A Xunta destina máis de 27.000 euros ao cofinanciamento dos comedores escolares no Baixo Miño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A partida de axudas distribúe preto de 270.000 euros para este fin na área territorial de Pontevedra
  • O delegado territorial visita o CEIP Número 2 de Tui, onde se reuniu coas representantes da ANPA As Olivas
  • Dende o ano 2009, a Xunta investiu dous millóns de euros na mellora dos centros escolares de Tui

Tui (Pontevedra), 5 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o CEIP Número 2 de Tui, onde se reuniu con varios representantes da ANPA As Olivas con motivo da axuda de case 14.000 euros que a Xunta lles outorgou para o cofinanciamento dos servizos do comedor escolar. 

Xunto ao director do centro, o delegado destacou o compromiso da Xunta coa mellora continua dos centros educativos e dos seus servizos e agradeceu o traballo desinteresado de "todos os membros da ANPA, que están sempre pendentes do traballo que se leva a cabo nas escolas e que coas súas peticións e suxestións nos axudan a mellorar". 

Cabe destacar que a Xunta distribuíu, grazas a esta orde, preto de 270.000 euros en axudas por toda área territorial, dos cales máis de 27.000 corresponden á comarca do Baixo Miño. 

O delegado aproveitou a visita para coñecer máis a fondo o Colexio CEIP Número 2 e, en concreto, para comprobar os bos resultados da obra de reforma de dous aseos levada a cabo pola Xunta, que contou cun orzamento de máis de 45.000 euros. 

Este centro escolar acumula varias actuacións de mellora dende o ano 2009, uns traballos nos que a Xunta investiu máis de 200.000 euros e que reverteron directamente a favor do alumnado. Contando as actuacións levadas a cabo nos demais centros escolares do concello o importe alcanza os 2 millóns de euros. 

Reguera rematou a visita explicando que desde o goberno autonómico "somos conscientes de que sempre quedan cousas por mellorar" e lembrou que "é imprescindible que as institucións cumpran co seu compromiso nun ámbito tan sensible como o da educación. Tanto a Xunta mellorando e renovando as condicións deste edificio que vai cumprir medio século, como o concello realizando o mantemento necesario para coidar e protexer as infraestruturas".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23433 {"title":"A Xunta destina máis de 27.000 euros ao cofinanciamento dos comedores escolares no Baixo Miño","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773492\/1CEIP+N2.jpeg","id":"23433"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23433-xunta-destina-mais-27-000-euros-ao-cofinanciamento-dos-comedores-escolares-baixo-mino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.