O director xeral de Emerxencias e Interior recibe a directora xeral de Protección Civil do Ministerio do Interior

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O encontro entre Santiago Villanueva e Virginia Barcones permitiu abordar a posible colaboración entre ambas as institucións en materia de emerxencias

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) a directora xeral de Protección Civil do Ministerio do Interior, Virginia Barcones. O encontro supuxo unha primeira toma de contacto coa nova responsable do departamento estatal co obxectivo de colaborar de maneira conxunta e coordinada entre ambas institucións no ámbito da atención ás emerxencias. 

Á reunión tamén asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e posteriormente, visitaron parte das instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia. 

Santiago Villanueva incidiu na necesidade de colaboración entre as administracións na xestión das emerxencias, tanto nas tarefas de prevención como na coordinación entre os efectivos dos distintos servizos de emerxencias durante as intervencións para ser máis eficaces e garantir a seguridade da cidadanía. Deste xeito, no encontro de hoxe abordouse precisamente a importancia desa colaboración de cara á renovación da Estratexia Nacional de Protección Civil coa finalidade de anticiparse a episodios extremos, sobre todo os relacionados co cambio climático. 

Ademais, instou a traballar na incorporación das novas tecnoloxías que contribúan a unha sociedade galega segura e na utilidade da innovación para dar resposta aos retos do servizo de Protección Civil. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23118 {"title":"O director xeral de Emerxencias e Interior recibe a directora xeral de Protección Civil do Ministerio do Interior","published_date":"2024-03-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773441\/20240319DXEEIReunionDirectoraXeralPCMinisterioInterior3.jpeg","id":"23118"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-19/23118-director-xeral-emerxencias-e-interior-recibe-directora-xeral-proteccion-civil-do-ministerio-do-interior https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.