A Xunta e o Consello da Avogacía Galega avanzan na mellora da prestación da asistencia xurídica gratuíta

Imagen del artículo A Xunta e o Consello da Avogacía Galega avanzan na mellora da prestación da asistencia xurídica gratuíta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Acordaron a actualización e inclusión de novos conceptos no baremo de compensacións aos profesionais que realizan o servizo, así como a axilización no pago da representación e defensa das persoas insolventes
  • As medidas enmárcanse no compromiso común de alcanzar solucións que beneficien aos profesionais ao tempo que garanten o acceso de toda a cidadanía á xustiza

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024

A Xunta e o Consello da Avogacía Galega pactan novas melloras na prestación da asistencia xurídica gratuíta que dan resposta a históricas demandas dos colectivos profesionais de avogados e procuradores, ao tempo que garanten o acceso de toda a cidadanía galega a este servizo. Entre as medidas acordadas figuran a actualización e inclusión de novos conceptos no baremo de indemnizacións ou a redución da tramitación no pago da representación e defensa das persoas insolventes que non teñen recoñecido o servizo de dereito de xustiza gratuíta. 

Os avances pecháronse nunha xuntanza entre o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, con representantes do Consello da Avogacía Galega, dos sete colexios da avogacía de Galicia e do Consello Galego de Procuradores, no marco do compromiso conxunto por alcanzar solucións que beneficien tanto a profesionais do ramo como á poboación. 

Así, acordouse incluír no baremo de indemnizacións conceptos como a intervención letrada en entradas e rexistros domiciliarios, o proceso concursal e procesos de especial complexidade en todas as ordes. Ademais, prevese unha revisión de todas as cantidades do baremo. 

No que se refire á redución da tramitación no pago da representación e defensa das persoas insolventes que non teñen recoñecido o servizo o dereito de xustiza gratuíta, a declaración responsable da persoa letrada será posible para acreditar a insolvencia. Búscase así facilitar o cobro polos servizos sen necesidade de ter que achegar probas. A cambio, o letrado designado terá que renunciar á xura de contas e ao cobro da prestación polo cliente.

A maiores destas medidas, acordouse manter os convenios vixentes entre a Xunta e o Consello da Avogacía Galega, que xa amplían a cobertura da xustiza gratuíta en Galicia a actuacións non previstas na lexislación estatal. Garántese así o acceso de toda a cidadanía galega á xustiza. 

No encontro no que se pactaron as melloras participaron o presidente do Consello da Avogacía Galega e decano do Ilustre Colexio de Avogados (ICA) da Coruña, Augusto José-Cepeda, xunto co secretario técnico do Consello, Sergio Aramburu, os decanos dos ICA de Santiago, Francisco José Rabuñal, de Ferrol, Luis Torres, e de Lugo, José Félix Modelo, as decanas do ICA de Pontevedra, Gema Rial, de Vigo, Lourdes Carballo, e de Ourense en funcións, Esperanza Fernández, así como o vicedecano do Consello Galego de Procuradores, Fernando González-Concheiro. Todas as entidades representadas incidiron no diálogo construtivo e o compromiso mutuo como bases para estes acordos fundamentais de cara á consecución de reivindicacións históricas da avogacía.

Máis de 164M€ investidos desde 2009

Cómpre lembrar que a Xunta mantén un compromiso constante co servizo de asistencia xurídica gratuíta con 164,4 millóns de euros investidos desde 2009. Ademais no período entre 2010 e 2023 a porcentaxe de incremento de gasto anual foi dun 28,5% cunha media de case 13 millóns de euros nos últimos dous anos. 

O Goberno galego vén introducindo nos últimos anos incrementos nas compensacións e melloras na xestión do servizo de asistencia xurídica gratuíta, que prestan os colexios profesionais, e que é fundamental para garantir a igualdade de condicións de toda a cidadanía no acceso á Xustiza. Por iso, Galicia é unha comunidade que paga pronto e puntualmente as certificacións remitidas por estes entes colexiais. En concreto, é unha  das autonomías que mellor retribúe os profesionais da quenda de oficio conforme ao baremo consensuado en 2021 co Consello Galego da Avogacía e o Consello Galego dos Procuradores e vixente ata 2025 grazas á suba dun 15% nos baremos pactados.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23263 {"title":"A Xunta e o Consello da Avogacía Galega avanzan na mellora da prestación da asistencia xurídica gratuíta","published_date":"2024-03-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/773462\/20240326DXXAvancesAsistenciaXuridicaGratuita1.jpeg","id":"23263"} galicia Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-03-26/23263-xunta-e-consello-da-avogacia-galega-avanzan-na-mellora-da-prestacion-da-asistencia-xuridica-gratuita https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.