A Academia Galega de Seguridade Pública impartiu máis de 400 cursos en 2023 coa participación de máis de 12.600 efectivos dos corpos e forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias da comunidade

Imagen del artículo A Academia Galega de Seguridade Pública impartiu máis de 400 cursos en 2023 coa participación de máis de 12.600 efectivos dos corpos e forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias da comunidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Do total, 235 accións formativas centráronse na área de seguridade pública e 175 na de emerxencias, con máis de 7.000 e 5.600 participantes respectivamente
  • O Goberno galego comproba a efectividade dos plans de emerxencias de Protección Civil cunha ducia de simulacros cos que facerlle fronte a unha hipotética situación de emerxencia e comprobar a eficacia das medidas deseñadas

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2024

A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) impartiu o ano pasado máis de 400 actividades que facilitaron a formación de máis de 12.600 integrantes dos corpos e forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias que traballan en Galicia. Do total das accións formativas, 235 centráronse na área de seguridade pública e 175 na de emerxencias, con máis de 7.000 e 5.600 participantes, respectivamente.

No eido da seguridade pública, a maioría das accións desenvolvidas enmárcanse na formación continua dirixida especialmente a persoal da Policía Local, ao que se destinan 29 actividades distintas con 600 participantes.

Outras 79 accións formativas destináronse de xeito específico a persoal da Garda Civil, con máis de 2.200 participantes; 35 á Policía Nacional, con 775 persoas inscritas; e 4 á Policía Autonómica, coa asistencia de 55 axentes. A elas súmanse 14 cursos de control de acceso, cursos básicos de auxiliares de Policía Local e outras actividades con 733 persoas diplomadas.

Ademais, as actividades conxuntas destinadas ás distintas forzas e corpos de seguridade suman un total de 74 para máis de 2.600 efectivos.

Área de emerxencias

Pola súa banda, a meirande parte dos cursos de emerxencias destináronse á formación do voluntariado de Protección Civil. Así, realizáronse 14 edicións de cursos básicos e 69 edicións de formación continua, con máis de 1.900 participantes en total.

Tamén se realizaron 32 edicións de formación continua para 843 efectivos de servizos de extinción de incendios e salvamento, grupos de emerxencias supramunicipais e servizos municipais de protección civil e emerxencias, tanto de carácter transversal como específicos. Destaca un curso realizado sobre intervención en emerxencias para os concellos con grupos de emerxencias supramunicipais (GES), no que se convocaron 25 prazas.

Por outra parte, máis de 2.500 integrantes dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais recibiron o ano pasado 51 actividades formativas con contido relativo a operacións e técnicas de extinción de lumes forestais, no marco do convenio entre a Agasp e a Consellería do Medio Rural.

Ademais, realizáronse 9 actividades dirixidas ás persoas interesadas en exercer a profesión de salvamento e socorrismo na comunidade galega, así como para aquelas persoas que xa exercen a profesión de socorrismo e necesitan reciclarse na devandita materia. Participaron 234 persoas.

Apoio aos servizos de emerxencias e plans de Protección Civil

A maiores desta formación, as principais actuacións para garantir a eficacia dos plans de protección civil autonómica inclúen exercicios e simulacros, información á poboación e a actualización de procedementos e manuais operativos. En 2023 leváronse a cabo 12 simulacros: un en cada un dos tres aeroportos galegos, unha proba de sirenas do Plan de Emerxencias de Presas (PEP), dous pola activación do Inungal nas presas dos Peares e Castrelo, un simulacro en cada unha das provincias por incendios forestais, outro do Plan de Emerxencias Exterior en Punta Promontorio e, por último, a participación nun simulacro por maremoto en Cádiz programado polo Centro Nacional de Emerxencias (Cenem).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23458 {"title":"A Academia Galega de Seguridade Pública impartiu máis de 400 cursos en 2023 coa participación de máis de 12.600 efectivos dos corpos e forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias da comunidade","published_date":"2024-04-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773495\/210619+proteccioncivil+02av.jpg","id":"23458"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-06/23458-academia-galega-seguridade-publica-impartiu-mais-400-cursos-2023-coa-participacion-mais-12-600-efectivos-dos-corpos-e-forzas-seguridade-e-dos-servizos-emerxencias-da-comunidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.