do 15 de marzo verase complementada cun especial dos Venres de Consumo Responde que cumprirá o segundo aniversario da iniciativa que empraza todos os venres aos cidadáns a un encontro dixital para preguntar dúbidas e coñecer mellor os seus dereitos a través da web https://consumo.xunta.gal/.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23043 {"title":"Ana Ortiz salienta as medidas de divulgación e formación da Xunta na defensa dos consumidores","published_date":"2024-03-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662125\/20240315+Consumo+Responde+Teis.jpg","id":"23043"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-15/23043-ana-ortiz-salienta-as-medidas-divulgacion-e-formacion-da-xunta-na-defensa-dos-consumidores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.