Todas las noticias de c. de economía e industria; en Galicia en los últimos 30 días
123 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Martes 2 Julio 2024
Lorenzana salienta a aposta da Xunta por reforzar as competencias da xera en materia de I+D
- O CIS-Madeira é un dos dous centros de investigación adscritos á Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) xunto co Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, recentemente incorporado
- A Xera tamén vai contar cunha Área de Información Forestal, que é a encargada de facer os labores estatísticos e de información necesarios para a toma de decisións
- Lorenzana destaca que o Inventario Forestal de Galicia presentado onte ratifica a necesidade de pechar o ciclo da cadea de valor ligado á transformación da madeira na Comunidade, un dos obxectivos nos que vai afondar o plan director que a Xunta está elaborando para o sector
Viernes 28 Junio 2024
A Xunta é galardoada pola creación do Consello galego de seguridade industrial
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2024 O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, recolleu hoxe un premio que recoñece o compromiso da Xunta coa creación do Consello Galego de Seguridade Industrial que se constituirá a vindeira semana. O secretario xeral recibiu o galardón durante a celebración dunha Gala benéfica organizada polo Colexio de Mediadores. O Consello Galego de Seguridade Industrial...
A Xunta subliña que seguirá traballando para lograr unha Galicia máis verde e sustentable
- O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, clausurou as XIV Xornadas Técnicas Enermar: O Mar e as Enerxías Renovables
A Xunta participa na entrega de premios de biomasa no marco da feira Galiforest
Boqueixón, 28 de xuño de 2024 O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participaron hoxe na entrega dos Premios de Biomasa organizada polo Clúster Biomasa. Estes premios enmárcanse na VII Feira Galiforest Abanca que constitúe o maior certame forestal do país e un contexto idóneo para celebrar un sector, como o forestal, que xer...
A Xunta avoga por unha innovación inclusiva e sostible capaz de reducir fendas e mellorar a calidade de vida
- A directora do Igape, Covadonga Toca, participou nun evento no marco das actuacións do programa ONCE INNOVA, onde puxo en valor a importancia de impulsar iniciativas innovadoras que sexan quen de "construír un futuro máis sostible e equitativo"
- Subliña a aposta do Goberno galego por unha innovación que actúa como motor de reforzo da modernización e diversificación da economía e polo fortalecemento dos ecosistemas de innovación en Galicia, para asegurar que sexan inclusivos e sostibles
- Destaca a nova área de innovación empresarial do Igape, centrada na creación de empresas, na transferencia de tecnoloxía ao tecido produtivo, na captación de fondos ou nas estratexias de internacionalización da innovación
A Xunta destaca a aposta de Indra por Galicia, no marco dunha política industrial orientada á atracción de investimentos
- O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxética, Nicolás Vázquez, asistiu esta mañá á inauguración da nova sede de Indra Defensa en Narón, un referente en enxeñaría de sistemas navais
- Salienta que o obxectivo da Xunta é facer de Galicia un polo ibérico de atracción industrial para impulsar o desenvolvemento económico e o emprego de calidade
- Apunta que os tres piares nos que se está apoiando o Goberno galego son a aceleración de proxectos industriais, a desburocratización e a planificación enerxética
Jueves 27 Junio 2024
Lorenzana agradece a Pymar as súas achegas para elaborar o plan director do sector naval de Galicia
- Lembra que, xunto coa automoción, o sector naval vai ser dos primeiros en contar cun borrador deste plan, comprometido para os primeiros cen días de goberno
- "Trátase de traballar nas necesidades futuras que ten este sector desde o punto de vista da competitividade, da diversificación, da internacionalización e do talento humano que se precisa", indica
Miércoles 26 Junio 2024
Lorenzana avanza que o vindeiro luns presentarase o Plan director da automoción na Mesa do Diálogo Social
- Subliña que a Xunta está a concentrar todos os seus esforzos en evitar o risco de deslocalizacións que afronta o sector, e en garantir a competitividade da industria auxiliar e o emprego de calidade e de longa duración
- Adianta que nos vindeiros días se convocará a liña de apoios de 18M€ para as empresas de compoñentes e provedoras
A Xunta anima ao tecido empresarial galego a seguir apostando pola innovación e internacionalización para "adaptarse ás exixencias dos novos tempos"
- A directora do Igape, Covadonga Toca, asistiu á entrega do premio Peme do ano 2024 onde salientou a importancia de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas e a súa capacidade para promover o desenvolvemento empresarial en Galicia
- Animou ás pemes a traballar na procura de novos mercados e lembrou que nestes momentos está aberta a liña para a contratación de xestores de internacionalización, o programa de bolseiros ou o plan de misión comerciais Foexga
- Destacou a posta en marcha, este ano, da Oficina Económica de Galicia, unha canle única para a entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento
A Xunta subliña que Galicia é pioneira na implantación de medidas para o impulso da madeira en construción
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou nas Xornadas de Impulso da madeira maciza industrializada en edificación organizadas polo Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana e Mass Madera
Martes 25 Junio 2024
Xunta e concello de Laxe abordan os novos instrumentos de apoio para o desenvolvemento económico e industrial
- A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, mantivo hoxe un encontro co rexedor laxés, Francisco Charlín, con quen avaliou as medidas adoptadas polo Goberno galego para atraer investimentos e puxo en valor o traballo da Oficina Económica do Igape
A Xunta sitúa a Galicia á vangarda de Europa cunha lei que garante que o aproveitamento dos seus recursos naturais beneficie a todos os galegos
- "Esta lei nace cun espírito transformador e cunha idea moi clara: converter a riqueza natural de Galicia en riqueza social", subliña
- A valoración dos beneficios sociais e económicos dos proxectos cuxa autorización sexa de competencia autonómica integrarase dentro da avaliación do seu impacto ambiental
- Exixirase ao promotor un estudo de impacto social e económico do proxecto e a súa avaliación no procedemento de autorización.
