A Xunta axuda con 90.000 euros á asociación Iris Social de Marín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial destacou a importancia de colaborar coas asociacións galegas e agradeceu o traballo dos traballadores e traballadoras de Iris Social
  • Estas axudas, que buscan financiar iniciativas de formación, adaptación, inclusión e coidado das persoas máis vulnerables, benefician a 11 entidades da área territorial de Pontevedra e suman máis de 1 millón de euros

Pontevedra, 22 de marzo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a sede da Asociación Iris Social, en Marín, con motivo das axudas outorgadas para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

Estas achegas deixaron nesta asociación preto de 90.000 euros que serán destinados ao seu programa 'Arraigate' co que axudan a persoas en risco de exclusión social, na súa maioría migrantes, a atopar un emprego a través do asesoramento laboral e a formación.

En total, na área territorial de Pontevedra benefícianse destas axudas 11 entidades distintas que se reparten máis de 1 millón de euros.

O delegado territorial aproveitou a visita para probar algunhas das tecnoloxías empregadas nestes e noutros cursos levados a cabo pola asociación. En concreto, Reguera experimentou de primeira man o simulador que utiliza o alumnado de soldadura e que lle permite practicar reducindo o desperdicio de material.

Reguera rematou a visita destacando "o gran traballo que se leva a cabo nesta asociación e que mellora a vida de decenas de persoas". Ademais, despediuse lembrando a importancia de manter unha "colaboración produtiva e constante entre a Xunta e as asociacións galegas.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23216 {"title":"A Xunta axuda con 90.000 euros á asociación Iris Social de Marín","published_date":"2024-03-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773450\/1iris+social.jpeg","id":"23216"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-22/23216-xunta-axuda-90-000-euros-asociacion-iris-social-marin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.