A Xunta aposta por reforzar a Cooperación Transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a mobilidade académica, cultural e científica

Imagen del artículo A Xunta  aposta por reforzar a Cooperación Transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a mobilidade académica, cultural e científica

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron hoxe na reunión da asemblea da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, na que se aprobou o plan de traballo e o orzamento para este ano
  • O organismo manterá as reclamacións sobre a necesidade de mellorar as conexións ferroviarias como a alta velocidade Vigo-Porto ou de materializar o Estatuto do Traballador Transfronteirizo

Vigo, 13 de marzo de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron hoxe na reunión da asemblea e o consello superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT)  da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, na que se aprobou o plan de actividades e o orzamento do organismo para este exercicio.

Ao encontro tamén asistiron os vicepresidentes da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Célia Ramos, Jorge Sobrado e Ana Gomes, e o director e o subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida e Xosé Lago, respectivamente.

Tamén se fixo balance das principais levadas a cabo pola entidade ao longo de 2023, entre elas, a sinatura o pasado novembro do protocolo co Consello Sindical Interrexional Galicia- Norte de Portugal, para mellorar as condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos;  a celebración do 2º Encontro de AECT Ibéricas en materia de cooperación transfronteiriza ou o 1º Seminario de Directores e Editores de Medios de Comunicación da Eurorrexión organizado o pasado xuño co obxectivo de debater a situación no sector e encontrar novas vías de colaboración.

A Asemblea e o Consello Superior da AECT da Eurorrrexión Galicia-Norte de Portugal comprometéronse a continuar a apoiar a mobilidade académica a través do programa IACOBUS de cooperación coa ensinanza superior de Galicia e Norte de Portugal, que neste 2024 celebra 10 anos e que se amplía cara unha Rede Eurorrexional de Coñecemento e Innovación. Ademais, lanzaranse novas convocatorias do IACOBUS para estadías, publicacións científicas e patentes. Desde o seu comezo, este programa conseguiu desenvolver a cooperación transfronteiriza no ámbito da I+D+i entre universidades, centros tecnolóxicos e institutos politécnicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Do mesmo xeito, a AECT ampliou o seu compromiso incentivar o intercambio cultural na Eurorrexión a través do programa Nortear e a cooperación transfronteiriza noutros sectores estratéxicos para Galicia e o Norte de Portugal, como o turismo, a través do proxecto Clustertur_GNP, que visa a creación dun clúster transfronteirizo na Eurorrexión.

Na xuntanza, tamén se acordou fomentar a cooperación nos sectores aeroespacial, da enerxía verde e do agroindustrial, a través dos outros programas en execución polo organismo.

Por último, reafirmouse o compromiso co impulso da mobilidade xeográfica e da cooperación de proximidade. A AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal continúa a reclamar un Estatuto do Traballador Transfronteirizo ou a mellora nas conexións ferroviarias, coa aposta firme no tren de alta velocidade Vigo-Porto . Nesta liña, estase a impulsar un grupo de traballo coas diferentes entidades transfronteirizas de cara ao próximo Cumio Ibérico deste ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22990 {"title":"A Xunta aposta por reforzar a Cooperación Transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en ámbitos como a mobilidade académica, cultural e científica","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/519905\/20240228DXREEEncontroFGE.jpg","id":"22990"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22990-xunta-aposta-reforzar-cooperacion-transfronteiriza-na-eurorrexion-galicia-norte-portugal-ambitos-como-mobilidade-academica-cultural-e-cientifica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.