- O texto inclúe unha regulación específica para facilitar o autoconsumo nas áreas empresariais, un canon á eólica mariña e un fondo con achegas públicas e privadas destinado a financiar actuacións de recuperación das zonas afectadas por incendios de incidencia singular
- A nova norma prevé o abaratamento da factura eléctrica a familias e empresas e o avance da autonomía enerxética na comunidade
- Outro dos puntos fortes da lei é que regula un mercado voluntario de créditos de carbono para "monetizar" a captación de carbono de determinadas actividades
- Resalta as vantaxes de que a Administración participe nos proxectos a través, por exemplo, da Sociedade Recursos de Galicia (RDG), xa en funcionamento, que vai ver multiplicadas as súas posibilidades con esta nova norma
Viernes 21 Junio 2024
A Xunta e a Asociación Empresarial Eólica abordan a situación do sector en Galicia
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, insiste no compromiso do Goberno galego con esta industria e destaca o rigor na tramitación dos proxectos eólicos
- Avoga polo desenvolvemento das enerxías renovables para lograr un prezo eléctrico competitivo para as empresas e a cidadanía galega
Lorenzana manifesta o apoio da Xunta a toda o cadea de valor asociada á construción en madeira para seguir fortalecendo o sector forestal en Galicia
- Empraza ás empresas e axentes do sector a apostar pola innovación e pola investigación para ser quen de finalizar todo o ciclo produtivo da madeira en Galicia. "Ese ten que ser o reto que nos temos que marcar e iso pasa por traballar a competitividade e as posibilidades da industrialización do sector forestal", di
- Sinala que o reforzo da estrutura da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) é síntoma de que o compromiso da Xunta co sector está "absolutamente intacto"
- Avanza que o Proxecto de Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no pleno a próxima semana, inclúe a creación dun mercado voluntario de créditos de carbono
A Xunta concede axudas por preto de 274.000 euros aos concellos das Somozas, As Pontes, Cabanas e Narón para a mellora dos seus parques empresariais
- A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta convocatoria durante unha visita ao polígono industrial das Somozas para comprobar o resultado das obras de pavimentación na vía principal
- Lembra que esta liña de axudas é un exemplo máis da política do Goberno galego a prol da mellora da oferta de solo empresarial para favorecer a actividade industrial, a captación de novos investimentos e a creación de emprego
A nova convocatoria do programa de bolseiros especializa en comercio exterior a mozas e mozos facilitando ás pemes galegas a busca de novos mercados internacionais
- O Diario Oficial de Galicia publica as bases dunha iniciativa dirixida a estudantes con titulacións universitarias de grao superior, que poderán formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade e potenciando a competitividade do tecido produtivo galego
- Desde a súa posta en marcha, o programa da Consellería de Economía e Industria beneficiou xa a 400 profesionais, que colaboraron na promoción exterior das empresas galegas desde mercados, entre outros, como Filipinas, Canadá, Estados Unidos, China, Australia, Corea do Sur ou Emiratos Árabes
- Cun orzamento de 3 millóns de euros, o programa formará a medio cento de titulados universitarios, reforzando a capacitación para a internacionalización e a promoción e contratación de recursos humanos altamente especializados por parte do tecido empresarial galego
Jueves 20 Junio 2024
Lorenzana aposta pola axilización e a desburocratización como base da política empresarial da Xunta
- A conselleira de Economía e Industria visitou hoxe o concello de Ordes para coñecer de primeira man as súas necesidades de solo industrial
- Lorenzana puxo en valor a labor da Oficina Económica do Igape que nos dous meses que leva en funcionamento atende arredor de 1.000 consultas ao mes
- Avoga por adaptar a política industrial da Xunta ás necesidades dos empresarios e por vincular a súa planificación ás zonas de potencial industrial para abaratar a enerxía das industrias galegas e dos consumidores
Lorenzana destaca os apoios da Xunta para a instalación de equipamentos enerxéticos eficientes en empresas e vivendas
