A Xunta publica a convocatoria extraordinaria para o recoñecemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia

  • O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o novo acordo entre o Goberno galego e as forzas sindicais representadas na mesa sectorial para ampliar o acceso ao réxime extraordinario
  • A estimación é que uns 400 traballadores poidan acollerse a esta nova convocatoria e mellorar os complementos retributivos
  • O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días hábiles contados a partir deste luns, día 8 

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo entre a Xunta e as forzas sindicais representadas na mesa sectorial de xustiza para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao recoñecemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Deste xeito, ábrese unha nova convocatoria para facilitarlles aos traballadores que non cumprían os requisitos nos primeiros prazos o acceso aos graos I e II. Isto suporalles melloras nas anualidades e nas porcentaxes dos seus complementos retributivos.

O novo acordo enmárcase no pactado por unanimidade en 2022 na mesa sectorial para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. O obxectivo é ampliar as melloras a uns 400 traballadores públicos dos corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial.

Así, nesta nova convocatoria extraordinaria para acceder aos novos graos de recoñecemento profesional, ademais de estar en situación de servizo activo na Administración de Xustiza en Galicia, para o acceso ao grao I requírese contar cunha antigüidade de cinco anos ao remate de marzo deste ano. No acceso ao grao II a antigüidade requirida ascende aos 11 anos, tamén ao remate do vindeiro mes. Ademais en ambos os casos será preciso cumprir con un dos criterios de avaliación fixados no propio acordo en función do grao.  

Procedemento e prazo

A solicitude do recoñecemento dos graos con carácter extraordinario ten carácter voluntario por parte da persoa interesada e tense que realizar de forma telemática, a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX). O prazo para facelo é de 30 días hábiles contados a partir deste luns, día 8. Os novos recoñecementos van supoñer un investimento de case 500.000 euros entre 2024 e 2025.

Con esta medida o Goberno galego mellora, a falta da regulación estatal da carreira profesional por Real Decreto, o acordado en 2020 que establecía o sistema de carreira profesional do persoal da Administración de Xustiza galega. O obxectivo é seguir a avanzar no desenvolvemento da traxectoria profesional, co compromiso firme da Xunta de Galicia con este persoal de corpos nacionais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23421 {"title":"A Xunta publica a convocatoria extraordinaria para o recoñecemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia","published_date":"2024-04-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23421"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-05/23421-xunta-publica-convocatoria-extraordinaria-reconecemento-da-traxectoria-profesional-do-persoal-ao-servizo-da-administracion-xustiza-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.