Ana Ortiz pide ao Concello de Vigo que reclame os informes de Aviación Civil e Telecomuniacións ao Goberno central para avanzar na tramitación do PXOM

  • A delegada territorial da Xunta solicita ao Goberno municipal que esixa as autorizacións que aínda están pendentes
  • "A día de hoxe non temos os informes necesarios do Goberno para que a Xunta de Galicia tramite o documento urbanístico", sinalou
  • Lembra tamén que Patrimonio agarda resposta ao seu requirimento pese a que o Concello asegurou que resolvería os erros en "cinco minutos"

Vigo, 20 de marzo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, solicitou este mércores ao Concello de Vigo que reclame de novo os informes de Aviación Civil e Telecomunicacións ao Goberno central para poder aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Así o fixo a representante autonómica durante unha comparecencia pública tras ser preguntada polo estado da tramitación do documento urbanístico.

"O Goberno galego comprometeuse a acelerar ao máximo os prazos de aprobación do PXOM, pero a día de hoxe depende da vontade do Concello de Vigo para reclamar ao Goberno central dous informes imprescindibles", sinalou a delegada.

Así, Ortiz mencionou a necesidade de que o Goberno local esixa "coa maior axilidade" os requisitos que marca a lei. "A Xunta non pode avanzar sen contar coas autorizacións de Aviación e Telecomunicacións, polo que urxe que o Concello reciba o visto e prace desde Madrid", indicou.

Da mesma forma, a delegada territorial incidiu en que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural tampouco recibiu resposta ao seu requirimento enviado a finais de febreiro. "Tras a reunión celebrada o pasado 4 de marzo, o Concello respondeu que resolvería os erros en cinco minutos, pero pasaron xa dúas semanas e seguimos agardando", puntualizou.

Ademais, incidiu en que a Xunta de Galicia comprometeuse a acurtar os prazos para que o Concello poida aprobar o seu PXOM e que "dende o primeiro momento, fixo un esforzo continuado no tempo" para que Vigo conte cunha ordenación urbanística que cumpra coas necesidades da cidade e que permita o seu desenvolvemento.

"Polo ben de todos os vigueses necesitamos un plan urbanístico legalizable e axustado á lei para que non o volvan a impugnar os tribunais", engadiu Ana Ortiz.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23132 {"title":"Ana Ortiz pide ao Concello de Vigo que reclame os informes de Aviación Civil e Telecomuniacións ao Goberno central para avanzar na tramitación do PXOM","published_date":"2024-03-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23132"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-20/23132-ana-ortiz-pide-ao-concello-vigo-reclame-os-informes-aviacion-civil-e-telecomuniacions-ao-goberno-central-avanzar-na-tramitacion-do-pxom https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.