A Xunta difunde o labor da Policía local na feira das profesións celebrada en Brión

Imagen del artículo A Xunta difunde o labor da Policía local na feira das profesións celebrada en Brión

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou o evento con motivo da participación do alumnado da 16ª promoción deste corpo policial, que se está a formar na Academia Galega de Seguridade Pública

Brión (A Coruña), 4 de abril de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Feira das profesións con motivo da participación do alumnado da 16ª promoción da Policía Local, que se está a formar na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Coa implicación neste evento organizado polos departamentos de orientación dos institutos de ensino secundario de Ames, Brión e Negreira, a Xunta quere divulgar o traballo realizado polo corpo policial máis próximo á veciñanza e poñer en valor esta profesión como saída laboral.

Así, a mocidade que se achegue a este espazo ao longo da xornada poderá coñecer de primeira man o proceso para converterse en Policía Local, e as diferentes motivacións para elixir esta profesión. Ademais, no expositor terá a oportunidade de achegarse aos materiais de apoio que utilizan no seu labor a prol da seguridade cidadá. Trátase da primeira vez que unha representación deste corpo policial participa na feira, dirixida especialmente a alumnado de cuarto da ESO e de Bacharelato.A 16ª promoción de Policía Local está integrada por máis dun cento de aspirantes á categoría de policía, na escala básica, que están a formarse na Agasp desde o pasado febreiro para finalizar en outubro. Trátase das persoas que superaron os procesos selectivos da categoría de policía nos diferentes concellos de Galicia e que, unha vez superado o curso selectivo, serán nomeadas persoal funcionario en prácticas A formación ten unha duración de 1.400 horas lectivas, das que 500 se corresponden con prácticas nos respectivos concellos.

Destes aspirantes, 89 proceden dos concellos adheridos á convocatoria unificada. A meirande parte son da Coruña, con 30 aspirantes, mentres que as cidades de Vigo e Lugo contan con nove aspirantes cada unha delas, Padrón con catro e Carballo con tres. Os 34 restantes distribúense entre Ames, Baiona, Bergondo, Betanzos, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Marín, Muxía, Narón, Noia, Ponteareas, Porto do Son, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilanova de Arousa, con unha ou dúas prazas.

A eles súmase alumnado dos concellos das Pontes de García Rodríguez, Culleredo, Oleiros, Sarria, Monforte de Lemos e Cambados. Trátase de localidades que non están adheridas á convocatoria unificada pero que teñen os procesos selectivos en marcha e reservaron praza no curso.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23407 {"title":"A Xunta difunde o labor da Policía local na feira das profesións celebrada en Brión","published_date":"2024-04-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773489\/20240404DXEEIFeiraProfesionsAgasp2.jpeg","id":"23407"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-04/23407-xunta-difunde-labor-da-policia-local-na-feira-das-profesions-celebrada-brion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.