A Xunta apoia a formación en prevención e seguridade nunha nova edición de 'Previsel'

  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja participaron na inauguración do 17º Salón da Prevención e Seguridade Laboral 
  • O Goberno galego aposta pola cualificación e a preparación no eido das emerxencias a través da Academia Galega de Seguridade Pública e de diversos exercicios e simulacros ao longo do ano
  • O Issga leva ao evento as últimas campañas centradas nos salóns de peiteado e nos centros de augas minerais e termais

Ourense, 13 de marzo de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja participaron hoxe na inauguración do 17º Salón da Prevención e Seguridade Laboral (Previsel), que se celebra un ano máis en Expourense co apoio da Xunta. Na súa intervención, Villanueva destacou a importancia deste encontro único en Galicia a prol da divulgación e a cualificación para evitar e afrontar riscos nas contornas laborais. Neste sentido, salientou o labor realizado pola Xunta en materia de emerxencias a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), e os exercicios e simulacros de plans de emerxencia de protección civil.

Segundo sinalou o director xeral, a Agasp organiza cada ano diversas accións formativas para dotar tanto os membros das forzas e corpos de seguridade coma o persoal dos equipos de emerxencia municipais dos recursos precisos para desenvolver o seu labor con seguridade e garantir a protección da cidadanía. Desde a súa posta en funcionamento en 1993 formou arredor de 170.000 persoas.

A maiores, referiuse ao apoio da Xunta ao traballo preventivo e de intervención das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) e dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), con axudas ao equipamento, que suman 26 millóns de euros nos últimos anos, e ao funcionamento, con 340.000 euros anuais. 

Por outra banda, Villanueva destacou á importancia dos exercicios e simulacros de plans de emerxencia de protección civil para a coordinación entre os grupos operativos e a avaliación da capacidade para a toma de decisión dos órganos de xestión. 

O director xeral incidiu en que, neste sentido, a Xunta aprobou en 2022 o decreto que actualiza o catálogo de actividades, centros, establecementos, espazos, instalacións ou dependencias dos que as persoas titulares teñen a obriga de elaborar e rexistrar plans de autoprotección (PAU), co obxectivo de controlar os riscos sobre as persoas ou bens para dar unha resposta adecuada e garantir a súa  integración no sistema público de protección civil. O decreto establece tamén as medidas mínimas de protección que deben contemplar os plans de autoprotección e actuacións para axilizar o procedemento de rexistro.

Ademais, Previsel conta un ano máis coa participación da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) que instalou o seu Posto de Mando Avanzado, onde se pode ver de primeira man a tecnoloxía utilizada nesta unidade móbil para intervencións en caso de accidente ou catástrofe.

Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo

A Administración autonómica colabora tamén con este evento no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, que avoga pola saúde integral das persoas traballadoras, o crecemento económico e social das empresas e organizacións e polo benestar laboral.

No salón Previsel, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentará a campaña do Issga de prevención do risco químico nas tarefas de manicura profesional e tratamentos para pestanas en perruquerías e centros de estética. O uso de distintos produtos cosméticos pode resultar perigoso para os profesionais que os aplican se non se adoptan medidas oportunas. Esta exposición pode dar lugar a danos na saúde: para a pel, o sistema respiratorio, os ollos, ou influír negativamente nas  traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural.

O Issga dará a coñecer, por outra banda, a iniciativa Prevención de riscos laborais en augas minerais e termais, que pon o foco nos establecementos de augas minerais e termais para minimizar os riscos laborais nestas actividades. Elaborouse un documento técnico, coa colaboración do sector, enfocado tanto ao persoal traballador como á propia empresa. As condicións ambientais, os trastornos musculoesqueléticos, o uso de equipos de protección individual ou os primeiros auxilios son algúns dos aspectos subliñados.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22975 {"title":"A Xunta apoia a formación en prevención e seguridade nunha nova edición de 'Previsel'","published_date":"2024-03-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"22975"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-13/22975-xunta-apoia-formacion-prevencion-e-seguridade-nunha-nova-edicion-previsel https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.