Lete Lasa destaca o deporte como o principal motor da saúde e a felicidade dos nenos na presentación do torneo internacional de fútbol base Congalsa

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca o carácter benéfico do torneo que, grazas ao traballo de Julio Mariño, doará o importe recadado á Fundación Aladina que dende 2005 traballa co obxectivo de axudar aos nenos e adolescentes con cancro e as súas familias

Ribeira (A Coruña), 2 de abril de 2024

 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base Concello de Ribeira. Alí, o mandatario galego, destacou a importancia do deporte como "principal motor da saúde e a felicidade dos nenos e das nenas".

Neste sentido destacou a importancia do Programa Xogade que a tempada pasada acadou o récord de nenos e nenas mutualizados, con preto de 135.000 e de campañas como o Bono Deporte que repartiu 115.000 axudas para os gastos deportivos dos rapaces e rapazas federados ou no devandito Programa Xogade. Lete Lasa destacou a importancia de que este torneo sexa de competición mixta (moitos dos equipos contan con xogadoras), xa que mentres nas licenzas federativas galegas hai un 26% de mulleres, o Programa Xogade conta co 38% e se nos centramos só na actividade escolar a participación feminina sobe ata o 46,5%.

En total serán 45 equipos os que xogarán o 25 e o 26 de maio no campo da Fieteira e entre os que estarán clubs de grande importancia como Betis, Zaragoza, Villarreal, outros internacionais como Porto, Sporting de Lisboa, Benfica, Racing Club de France, e un invitado mi especial que será o rival a bater, o Real Madrid.

Lete Lasa destacou o carácter benéfico do torneo que, grazas ao traballo de Julio Mariño, doará o importe recadado á Fundación Aladina que dende 2005 traballa co obxectivo de axudar aos nenos e adolescentes con cancro e as súas familias. Nas cinco edicións anteriores, a Fundación Aladina xa recibiu grazas a este torneo un total de 28.000 euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23363 {"title":"Lete Lasa destaca o deporte como o principal motor da saúde e a felicidade dos nenos na presentación do torneo internacional de fútbol base Congalsa","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773483\/020424CONGALSA.jpeg","id":"23363"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23363-lete-lasa-destaca-deporte-como-principal-motor-da-saude-e-felicidade-dos-nenos-na-presentacion-do-torneo-internacional-futbol-base-congalsa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.