O DOG publica hoxe a convocatoria de novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas autonómicas de interinos de habilitados nacionais

  • O prazo para a presentación das novas solicitudes ás bolsas de secretaría-intervención, secretaría de entrada e intervención-tesouraría de entrada e das actualizacións ábrese mañá e prolóngase 15 días hábiles

Santiago de Compostela,  2 de abril de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a  convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas. Trátase da cuarta convocatoria de acceso ás bolsas de secretaría-intervención, secretaría de entrada e intervención-tesouraría de entrada, tras as realizadas en 2017, 2019 e 2021. 

Deste xeito, o Goberno galego busca dar resposta ás necesidades de persoal detectadas nas entidades locais e ao incremento de postos vacantes nos concellos con estas novas inclusións. Ademais, a convocatoria outórgalles a posibilidade de actualizar méritos aos actuais integrantes das bolsas. 

Na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) poden obterse os formularios necesarios para realizar desde mañá e durante o prazo de 15 días hábiles a presentación das novas solicitudes co código PR410A, e co PR410B para presentar as peticións de actualizacións de méritos. 

Nas tres convocatorias efectuadas ata agora producíronse 270 incorporacións nas listas autonómicas, ás que se sumarán as que sexan admitidas e superen tanto o proceso selectivo como o curso de formación da publicada hoxe. En concreto, producíronse 125 integracións na subescala de secretaría-intervención, 78 na de secretaría de entrada e 67 na de intervención-tesouraría de entrada.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23340 {"title":"O DOG publica hoxe a convocatoria de novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas autonómicas de interinos de habilitados nacionais","published_date":"2024-04-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23340"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-02/23340-dog-publica-hoxe-convocatoria-novas-inclusions-e-actualizacion-meritos-nas-bolsas-autonomicas-interinos-habilitados-nacionais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.