A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade á biblioteca de Poio cunha achega de 40.000€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as instalacións para coñecer o resultado das accións executadas no marco da Orde de infraestruturas de uso público
  • Instalouse un ascensor con acceso directo ao exterior do edificio e modificáronse os aseos do primeiro andar

Poio (Pontevedra), 22 de marzo de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe o concello de Poio para coñecer as melloras de accesibilidade realizadas na biblioteca municipal coa colaboración da Xunta. As obras contaron cunha achega autonómica que ascendeu a 40.000 euros no marco da Orde de infraestruturas de uso público.

A través desta iniciativa instalouse un ascensor para comunicar as dúas plantas do edificio mediante a construción dun volume engadido ao edificio orixinal. Deste xeito, o elevador ten acceso directo á parcela exterior, comunicada coa vía pública a través dunha rampla. Ademais modificáronse os aseos do primeiro andar para garantir tamén a súa accesibilidade a persoas con discapacidade.

A directora xeral destacou a importancia de apoiar os concellos na mellora das infraestruturas municipais, co obxectivo de garantirlle á veciñanza instalacións accesibles, eficientes e confortables, así como a prestación dos servizos nas mellores condicións para as persoas traballadoras e usuarias. Neste marco de acción, Natalia Prieto sinalou que a Xunta inviste un ano máis 3,5 millóns de euros a través da Orde de infraestruturas de uso público, unha liña de axudas que beneficiou o pasado ano máis dun cento de administracións locais en toda Galicia, 17 delas na provincia de Pontevedra.

A esta medida súmanselle ademais o Fondo de Compensación Ambiental, que conta con máis de 11 millóns de euros de orzamento, e o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local, con 5 millóns de euros. Como novidade este ano, os concellos dispoñen tamén dunha orde plurianual destinada a obras de mellora enerxética, cun orzamento de 5,3 millóns de euros cofinanciados con Fondos Feder para o período 2024-2025.

A través do conxunto de liñas convocadas en 2023 investíronse 27,2 millóns de euros no impulso a máis de 600 proxectos municipais. A directora xeral enmarcou estes apoios no compromiso do Goberno galego co eido local e, especialmente, coa veciñanza dos concellos de menor poboación para garantir recursos públicos de calidade en todo o territorio.

Investimento de 300.500 euros 

No que respecto ao concello de Poio, a colaboración da Xunta no impulso aos seus proxectos municipais no marco destas medidas sumou nos últimos anos 300.500 euros, con iniciativas como a adquisición de vehículos eficientes para servizos municipais ou melloras no abastecemento. A maiores, só en 2023 este concello recibiu medio millón de euros do fondo base de Fondo de Cooperación Local.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23204 {"title":"A Xunta impulsa a mellora na accesibilidade á biblioteca de Poio cunha achega de 40.000€","published_date":"2024-03-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773450\/20240322DXALVisitaPoioInfraestruturas3.jpeg","id":"23204"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-22/23204-xunta-impulsa-mellora-na-accesibilidade-biblioteca-poio-cunha-achega-40-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.