- Apunta que neste momento están en proceso de resolución as dúas liñas convocadas este ano para particulares (3,5M€): para a instalación de equipamentos de xeotermia, aerotermia e solar térmica, e para placas de enerxía fotovoltaica
- Resalta os datos deste sector que en Galicia lidera Ferrecal: a subministración ao por maior de materiais para fontanería, calefacción e climatización
A Xunta reitera ao Goberno que prorrogue a entrada en vigor ou amplíe os prazos da nova normativa de ascensores para poder cumprir as exixencias establecidas
- O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético participou hoxe nunha xornada convocada pola Asociación Empresarial Galega de Ascensores (Aega) para abordar os detalles da nova Instrución Técnica Complementaria de ascensores aprobada polo Goberno do Estado e que entrará en vigor o vindeiro 1 de xullo
- Tanto a Xunta como a asociación, coincidiron na necesidade de que se dea máis tempo aos organismos de control para levar a cabo as inspeccións pendentes posto que, a poucos días de que entre en vigor o decreto, aínda quedan en Galicia preto dun 8% de ascensores, case 5.000, sen a revisión pertinente, de acordo cos datos da Aega
A Xunta traballa na creación dun mercado voluntario de créditos de carbono para que empresas e cidadanía poidan compensar as súas emisións
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou hoxe no programa de formación ambiental Reservas da Biosfera 2024. Captura de carbono e mercados de emisións, organizado polo Centro Nacional de Educación Ambiental (Ceneam) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
- Explica que será a Área de Información Forestal da Xera a encargada de artellar este mercado voluntario de créditos de carbono regulado na futura Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no Pleno da vindeira semana
Miércoles 19 Junio 2024
As axudas Innovapeme e Deseñapeme da Xunta beneficiaron a 28 empresas da provincia de Pontevedra en 2023
- O delegado territorial visitou, xunto á directora de GAIN e á alcaldesa de Marín, a empresa Mariscos Comesaña, que está usando estes programas para tratar de encontrar novas vías de comercialización aos subprodutos do pepino de mar
- Estas axudas contan cun orzamento de preto de 3,5 millóns de euros e benefician a un total de 64 empresas en toda Galicia
- Carmen Cotelo destacou a necesidade de seguir colaborando coas empresas para que Galicia siga sendo un referente en innovación e calidade
A Xunta destaca o valor innovador das startups da Business Factory Aero e a súa pegada no avance do sector aeroespacial
- A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu a unha demostración da tecnoloxía Suite Acre, desenvolvida por Vig-Sec Drone, startup participante na 5ª edición da Business Factory Aero
- O software probado hoxe facilita a xestión das emerxencias e o control total do espazo aéreo, permitindo o uso simultáneo de drons e aeronaves tripuladas, reducindo o impacto e o tempo de intervención
Lorenzana aborda coa Asociación de Empresarios do Tambre novas medidas de impulso ao Biopolo Sionlla
- A conselleira de Economía e Industria mantivo un encontro con responsables da entidade no que destacou o potencial biotecnolóxico galego e comprometeu o apoio da Xunta na súa industrialización a través da nova Oficina Económica de Galicia que xestiona o Igape
Martes 18 Junio 2024
Lorenzana reúnese coa Federación Galega de Talleres para avaliar a mellora da competitividade dun sector en plena transformación
- A conselleira de Economía e Industria avanzou o apoio do Goberno da Xunta a un negocio que aglutina a máis de 2.100 empresas e da traballo a 8.400 persoas en Galicia e que está a facer fronte aos novos retos que leva aparellados a descarbonización e a electrificación da automoción
A Xunta sitúa a innovación como "motor clave" para o crecemento e a competitividade empresarial
- A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura a 3ª edición do Innovation Big Date onde pon en valor a nova área de innovación empresarial do Instituto centrada na creación de empresas, na transferencia de tecnoloxía ao tecido produtivo, na captación de fondos ou nas estratexias de internacionalización da innovación
- Avoga por fomentar a "cultura da innovación" desenvolvendo tecnoloxías e estratexias innovadoras e apostando polo "talento e as persoas, clave e fundamento de todo"
