A Xunta inviste máis de 60.000 € en melloras de instalacións municipais no Porriño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a localidade para coñecer o resultado das accións executadas no marco de distintas liñas de axudas aos concellos
  • Reparouse e ampliouse o parque infantil en Torneiros, e instalouse climatización no centro cívico

O Porriño (Pontevedra), 13 de marzo de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe O Porriño para coñecer diversas melloras executadas en 2023 ao abeiro das liñas de axudas ao eido local. Neste marco de acción, o Goberno galego destinou máis de 60.000 euros á reparación e ampliación do parque infantil de Torneiros, así como á instalación de climatización no centro cívico.

As obras no parque infantil contaron cunha achega da Xunta de case 31.000 euros e permitiron a reparación e renovación dos elementos de xogo, a mellora do pavimento e a delimitación do perímetro. A maiores, creouse unha nova área de xogo e ampliouse o espazo de lecer en 550 metros cadrados, con equipamento para a rapazada de diferentes idades. Así, instalouse unha corda tirolesa, un tobogán, unha pirámide e diverso mobiliario urbano.

Deste xeito, o parque infantil de Torneiros foi un dos 43 espazos destas características beneficiado o pasado ano coa Orde de infraestruturas de uso público. Segundo sinalou Natalia Prieto, a construción, ampliación, mellora ou cubrición destas instalacións é a principal demanda dos concellos que solicitan estas axudas, nunha clara aposta por ofrecerlles ás familias e á cativada lugares seguros e ben acondicionados para o lecer.

En canto á instalación de climatización no centro cívico, a subvención da Xunta ascendeu a 30.000 euros e enmarcouse no Fondo de Compensación Ambiental, destinado a apoiar os concellos nas melloras que repercutan no medio natural e na eficiencia enerxética das instalacións municipais. A obra centrouse no andar primeiro, coa colocación dun sistema de calefacción e ventilación que evita a perda de calor e favorece a redución do consumo enerxético.

Investimento de case 800.000 euros

Ademais destas axudas, o concello do Porriño recibiu o pasado exercicio máis de medio millón de euros do fondo base do Fondo de Cooperación Local. Segundo indicou a directora xeral, nos últimos anos, o apoio do Goberno galego a diferentes actuacións no marco de distintos convenios e  das liñas de axudas a infraestruturas e melloras ambientais sumou preto de 800.000 euros.

Natalia Prieto lembrou que xa se lanzaron as novas convocatorias da Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros, e do Fondo de Compensación Ambiental, que conta con máis de 11 millóns de euros de orzamento. A estas liñas engádeselles o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, con 5 millóns de euros, e como novidade este ano, unha orde plurianual destinada a obras de mellora enerxética, cun orzamento de 5,3 millóns de euros cofinanciados con Fondos Feder para o período 2024-2025.

A través destas medidas, ao longo de 2023 investíronse 27,2 millóns de euros no impulso a máis de 600 proxectos municipais. A directora xeral enmarcou estes apoios no compromiso do Goberno galego co eido local e, especialmente, coa veciñanza dos concellos de menor poboación para garantir recursos públicos de calidade en todo o territorio.      

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22980 {"title":"A Xunta inviste máis de 60.000 € en melloras de instalacións municipais no Porriño","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/519905\/20240313DXALVisitaOPorrino1.jpeg","id":"22980"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22980-xunta-inviste-mais-60-000-melloras-instalacions-municipais-porrino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.