A Xunta destina máis de 350.200€ anuais aos custos de persoal e á dotación de equipamento do novo xulgado de primeira instancia da Coruña

  • O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou esta mañá o novo órgano xudicial que comeza a funcionar esta semana e será atendido por 8 traballadores da Administración de Xustiza

A Coruña, 1 de abril de 2024

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou hoxe xunto co xuíz decano da Coruña, Luis Merino, o novo xulgado de Primeira Instancia constituído ao abeiro do Real Decreto de creación de novas unidades xudiciais.

O xulgado de Primeira Instancia nº16 en materia civil contará con 8 prazas de funcionarios -3 xestores, 4 tramitadores e  1 auxilio-, que suporán unha achega de máis de 350.200 euros anuais por parte da Xunta. As 8 prazas supoñen máis de 303.100 euros, máis do 86% do custo total da posta en marcha desta unidade xudicial. A esta contía súmanse 30.000 euros en mobiliario e outros 17.100 de equipamento informático necesario para o seu correcto funcionamento.

O Goberno central concedeu a Galicia para este ano dúas prazas de maxistrado -unha  para a sección segunda da Audiencia provincial da Coruña e outra para a sección sexta da de Pontevedra, con sede en Vigo- xa creadas, ademais do xulgado de Primeira Instancia número 16 da Coruña posto en funcionamento esta semana. Deste xeito, o Ministerio de Xustiza atendeu só parte das peticións feitas no marco da Comisión Mixta entre a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A solicitude da Comisión Mixta incluía a creación dun novo xulgado de violencia sobre a muller en Santiago de Compostela, co obxectivo de estendelos nos anos posteriores ás demais cidades, xa que só A Coruña e Vigo dispoñen deles. Tamén se pedira un xulgado de Primeira Instancia en Ourense, un do contencioso-administrativo en Santiago de Compostela, un do Social en Ferrol e xulgados mixtos nos partidos xudiciais de Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Ribeira e Carballo.

Cómpre aclarar que a Xunta acepta todas as unidades xudiciais concedidas polo Ministerio de Xustiza cada anualidade reservando a partida orzamentaria correspondente para asumir o custo de persoal dos funcionarios da Administración de Xustiza e a dotación de equipamento co obxectivo de que entren en funcionamiento a comezos de ano. No que se refire ás novas unidades xudiciais correspondentes á programación de 2023, a demora da publicación do real decreto por parte do Goberno central cos xulgados concedidos ata finais de decembro, retrasou a posta en marcha do novo xulgado visitado hoxe.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23327 {"title":"A Xunta destina máis de 350.200€ anuais aos custos de persoal e á dotación de equipamento do novo xulgado de primeira instancia da Coruña","published_date":"2024-04-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23327"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-01/23327-xunta-destina-mais-350-200-anuais-aos-custos-persoal-e-dotacion-equipamento-do-novo-xulgado-primeira-instancia-da-coruna https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.