A Xunta defende as reivindicacións do sector agrícola galego ante o comisario europeo e a necesidade de adaptar a PAC ás particularidades do noso territorio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bruxelas nunha reunión do Comité Europeo das Rexións na que se debateu co comisario de Agricultura da Unión Europea, Janusz Wojciechowski, sobre a Política Agrícola Común

Bruxelas, 22 de marzo de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha xuntanza da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións na que se debateu co comisario de Agricultura da Unión Europea, Janusz Wojciechowski, sobre a Política Agrícola Común (PAC), nun contexto actual de protestas dos agricultores e gandeiros en toda a UE. 

En representación de Galicia, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE destacou que as cargas burocráticas da actual Política Agrícola Común "poñen en risco a viabilidade das explotacións agrícolas, polo que deberían suspenderse ata que se acade unha redefinición das normas PAC máis equilibrada, que garanta unha sustentabilidade ambiental, económica e social do agro europeo". Gamallo referiuse á rendibilidade das explotacións, a complexidade administrativa e a competencia desleal como algúns dos principais problemas do sector agrario.

O debate celebrouse con motivo da aprobación dun borrador de ditame sobre o futuro da Política Agrícola Común, que constituirá a principal contribución do CdR ao diálogo estratéxico iniciado en xaneiro pola Comisión Europea de cara a elaboración da proposta lexislativa sobre a PAC posterior a 2027, que debería publicarse  en 2025.  No ditame, os representantes das rexións europeas avogan por unha nova PAC máis flexible, simplificada, que apoie en maior medida aos agricultores e que adopte un enfoque máis descentralizado e adaptado ás características de cada territorio, a través de plans estratéxicos elaborados e xestionados a nivel rexional.

Como consecuencia das protestas agrícolas, a Unión Europea vén de adoptar varias medidas de simplificación da actual PAC e está a estudar unha modificación do actual regulamento, aplicable no período 23-27. Neste sentido, a Xunta pide ao Goberno central maior ambición tanto na modificación do Pepac como no seu posicionamento en Bruxelas, nunha postura coordinada  coas principais organizacións agrarias e cooperativas galegas, e na que tamén mantén conversas co resto de comunidades autónomas da cornixa cantábrica, incluíndo propostas, como a introdución de medios de proba efectivos dos costes de produción para evitar a venta a perdas a partir de ferramentas como Conta Láctea e Conta Carne, desenvolvidas en Galicia.

Outros dous ditames foron aprobados hoxe en NAT: un relativo á estratexia europea para previr a escaseza de medicamentos, que subliña a necesidade de impulsar a capacidade de fabricación local , e outro para apoiar a posta en marcha dun Pacto Azul Europeo para promover unha mellor xestión dos recursos hídricos e dos riscos relacionados con estes, como as inundacións, as secas ou a contaminación. Ademais, presentouse unha guía de oportunidades de financiamento e apoio da UE para as zonas rurais. 

Galicia nas comisións CIVEX e NAT do Comité das Rexións

No actual mandato 2020- 2025 do Comité Europeo das Rexións, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). A primeira elabora ditames en áreas como as políticas comúns de agricultura e pesca, o turismo ou a saúde pública. A Fundación Galicia Europa presta apoio á participación galega nesta asemblea de rexións e municipio.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23205 {"title":"A Xunta defende as reivindicacións do sector agrícola galego ante o comisario europeo e a necesidade de adaptar a PAC ás particularidades do noso territorio","published_date":"2024-03-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773450\/20240322DXREEComisionNAT.jpg","id":"23205"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-22/23205-xunta-defende-as-reivindicacions-do-sector-agricola-galego-comisario-europeo-e-necesidade-adaptar-pac-as-particularidades-do-noso-territorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.