A Xunta convoca a II Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade

  • Desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública de maneira presencial o 25 de abril, segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) convoca a II Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade dirixida ás forzas e corpos de seguridade, ademais de persoal da xudicatura, do Ministerio Fiscal e profesionais dedicados a dar resposta ante incidentes, investigación ou a análise forense de equipos informáticos. De feito, o DFIR ( (Digital Forensic & Incident Response) baséase na análise forense dixital dun equipo informático co obxectivo de detectar a orixe e as causas dun incidente ou fallos de seguridade, que de forma proactiva permitirá previr posibles ataques informáticos. 

Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a acción formativa desenvolverase de maneira presencial o 25 de abril e terá unha duración de 8 horas. A xornada estrutúrase en sesións de contido teórico e práctico. Así, pola mañá, haberá conferencias sobre Intelixencia Artificial aplicada ao mundo da ciberseguridade, regulamento, medios de pago e criptomoedas. 

Xa pola tarde, impartiranse obradoiros especializados da man de expertos tanto no eido académico como profesional. Estes talleres centraranse nas bases forenses para aplicacións contenerizadas e na análise forense de redes, de malware e en sistemas Linux.

As persoas interesadas nesta xornada deberán cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal. O prazo de inscrición remata o 22 de abril ás 14,00 horas.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23496 {"title":"A Xunta convoca a II Xornada DFIR Galicia de cibercriminalidade","published_date":"2024-04-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23496"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-09/23496-xunta-convoca-ii-xornada-dfir-galicia-cibercriminalidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.