- Salienta o compromiso da Xunta coa formación, materializado en programas como o Capacita Directivos, no marco do cal se desenvolve esta xornada e que ata o de agora ten permitido realizar máis de 80 actividades formativas nas que participaron máis de 18.000 asistentes
A Xunta de Galicia e o concello de Castrelo de Miño analizan as posibilidades de crecemento industrial do municipio ourensán
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, está a manter unha rolda de contactos cos rexedores galegos logo de incorporar a política de planificación de solo empresarial ao seu departamento
Lunes 17 Junio 2024
Lorenzana subliña o papel da Oficina Económica do Igape para o mantemento da actividade produtiva e do emprego no proceso de venda da pesqueira Fandiscosta
- A conselleira de Economía e Industria agradeceu o intenso traballo despregado por todas as partes para alcanzar un acordo que permitirá manter, tal e como se solicitou desde o Goberno galego, como mínimo, co 90% do persoal de produción, dunha empresa que conta no seu cadro de persoal con 214 traballadores
Lorenzana reúnese co alcalde da Guarda para abordar as necesidades de solo industrial do concello
- Este encontro enmárcase na rolda de contactos que a conselleira está a manter cos rexedores galegos agora que a política de planificación de solo empresarial é competencia da consellería de Economía e Industria
A Xunta pon en valor a aposta pola innovación e a procura de novos mercados para o crecemento e a mellora competitiva do tecido empresarial
- A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou esta mañá a empresa Quobis, unha das pemes que participou na primeira edición da aceleradora de internacionalización da innovación Galicia Avanza
- Salienta que a través desta iniciativa a empresa recibiu asesoramento e apoio para incrementar a presenza internacional da súa plataforma Quobis Communication Platform en países de Latinoamérica como México e Colombia
- Lembra que iniciativas como o Plan Foexga, para impulsar misións comerciais, ou os xestores de internacionalización, para a contratación de expertos neste campo, teñen aberto o período para presentar solicitudes
Viernes 14 Junio 2024
A conselleira de Economía e Industria subliña a aposta pola innovación da empresa lucense Madeiras Goiriz
Castro de Rei (Lugo), 14 de xuño de 2024 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou esta tarde a Maderas Goiriz como exemplo de empresa que aposta pola innovación baixo criterios de sustentabilidade e racionalidade. "Unha empresa familiar comprometida coa xeración de emprego e de riqueza no rural galego e que vai xa pola súa cuarta xeración", apuntou a titular de Economía e Industria logo dun encontro con r...
Lorenzana destaca o compromiso da Xunta por incrementar a competitividade do sector forestal-madeira
- Apunta que o plan director do sector que se prevé que estea aprobado a finais deste ano aborda os principais retos desta industria
- Sinala que a Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no Pleno da vindeira semana, regula o mercado voluntario de créditos de carbono
A Xunta avoga por que Galicia lidere en España unha nova política industrial vinculada á aeronáutica, ao espazo e á defensa
- Lorenzana puxo en valor que se trata dun sector que ten moito que aportar á industria galega en termos de innovación e de emprego cualificado
- Sinala que a Xunta leva impulsado programas de apoio a este sector pioneiros no país e que agora están emulando outras comunidades autónomas
- Anuncia que o Goberno galego ultima unha nova convocatoria de apoios para proxectos de Compras Privada de Innovación na que Galicia tamén será pioneira
A Xunta avoga polo traballo conxunto das administracións para afrontar os retos do sector da automoción
Ribeira (A Coruña), 14 de xuño de 2024 O director xeral de Planificación e Minas da Consellería de Economía e Industria, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe á V Feira do automóbil eléctrico e hibrido de Ribeira onde avogou polo traballo conxunto de todas as administracións para afrontar os retos que ten por diante o sector da automoción como son a electrificación ou a descarbonización. O director xeral tamén lembrou que o Goberno ga...
