Galicia e outras rexións e cidades europeas reivindican o seu papel no futuro da UE durante o Cume de Mons

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Imagen del artículo Galicia e outras rexións e cidades europeas reivindican o seu papel no futuro da UE durante o Cume de Mons

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, estivo entre os representantes electos reunidos
  • Trátase do maior evento organizado polo Comité Europeo das Rexións, que cumpre tres décadas coincidindo coa xuntanza 

Bruxelas, 19 de marzo de 2024

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na décima edición do Cume Europeo das Rexións e das Cidades, celebrado na cidade valona de Mons onte e hoxe. Concibido para reunir os representantes europeos electos a nivel rexional e local, trátase do maior evento organizado polo Comité Europeo das Rexións (CdR), que celebrou o seu 30º aniversario coincidindo coa xuntanza.  

Durante as dúas xornadas abordáronse algúns dos retos que afrontarán as rexións e cidades europeas durante os próximos anos e a súa visión sobre o futuro de Europa. Dita visión quedou plasmada na Declaración de Mons, na que os representantes reivindicaron ter un papel protagonista de cara á formulación da próxima axenda estratéxica da Unión Europea e das prioridades políticas da vindeira Comisión.

A crise climática, a inversión comunitaria, a innovación dixital, a gobernanza multinivel efectiva e o futuro da política de cohesión foron algúns dos retos da UE sobre os que versaron tanto as sesións plenarias e mesas redondas celebradas durante o Cume Europeo das Rexións e das Cidades como a declaración que lle puxo o broche.

O contido desta última baseouse no ditame sobre o futuro da política de cohesión aprobado polo CdR no seu pleno 158, documento co que se converteu no primeiro órgano europeo en fixar unha posición neste eido para o período a partir de 2027. Precisamente, un dos debates que tiveron lugar no marco do cume foi o protagonizado pola Alianza para a Cohesión sobre o papel da unión para abordar os desafíos que afronta a UE.

Comité Europeo das Rexións

O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais europeos, creada hai tres décadas por medio do Tratado de Maastricht, no 1994. Os seus 329 membros asesoran ás institucións da Unión Europea sobre as leis que teñen un impacto sobre as rexións e cidades, un 70% da lexislación comunitaria.

https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
23108 {"title":"Galicia e outras rexións e cidades europeas reivindican o seu papel no futuro da UE durante o Cume de Mons","published_date":"2024-03-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773441\/Cumio.jpg","id":"23108"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-19/23108-galicia-e-outras-rexions-e-cidades-europeas-reivindican-seu-papel-futuro-da-ue-cume-mons https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.