A Xunta impulsa o encontro arredor do sector da enerxía e do eido local co apoio ás feiras Enerxétika e ExpoMunicipal que comezan hoxe en Silleda

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participaron na inauguración dos eventos
  • A dobre cita desenvolverase na Feira Internacional de Galicia ABANCA ata o sábado, con 520 firmas de 24 países e un amplo programa de actividades

Silleda (Pontevedra), 11 de abril de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participaron na inauguración da cuarta edición da feira da enerxía Enerxétika e da  estrea da feira de servizos municipais ExpoMunicipal, que comezaron hoxe na Feira Internacional de Galicia ABANCA. A dobre cita desenvolverase ata o sábado con 520 firmas de 24 países e un amplo programa de actividades. 

Segundo sinalou a directora xeral de Administración Local, ExpoMunicipal nace "cunha vocación clara de servir os concellos galegos". O evento, apuntou, ofrécelles aos xestores municipais un punto de encontro onde afondar na oferta de solucións existente no mercado para a prestación duns servizos de calidade á veciñanza, grazas aos máis de 70 expositores directos, procedentes de seis países. A maiores, suporá tamén un foro de intercambio de experiencias e coñecementos, especialmente a través do congreso Concellos 2030 que integra e no que se abordarán temas como o ciclo da auga, a mobilidade urbana, o aforro enerxético ou a xestión dos residuos.

Por outra banda, Natalia Prieto destacou o interese da conxunción de ExpoMunicipal e Enerxética para os seus respectivos sectores polas sinerxías entre ambas as temáticas, xa que a eficiencia enerxética está entre as principais preocupacións entre as administracións locais. Nesta liña lembrou o apoio da Xunta aos concellos para impulsar medidas que favorezan o aforro e o confort nas súas instalacións, con liñas de axuda como a Orde de infraestruturas de uso público, o Fondo de Compensación Ambiental, o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local ou a nova orde plurianual destinada especificamente a obras de mellora enerxética. Todas elas suman un orzamento de case 22 millóns de euros.

Galicia, referente en renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, e director do Instituto Enerxético de Galicia, Pablo Fernández Vila, tamén estivo presente na inauguración da feira, que definiu como un espazo de converxencia entre empresas, institucións, profesionais e consumidores nun contexto de vital importancia para o sector.

Fernández Vila sinalou que é un evento necesario en Galicia por ser un referente en enerxía renovable. E lembrou que así o constatan os datos de xeración eléctrica de 2023, que indican que a produción renovable na Comunidade aumentou un 23,9% respecto ao ano anterior, ata acadar o 75,3% de toda a electricidade xerada en Galicia o pasado ano, a terceira porcentaxe de participación das renovables no mix enerxético rexional máis alto de España.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23559 {"title":"A Xunta impulsa o encontro arredor do sector da enerxía e do eido local co apoio ás feiras Enerxétika e ExpoMunicipal que comezan hoxe en Silleda","published_date":"2024-04-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887131\/20240411DXALInauguracionEnerxetikaExpoMunicipal12.jpeg","id":"23559"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-11/23559-xunta-impulsa-encontro-arredor-do-sector-da-enerxia-e-do-eido-local-co-apoio-as-feiras-enerxetika-e-expomunicipal-comezan-hoxe-silleda https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.