A Xunta salienta o papel de ViaGalicia na configuración dun ecosistema emprendedor galego sustentado no talento e na innovación
- A directora do Igape, Covadonga Toca, clausura a 7ª edición dunha aceleradora que ten impulsado ata o de agora a creación de 93 empresas das que preto do 70% seguen activas, xerando máis de 500 postos de traballo e 45 millóns de facturación
- Destaca que a "innovación e o talento" permiten ofrecer "solucións avanzadas para grandes retos" causando "un impacto na sociedade, un cambio para ben, con repercusión na vida das persoas"
- Pon en valor outras iniciativas como a aceleradora Galicia Avanza para a internacionalización das pemes ou a rede galega de business factories que inclúe alimentación (BFFood), automoción (BFAuto), aeronáutico (BFAero), e a economía circular (Clima Tech)
Jueves 13 Junio 2024
A Xunta aposta polo impulso da madeira como elemento estrutural na construción cunha liña de axudas de 5 M€
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, inaugurou o curso de formación Cálculo de estruturas de madeira organizado pola USC
Lorenzana pón en valor a colaboración institucional e social como chave para o desenvolvemento económico e industrial de Galicia
- Sinala a importancia de seguir investindo en infraestruturas portuarias para ter un sistema loxístico axeitado ás necesidades de Galicia
- A conselleira subliñou que o 70% das exportacións galegas saen vía marítima e que Galicia é a quinta Comunidade máis exportadora
- Destacou que a política industrial que está a desenvolver a Xunta se basea na desburocratización da relación entre a Administración e as empresas
A Xunta impulsa novos obradoiros de dixitalización que promoven proxectos colaborativos para potenciar a transformación dixital e sustentable das pemes galegas
- O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha nova convocatoria deste programa, que suma 34 novos obradoiros aos que se destinan máis de 600.000 euros para promover espazos de colaboración que capaciten ás empresas na preparación de proxectos avanzados cara aos principais retos da economía
- Os apoios, do 100% dos gastos subvencionables, permiten promover novos talleres de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada na procura de facilitar ao tecido empresarial, a través da cooperación, o impulso de iniciativas nestes eidos
- O goberno galego promoveu ata o de agora máis de 160 obradoiros de dixitalización cun investimento de máis de 2,7 millóns de euros
O Inega explica a estudantes de FP o funcionamento da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia
- O director xeral de Planificación Enerxética e Minas e director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Pablo Fernández Vila, participou hoxe nunha xornada cun grupo de estudantes de FP das ramas de informática e electricidade
- Esta actividade, que se desenvolveu nas dependencias do Inega, está enmarcada dentro da Semana da Administración Aberta, organizada pola consellería de Facenda
Miércoles 12 Junio 2024
A Xunta destaca o labor do centro de fabricación avanzada de Inleit para o impulso da innovación do sector lácteo galego
Curtis (A Coruña), 12 de xuño de 2024 A directora do Igape, Covadonga Toca, acompañada da directora de Xesgalicia, Raquel Rodríguez, e do director do Fondo Galego de Garantía Agraria, Juan José Cerviño, visitaron hoxe as instalacións da empresa Inleit, en Curtis, no marco dunha visita comercial dunha delegación de empresarios e directivos de comercio da rexión chinesa de Shaanxi. Toca Carús puxo en valor a importancia deste centro de ...
A Xunta aplaude a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos completos
- A proposta foi impulsada polo Goberno galego e defendida hoxe polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na Comisión executiva desta entidade
Lorenzana reclama ao Goberno central unha aposta clara por abaratar a enerxía ás electrointensivas para garantir a supervivencia de empresas como Alcoa
- "É esencial que o Goberno central faga unha aposta por abaratar a enerxía ás empresas electrointesivas e non estamos observando que, neste sentido, se queira apoiar a Alcoa e ás outras empresas do sector", di
- Volve reiterar a importancia para o futuro da planta de San Cibrao de dispoñer dun prezo enerxético competitivo e barato
- Avoga por destinar a totalidade das subvencións que se lle poden asignar ás empresas do sector, como están facendo países como Francia ou Alemaña
- Pide ao Goberno que desbloquee os parques eólicos de tramitación estatal que decaeron por estar feitas fóra de prazo as declaracións de impacto ambiental e que teñen subscritos contratos de compravenda de enerxía con Alcoa
Martes 11 Junio 2024
A Xunta emite en prazo os informes sectoriais precisos para conceder a licenza que permita comezar co desmantelamento da térmica pontesa
- Lorenzana explicou que a concesión da licenza municipal para poder acometer os traballos de desmantelamento tan só está pendente do cumprimento por parte de Endesa do requirimento efectuado polo Concello de As Pontes
- A titular de Economía avanzou o compromiso da empresa de, unha vez obtida a licenza, axilizar todos os trámites previos á contratación dos traballadores e simultanear as entrevistas de traballo con tarefas previas como o Plan de residuos ou o Plan de seguridade e saúde laboral
Lorenzana apela ao traballo conxunto para que o sector galego da automoción saia fortalecido fronte aos novos retos
- Remarca que cada ano esta industria en Galicia consolida cifras récord en facturación, exportacións, creación de emprego ou vendas ao exterior
- Considera, non obstante, que o fundamental é evitar a deslocalización de investimentos, e reitera o compromiso da Xunta co sector con medidas como o plan director da automoción e a liña de axudas de 18 M€ para a industria de compoñentes
Sábado 8 Junio 2024
Lorenzana loa o compromiso de Talleres Cholo coa profesión, co emprego e con Galicia
Santiago, 8 de xuño de 2024 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as novas instalacións de 'Talleres Cholo' no polígono industrial de A Sionlla con motivo do 50 aniversario desta empresa da industria da automoción. Durante a visita, Lorenzana louvou o compromiso coa profesión, co emprego e con Galicia desta empresa familiar que foi pioneira e referente no sector da reparación, venda e mantemento de v...
