A Xunta apoia a mellora da captación de auga da comunidade de usuarios de Guimarei

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, comprobou o resultado das accións executadas ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria
  • O Goberno galego investiu máis de 5.200 euros na construción dunha nova arqueta, un novo depósito de acumulación e un novo entubado de conexión co obxectivo de evitar perdas de auga e a contaminación por restos de vexetación

Cuntis (Pontevedra), 3 de abril de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe os usuarios da comunidade de usuarios de Guimarei, e comprobou as melloras realizadas na instalación de captación de augas ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria, dirixidas a entidades veciñais, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

A Xunta destinou máis de 5.200 euros aos traballos de construción dunha nova arqueta de captación e dun novo depósito de acumulación de 5.000 litros. Tamén se colocou un novo entubado para conectar o novo depósito coa canalización existente. 

Natalia Prieto explicou que, con estas obras, conseguiuse mellorar a captación e evitar importantes perdas por fisuras na arqueta, ao mesmo tempo que se conseguiu frear a entrada de restos de vexetación que contaminaban a auga. 

Tamén lembrou que xa se publicou a convocatoria deste ano de Plan específico de acción comunitaria, ao que se suma cada ano un importante número de colectivos veciñais, de mulleres e de usuarios de augas como a de Guimarei. 

A orde conta cun orzamento de 3 millóns de euros, dos que 2,5 millóns de euros son para facilitar a execución de obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais onde as entidades veciñais e de mulleres rurais desenvolven a súa actividade e para obras de mellora, reforma e reparación de infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias promovidas por comunidades de usuarios de augas. 

Cos 500.000 euros restantes finánciase a compra do equipamento para o funcionamento das organizacións beneficiarias: mobiliario, material de oficina, equipamento informático ou acústico e audiovisual,  e outros recursos para actividades específicas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23366 {"title":"A Xunta apoia a mellora da captación de auga da comunidade de usuarios de Guimarei","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23366"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23366-xunta-apoia-mellora-da-captacion-auga-da-comunidade-usuarios-guimarei https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.