A Xunta celebra o Día da Árbore co alumnado do CEIP o Foxo da Estrada coa plantación de 50 árbores autóctonas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial destacou a importancia de colaborar para seguir levando a cabo accións de concienciación que garantan o futuro do noso medio natural
  • O alumnado asistiu á liberación dunha ave "miñato" que rematou a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna

Pontevedra, 21 de marzo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá nunha actividade levada a cabo pola Xunta no CEIP O Foxo, no concello da Estrada, con motivo da celebración do Día da Árbore. 

Reguera foi un máis nunha xornada na que preto de 40 nenos e nenas plantaron cerca de medio centenar de árbores autóctonas da man dun equipo de axentes forestais que aproveitaron para explicarlles a importancia de coidar o medio ambiente. 

Ademais, o alumnado asistiu á liberación dunha ave "miñato" que concluíu a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna. 

Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia deste tipo de actividades que "rompen a rutina dos máis pequenos e lles ensinan a respectar e coidar a natureza dunha forma divertida". 

Rematada a plantación, os pequenos viron en acción unha motobomba que serviu, ademais de para explicar o traballo dos axentes durante os incendios forestais, para regar as árbores plantadas. 

O delegado territorial agradeceu o interese e bo comportamento de todo o alumnado e "moi especialmente aos axentes forestais e os docentes que sempre están dispostos a traballar coa Xunta nestas labores de concienciación que son tan importantes para garantir o futuro do noso medio natural". 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23181 {"title":"A Xunta celebra o Día da Árbore co alumnado do CEIP o Foxo da Estrada coa plantación de 50 árbores autóctonas","published_date":"2024-03-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773447\/1O+FOXO.jpeg","id":"23181"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-21/23181-xunta-celebra-dia-da-arbore-co-alumnado-do-ceip-foxo-da-estrada-coa-plantacion-50-arbores-autoctonas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.