Viernes 7 Junio 2024
Lorenzana convoca a Endesa para facer o seguimento do inicio da fase de desmantelamento da central das Pontes e da continuidade dos empregos vinculados
- A conselleira de Economía e Industria reunirase o vindeiro martes cos axentes económicos e sociais no seo da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes para solicitar á compañía a continuidade dos actuais traballadores nas tarefas que están a piques de comezar
Xunta e Zona Franca de Barcelona avogan por seguir colaborando para impulsar a innovación e internacionalización das empresas
Barcelona, 7 de xuño de 2024 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe co presidente da Zona Franca de Barcelona, Pere Navarro, co obxectivo de seguir unindo esforzos e xerando sinerxias para impulsar a innovación e a internacionalización das empresas. Segundo explicou a conselleira, trátase de reforzar a promoción internacional do sistema loxístico, a dixitalización dos procesos, a promoción exterior...
Lorenzana pón en valor o sector da loxística como chave para o desenvolvemento industrial e enerxético de Galicia
- Sinala que Galicia ten un tecido empresarial consolidado e un sistema ben estruturado para atraer empresas á Comunidade
- A conselleira explicou que a Xunta está a traballar nun mapa industrial que permita realizar unha planificación do solo máis áxil e ligada ao aproveitamento dos recursos naturais
- Subliña os bos datos desde o punto de vista industrial e económico que está a vivir Galicia
Un total de 48 concellos galegos vanse beneficiar das axudas da Xunta para a mellora de infraestruturas e servizos en parques empresariais
- Esta liña de apoios enmárcase na política económica da Xunta que busca unha constante mellora da oferta de solo empresarial para favorecer a actividade das empresas, a captación de novos investimentos e a creación de emprego
A Xunta de Galicia compromete o seu apoio ao tecido industrial ligado á madeira con axudas que este ano xa acadan os 10M€
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe na xornada de clausura da asemblea anual da Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga)
Jueves 6 Junio 2024
A Xunta promove o uso da madeira local na construción a través da Axencia Galega da Industria Forestal
Curtis (A Coruña), 6 de xuño de 2024 O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, visitou hoxe as instalacións de Prefabricados Rodiñas, unha empresa dixo, que é un exemplo da aposta que está a facer a Xunta de Galicia por promover o uso da madeira local na construción. Jacobo Aboal estivo acompañado do director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural da USC (Pemade), Manuel Guaita, e por membros do...
A Xunta traballa para que Galicia sexa un polo de atracción industrial no ámbito da economía verde e dixital
- Lorenzana explicou que a Administración autonómica ofrece medidas de apoio ao tecido produtivo e puxo en valor o asesoramento que está a prestar a Oficina Económica de Galicia que no seu primeiro mes de funcionamento recibiu máis de 900 consultas de empresas
- Sinalou que a Xunta seguirá ofrecendo axilidade, acompañamento e fiabilidade para que Galicia sexa unha comunidade atractiva para as empresas e para os novos investidores
Miércoles 5 Junio 2024
A Xunta reforza o apoio ao sector aeroespacial para gañar en competitividade e impulsar a política industrial
- Ardao destacou que UNVEX contribúe a visibilizar as capacidades, o talento e as tecnoloxías desenvolvidas polas empresas e centros de coñecemento galegos
- Este evento de referencia no segmento dos sistemas non tripulados que se celebra na Fira de Barcelona conta, un ano máis, cunha destacada presenza galega
A Xunta impulsa con preto de 5,6 M€ tres novos centros de fabricación avanzada para a modernización das pemes galegas e a mellora da súa competitividade
- O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que activa novos proxectos de infraestruturas de uso aberto e compartido que permite ás pequenas e medianas empresas acceder a produtos e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades
- Os proxectos facilitarán a posta en marcha dun centro de produción audiovisual avanzada, outro de desenvolvemento e certificación de tecnoloxías satelitais, e dun centro de servizos avanzados de datos na Cidade das TIC
- Ata o de agora tíñanse activado xa en Galicia outros centros de fabricación avanzada en sectores industriais diversos como as TIC, o biotecnolóxico, o turismo o agroalimentario ou a saúde e deporte
Martes 4 Junio 2024
A Xunta avoga pola dixitalización e a ecoinnovación de produtos forestais para gañar en competitividade
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou na clausura da xornada Dixitalización e sostibilidade no aproveitamento da biomasa
Belén do Campo repasa co director xerente de Expocoruña os retos máis inmediatos neste recinto feiral
