A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Castrelo de Miño

  • O lume afectou 0,33 hectáreas e produciuse polo escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade precisas

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado 4 de abril en Castrelo de Miño. O lume afectou 0,33 hectáreas de superficie rasa na parroquia de Barral.  

O incendio rexistrouse polo escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade precisas. Na extinción do lume participaron un axente forestal, dúas brigadas e unha motobomba.

A Policía Autonómica remitiulle as dilixencias por estes feitos, que se saldaron cunha persoa investigada, ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. Trátase da primeira persoa investigada no que vai de ano como presunta autora dun incendio forestal.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23546 {"title":"A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Castrelo de Miño","published_date":"2024-04-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23546"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-11/23546-policia-autonomica-esclarece-incendio-forestal-concello-ourensan-castrelo-mino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.