A Xunta pon en valor o auxe da peregrinación a Galicia procedente de Estados Unidos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recibiron a representantes da embaixada do país norteamericano en Madrid para abordar a divulgación e a seguridade das rutas xacobeas 

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, recibiron esta mañá unha representación da sección consular da Embaixada dos Estados Unidos de América en España. No encontro afondouse na seguridade das rutas xacobeas e na súa divulgación no país norteamericano, que o ano pasado situouse no primeiro lugar na clasificación internacional. 

Deste xeito, dos máis de 440.000 camiñantes que selaron a súa Compostela en 2023, máis de 32.000 procedían de Estados Unidos, segundo as estatísticas da Oficina do Peregrino. Supoñen máis do 7% e ocupa o segundo posto, só por detrás dos 197.100 de España e liderando o ranking de países que achegan maior volume de peregrinos estranxeiros. Polo tanto, as cifras amosan a predisposición da cidadanía americana por viaxar e coñecer Galicia. No que vai deste 2024, do total de 7.300 peregrinos, un total de 376 -o 5,11%- son de Estados Unidos.

Na reunión de hoxe, na que participaron o cónsul da Embaixada dos Estados Unidos en España, Rafael Andrade, e a supervisora da Sección de Cidadáns Americanos, Kimberley Wise, abordouse precisamente o auxe da peregrinación a Santiago de Compostela e o traballo da Xunta por garantir a seguridade do Camiño e a atención aos peregrinos. 

Por parte da Xunta, tamén estivo presente o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal. Este corpo de seguridade encargase precisamente da vixilancia das rutas xacobeas e da atención aos peregrinos. De feito, o ano pasado  os axentes da UPA levaron a cabo máis 7.500 actuacións nos distintos camiños para garantir a seguridade dos peregrinos, das que máis de 2.300 corresponden con inspeccións dos distintos camiños.

As patrullas da Policía Autonómica fanse cargo de actuacións en materia de seguridade e protección nos desprazamentos dos peregrinos, así como nos actos institucionais, culturais, sociais, deportivos e nas visitas de autoridades, entre outras, moitas delas en coordinación coas demais forzas e corpos de seguridade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22925 {"title":"A Xunta pon en valor o auxe da peregrinación a Galicia procedente de Estados Unidos","published_date":"2024-03-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662113\/20240311DXEEIReunionEmbaixadaEstadosUnidos1.jpg","id":"22925"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-11/22925-xunta-pon-valor-auxe-da-peregrinacion-galicia-procedente-estados-unidos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.