Ana Ortiz anima ao alumnado do obradoiro dual Vigo Capacita IX, no que a Xunta inviste 531.000 euros, a "aproveitar a oportunidade dunha formación especializada"

Imagen del artículo Ana Ortiz anima ao alumnado do obradoiro dual Vigo Capacita IX, no que a Xunta inviste 531.000 euros, a aproveitar a oportunidade dunha formación especializada

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial da Xunta visitou aos participantes desta iniciativa laboral na que un total de 20 vigueses recibien formación nas especialidades de cociña e servizo de restauración
  • Destacou o compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego e un tipo de cualificación orientada a cubrir as demandas reais das empresas da contorna

Vigo, 3 de abril de 2024

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este mércores o obradoiro de emprego de formato dual Vigo Capacita IX, no que se ofrece formación e traballo a 20 persoas desempregadas durante doce meses, e que conta cun investimento de 531.046 euros por parte da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.

Durante a visita ao Centro Veciñal e Cultural de Valadares, onde se leva a cabo o curso, a representante autonómica destacou o compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego e un tipo de formación de calidade, enfocada a cubrir as demandas reais das empresas do entorno.

No caso concreto de Vigo Capacita IX, os participantes reciben desde novembro de 2023 a novembro de 2024 formación nas especialidades de cociña e servizos de restauración, elaborando menús para o comedor social "La Sal de la Tierra", para actos organizados pola Fundación Érguete-Integración ou o propio Centro Veciñal e Cultural de Valadares, entre outras actividades que inclúen almorzos saudables, degustacións e difusión de receitas nas redes sociais.

"Aproveitade esta oportunidade porque o voso é un dos perfís de maior demanda e de máis difícil cobertura en Galicia, abríndoos así un amplo abano de posibilidades, trátase dunha gran ocasión para recibir formación especializada", sinalou Ortiz. 

Ademais do obradoiro adicado a Vigo, a delegada indicou que xa está en marcha unha nova achega de 531.046,20 euros para a segunda edición do obradoiro Coidando o Miñor III, concedidos a través da Mancomunidade do Val Miñor, e outros 265.523,10 euros para o III Obradoiro Forestal Montes de Vigo, a través da Mancomunidade de Montes.

Ademais, Mos promove a iniciativa Queda en Mos; Salceda de Caselas conta co curso Reformas e Melloras de Centros Formativos e Cívicos 2023; Salvaterra de Miño ten o Salvaterra Emprega III; Cangas puxo en marcha Granxa da Rúa XII; Redondela a cuarta edición do Redondela Máis que Bela IV; O Porriño desenvolve o obradoiro Porremprego Cualifica II, e Moaña o taller Labora VII.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23383 {"title":"Ana Ortiz anima ao alumnado do obradoiro dual Vigo Capacita IX, no que a Xunta inviste 531.000 euros, a \"aproveitar a oportunidade dunha formación especializada\"","published_date":"2024-04-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773486\/20240403+Obradoiro+Emprego+Vigo+Capacita_01.jpg","id":"23383"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-03/23383-ana-ortiz-anima-ao-alumnado-do-obradoiro-dual-vigo-capacita-ix-xunta-inviste-531-000-euros-aproveitar-oportunidade-dunha-formacion-especializada https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.