A Xunta financia o proxecto de embelecemento da Alameda de Moaña cunha achega de 45.000 euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este luns a zona na que a vella fonte cibernética converterase nunha nova instalación destinada á cidadanía

Moaña (Pontevedra), 15 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns, xunto á alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, a alameda na que o Goberno galego impulsa con preto de 45.000 euros o proxecto de embelecemento turístico para retirar a vella fonte cibernética e adicar o espazo a unha instalación para a cidadanía.

A Axencia Turismo de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria desta liña de axudas destinada a accións que afonden na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, accións de transición dixital e de accesibilidade inclusiva en concellos galegos coa finalidade de potenciar o seu uso turístico.

O Concello de Moaña é un dos 41 concellos galegos beneficiados desta convocatoria coa que se impulsarán un total de 64 proxectos que abranguen melloras paisaxísticas en diferentes contornas, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, sinalización e mellora de sendeiros, entre outras.

No caso de Moaña, que recibirá unha axudas por un valor de 45.000 euros, executará a corrección da transformación da paixase litoral da alameda de Moaña debido á instalación dunha fonte cibernética hai máis de 20 anos.

Baiona e Soutomaior

O Concello de Baiona, pola súa banda, recibe unha achega autonómica de 14.000 euros para a creación dunha Gimkana dixital, mentres que o Concello de Soutomaior porá en marcha a dinamización de contidos de interese turístico no municipio con outros 14.000 euros.

Esta liña de axudas, cun investimento global de máis de 2,7 M€, é unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation e dentro do que as entidades locais están a executar distintos Plans de Sostibilidade Turística en Destino. O Plan Territorial que conta con 29,3 M€ de fondos, enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camiño á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23597 {"title":"A Xunta financia o proxecto de embelecemento da Alameda de Moaña cunha achega de 45.000 euros","published_date":"2024-04-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887158\/delevigolara1.jpg","id":"23597"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-15/23597-xunta-financia-proxecto-embelecemento-da-alameda-moana-cunha-achega-45-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.