- A delegada da Xunta mantivo un encontro de traballo no que repasaron os eventos previstos para os próximos meses e os avances nas obras de adaptación para o traslado do persoal da xerencia e das oficinas administrativas do CHUAC
A Xunta destaca o labor das antenas do Igape para achegar ao tecido empresarial galego un amplo mercado con novas oportunidades de negocio
- A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugurou a xornada "Marrocos: Economía e oportunidades de negocio en África para as empresas galegas", onde puxo en valor o traballo conxunto co tecido produtivo na mellora do seu posicionamento nun país que ocupa o sétimo lugar no conxunto das exportacións galegas
- Destaca que Marrocos conta cunha das antenas do Igape no exterior, xunto ás de México, EEUU, e China, ás que se suman este ano as aperturas en Xapón e Emiratos Árabes, o que configura, de modo conxunto, un mercado de máis de 2.000 millóns de persoas
- Salienta que máis de 600 empresas galegas exportan nestes momentos a Marrocos, destacando sectores como o téxtil, a automoción, os produtos minerais, o metalmecánico ou o agroalimentario
A Xunta avoga pola dixitalización e a ecoinnovación de produtos forestais para gañar en competitividade
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou na clausura da xornada Dixitalización e sostibilidade no aproveitamento da biomasa
Belén do Campo repasa co director xerente de Expocoruña os retos máis inmediatos neste recinto feiral
- A delegada da Xunta mantivo un encontro de traballo no que repasaron os eventos previstos para os próximos meses e os avances nas obras de adaptación para o traslado do persoal da xerencia e das oficinas administrativas do CHUAC
A Xunta destaca o labor das antenas do Igape para achegar ao tecido empresarial galego un amplo mercado con novas oportunidades de negocio
- A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugurou a xornada "Marrocos: Economía e oportunidades de negocio en África para as empresas galegas", onde puxo en valor o traballo conxunto co tecido produtivo na mellora do seu posicionamento nun país que ocupa o sétimo lugar no conxunto das exportacións galegas
- Destaca que Marrocos conta cunha das antenas do Igape no exterior, xunto ás de México, EEUU, e China, ás que se suman este ano as aperturas en Xapón e Emiratos Árabes, o que configura, de modo conxunto, un mercado de máis de 2.000 millóns de persoas
- Salienta que máis de 600 empresas galegas exportan nestes momentos a Marrocos, destacando sectores como o téxtil, a automoción, os produtos minerais, o metalmecánico ou o agroalimentario
Lunes 3 Junio 2024
A Xunta destina 2,5 M€ á posta en marcha de dous centros dixitais que mellorarán a competividade das pemes galegas
- O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que busca facilitar ás pequenas e medianas empresas o acceso a dotacións dixitais e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades
- A liña enmárcase no programa de Fondos de Transición Xusta, que buscan xerar un impacto económico e social positivo nestas zonas que, no caso de Galicia, están localizadas na provincia da Coruña
- Os proxectos permitirán a activación do primeiro punto neutro de conectividade en Galicia que promoverá a xestión autónoma do tráfico de internet, e dun centro de produción remota para o audiovisual coa tecnoloxía máis avanzada
A Xunta destina 2,5 M€ á posta en marcha de dous centros dixitais que mellorarán a competividade das pemes galegas
- O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que busca facilitar ás pequenas e medianas empresas o acceso a dotacións dixitais e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades
- A liña enmárcase no programa de Fondos de Transición Xusta, que buscan xerar un impacto económico e social positivo nestas zonas que, no caso de Galicia, están localizadas na provincia da Coruña
- Os proxectos permitirán a activación do primeiro punto neutro de conectividade en Galicia que promoverá a xestión autónoma do tráfico de internet, e dun centro de produción remota para o audiovisual coa tecnoloxía máis avanzada
Viernes 31 Mayo 2024
Lorenzana reúnese co alcalde de Ribadavia para abordar as necesidades de solo industrial do Concello
- Este encontro enmárcase na rolda de contactos que a conselleira está a manter cos rexedores galegos toda vez que a Consellería vén de asumir as competencias en materia de solo industrial
A Xunta aspira a converter Galicia nunha capital verde europea cun modelo industrial sustentable e respectuoso co medio ambiente
- Eloxia a aposta que están a facer as empresas pola sustentabilidade, as enerxías renovables e a dixitalización
- Pon en valor que en Galicia a transición enerxética xa está en marcha e que a enerxía é hoxe un vector de competitividade para a industria
Xunta e Concello de Teo analizan as necesidades de solo empresarial do municipio coruñés
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, no marco da rolda de contactos cos rexedores galegos que está a manter logo de asumir as competencias nesta materia
