A Xunta destina 472.000 euros a 14 novos proxectos turísticos para o litoral de oito concellos da Mariña

Imagen del artículo A Xunta destina 472.000 euros a 14 novos proxectos turísticos para o litoral de oito concellos da Mariña

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do 2023 para embelecemento dos recursos e introdución de medidas sustentables, dixitais, accesibles ou inclusivas
  • Súmanse ás 10 propostas financiadas na primeira fase cun orzamento de 286.000 euros

Lugo, 11 de abril de 2024

A Xunta de Galicia vén de resolver a segunda das convocatorias realizadas o pasado ano do programa de axudas destinado a concellos galegos para o embelecemento do litoral e o impulso do seu uso turístico. Na provincia de Lugo suma un investimento de 472.200 euros distribuídos entre 14 proxectos de oito concellos da Mariña.

Os apoios están orientados á mellora dos recursos e á introdución de medidas sustentables, dixitais, accesibles ou inclusivas, financiando propostas como a instalación ou reforma de casetas de información, postos de socorro e aseos, acondicionamento de sendeiros, creación de app turísticas ou instalación de elementos interactivos, entre outras.

As achegas veñen a sumarse ás concedidas na primeira convocatoria: 286.000 euros para 10 proxectos en sete concellos. Deste xeito, no cómputo anual esta liña de axudas permitiu desenvolver seis iniciativas no Vicedo; tres en Xove, Cervo, Ribadeo, Viveiro e Foz; dúas en Burela e uha en Barreiros.

Esta é unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation, que conta cun orzamento global de 29,3M€. Enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camiño á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos.

Inclúe a posta en marcha de medidas transversais destinadas ao litoral galego como dúas convocatorias anteriores para concellos e establecementos para rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, xa resoltas, así como a construción da senda do litoral de Galicia. Por outra banda, no marco deste Plan Territorial do Litoral as entidades locais están executando distintos Plans de Sostibilidade Turística en Destino.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23549 {"title":"A Xunta destina 472.000 euros a 14 novos proxectos turísticos para o litoral de oito concellos da Mariña","published_date":"2024-04-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887131\/LitoralLugo.jpg","id":"23549"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-11/23549-xunta-destina-472-000-euros-14-novos-proxectos-turisticos-litoral-oito-concellos-da-marina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.