A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña manteñen o compromiso co servizo comarcal de bombeiros de Santiago

Imagen del artículo A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña manteñen o compromiso co servizo comarcal de bombeiros de Santiago

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Representantes de todas as administracións implicadas mantiveron hoxe unha xuntanza na que o concello compostelán se comprometeu a enviar a documentación técnica precisa para avanzar na tramitación de cara á sinatura ao longo deste ano do convenio de comarcalización

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, conformado pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, mantén o seu compromiso de colaboración co concello de Santiago de Compostela para avanzar na comarcalización do servizo de bombeiros, tal e como se reafirmou nunha xuntanza mantida hoxe entre representantes das administracións implicadas.

Así, tal e como se establecera xa en xuntanzas anteriores, o investimento por parte da Xunta e a Deputación, compartido ao 50%, ascenderá a tres millóns de euros, dos que dous millóns  irán a sufragar as obras do novo parque e un millón anual para financiar o funcionamento deste servizo comarcal. Tanto a Deputación como a Xunta de Galicia teñen xa consignadas estas partidas económicas nos seus orzamentos deste ano.

Pola súa banda, o concello de Santiago encargarase da contratación do persoal, da licitación do servizo e da contratación das obras precisas. A administración local comprometeuse a enviar a documentación técnica precisa para avanzar na tramitación de cara á sinatura ao longo deste ano do convenio para a comarcalización do servizo de bombeiros, que podería comezar a prestarse de forma provisional desde as instalacións actuais do parque de bombeiros de Santiago.

No encontro celebrado hoxe participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o deputado provincial José Ramón Rioboo, e o concelleiro de mobilidade, convivencia e centros socioculturais, Xan Duro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
22955 {"title":"A Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña manteñen o compromiso co servizo comarcal de bombeiros de Santiago","published_date":"2024-03-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/662116\/20240312DXEEIComarcalizacionParqueBombeirosSantiago1.jpg","id":"22955"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-12/22955-xunta-galicia-e-deputacion-da-coruna-mantenen-compromiso-co-servizo-comarcal-bombeiros-santiago https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.