A Xunta aposta por espazos como as salas Gesell para garantir a privacidade de menores e persoas vulnerables nas probas relacionadas con casos como os de dereito de familia

  • O director xeral de Xustiza participou na inauguración das 'VIII Xornadas de dereito de familia', organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega

A Coruña, 12 de abril de 2024

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na apertura das VIII Xornadas de dereito de familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega. Durante a súa intervención incidiu no compromiso permanente da Xunta para crear "espazos singulares" e "cidades da xustiza" que, entre outras funcións, contribúan a acoller servizos como os relacionados con esta rama do dereito.

Nesta liña, puxo como exemplo as salas Gesell que o Goberno galego xa implantou en case a totalidade das cidades galegas e nalgunhas subdireccións do Imelga. Trátase de "salas de espera ou entrevistas" especialmente acondicionadas co obxectivo de garantir a protección e privacidade das vítimas -sobre todo nos casos de testemuñas menores de idade ou doutras persoas especialmente vulnerables- durante a práctica de probas ou a toma de declaracións. Ademais, nestes espazos "amables" preténdese xerar un ambiente de confianza que non supoña "unha elevada carga emocional".

A oitava edición destas xornadas congregará máis dun cento de profesionais da avogacía de toda España para abordar e actualizar os coñecementos sobre asuntos vinculados ao dereito de familia como a denominada Ley Trans, os tributos de sucesións, a liquidación de réximes matrimoniais, a vivenda familiar no concurso, o recurso de casación en materia de familia, a intelixencia artificial aplicada a este ámbito, así como a análise da xurisprudencia máis recente do Tribunal Supremo en temas de familia, discapacidade e filiación.

José Tronchoni salientou a colaboración da Administración autonómica cos distintos operadores xurídicos e a importancia de apoiar o labor dos profesionais da xustiza a prol da axilidade, a eficiencia e o achegamento do labor xudicial á cidadanía.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23565 {"title":"A Xunta aposta por espazos como as salas Gesell para garantir a privacidade de menores e persoas vulnerables nas probas relacionadas con casos como os de dereito de familia","published_date":"2024-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23565"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-12/23565-xunta-aposta-espazos-como-as-salas-gesell-garantir-privacidade-menores-e-persoas-vulnerables-nas-probas-relacionadas-casos-como-os-dereito-familia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.