A delegación da Xunta acolle a reunión preparatoria para o simulacro de emerxencia no edificio administrativo

Imagen del artículo A delegación da Xunta acolle a reunión preparatoria para o simulacro de emerxencia no edificio administrativo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, presidiu a xuntanza celebrada coas forzas e corpos de seguridade para coordinar o Plan de Autoprotección

Vigo, 5 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presidiu este venres a reunión preparatoria para o simulacro de emerxencia que acollerá proximamente o edificio administrativo do Goberno galego na cidade. A representante autonómica convocou a xuntanza á que asistiron as forzas e corpos de seguridade para coordinar aos equipos que se despregarán durante o exercicio e agradeceu a asistencia e cooperación de todos os estamentos.

"O obxectivo é estar preparados e contar cunhas directrices claras para poder preparar o simulacro que nos permita actuar da mellor forma posible en caso dunha emerxencia real", sinalou a delegada territorial. Ademais de Policía Nacional, Garda Civil, Protección Civil, 061 e Bombeiros de Vigo, tamén asistiron responsables da Autoridade Portuaria e do Consorcio da Zona Franca.

Ana Ortiz tamén destacou que o simulacro que se realizará na sede da delegación territorial de Vigo durará aproximadamente unha hora e media e terá como finalidade poñer a proba o Plan de Autoprotección do edificio administrativo, ademais de formar aos centos de traballadores que cada día acoden ao seu posto de traballo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23437 {"title":"A delegación da Xunta acolle a reunión preparatoria para o simulacro de emerxencia no edificio administrativo","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773492\/20240405+Reunion+simulacro.jpg","id":"23437"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23437-delegacion-da-xunta-acolle-reunion-preparatoria-simulacro-emerxencia-edificio-administrativo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.