Lorenzana solicita ao Goberno central que non se repartan fondos dos Perte que permitan a deslocalización das compras en economías emerxentes
- Reclama ao Estado que transfira os fondos dos Pertes industriais ás comunidades autónomas ou que deseñe convocatorias de axudas para as auxiliares da automoción que garantan o emprego local
- Lembra que en xuño se convocarán o programa de axudas extraordinarias aprobado pola Xunta para as empresas provedoras da automoción, dotado con 18M€ que e que inclúe dúas liñas de axuda a fondo perdido que oscilan entre os 300.000 e os 700.000 euros
Jueves 30 Mayo 2024
A Xunta apunta á importancia do talento e da formación como recursos máis valiosos para garantir a competitividade do tecido empresarial
- A directora do Igape, Covadonga Toca, clausura o primeiro curso da Escola Galega de Conselleiros, do que destaca a súa aposta por ofrecer unha formación "continua e específica" para os dirixentes das empresas familiares galegas, que supoñen o 92% do tecido empresarial da Comunidade
- Pon en valor a importancia destas compañías pola súa contribución á hora de "mover a economía galega", representando unha parte fundamental desta por volume, por calidade das actividades que desenvolven e por tradición
- Salienta o compromiso da Xunta coa formación para garantir a competitividade, materializado en programas como o Capacita Directivos, que suma xa máis de 18.000 asistentes, ou o Reacciona, que facilita o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos
Lorenzana pon en valor as políticas da Xunta para promover e consolidar as iniciativas empresariais emerxentes e innovadoras
- Explica que o Goberno galego ten aberta unha liña de axudas por importe de 1,5M€ dirixida ás startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia
- Sobre Hack a Boss, a titular de Economía e Industria eloxia o talento do seu equipo de profesionais e os índices de benestar laboral da empresa
Miércoles 29 Mayo 2024
A Xunta financia obras de mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas por valor de 670.000 euros en Sanxenxo
- O delegado territorial visitou o Hotel del Mar e destacou a importancia de apoiar ao sector con obras que diminúen o seu consumo enerxético e a súa pegada de carbono
- Na área territorial de Pontevedra a Xunta inviste máis de 1,2 millóns de euros para este fin en 15 empresas
- Agustín Reguera aproveitou a visita para anunciar a posta en marcha dunha nova campaña do Bono Turístico a partir do mes de Xuño e que se poderá utilizar de setembro a decembro deste ano
Lorenzana pón en valor a axilidade administrativa da Xunta para a implantación de proxectos industriais en Galicia
- Subliña que o compromiso do Goberno galego co futuro industrial da Comunidade é inequívoco e indiscutible
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, respondeu no Parlamento galego a unha pregunta oral sobre o proxecto empresarial Sentury
Martes 28 Mayo 2024
A Xunta traballa en novos instrumentos de colaboración e apoio para impulsar o sector aeronáutico de Galicia
- A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, clausurou a Asemblea Xeral Ordinaria do Consorcio Aeronáutico Gallego
Ana Ortiz reúnese coa directiva da Asociación de Construtores de Pontevedra
Vigo, 28 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, celebrou este martes unha reunión cos responsables da Asociación de Construtores de Pontevedra (APC). A representante autonómica mantivo un encontro co presidente do colectivo, Miguel Caruncho, e co xerente, Javier Carballeda, para coñecer a súa actividade enpresarial e os seus plans de futuro. ...
Sábado 25 Mayo 2024
Lorenzana subliña a aposta do Goberno galego polo desenvolvemento económico e industrial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
- O convenio busca que Cofer, e tamén o Concello de Ferrol, sexan o enlace da Xunta á hora de identificar posibles proxectos que impulsar desde a Oficina Económica do Igape
- Enxalza o valor da colaboración público-privada e subliña o compromiso do Goberno galego coa reindustrialización destas comarcas da man do tecido empresarial
- Alcalde e conselleira abordaron nun encontro posterior á sinatura do convenio a posibilidade de converter Ferrol nun polo industrial vinculado ás novas tecnoloxías no ámbito das enerxías mariñas
Viernes 24 Mayo 2024
Lorenzana reúnese co alcalde de Lalín para abordar as necesidades de solo industrial do concello
Santiago, 24 de maio de 2024 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Lalín, Xosé Crespo, con quen abordou as necesidades de solo industrial e desenvolvemento urbanístico do concello. Este encontro enmárcase na rolda de contactos que Lorenzana está a manter cos distintos rexedores locais toda vez que a Consellería acaba de asumir as competencias en materia de solo industrial, a...
Lorenzana continúa coa rolda de contacto cos alcaldes galegos cun encontro coa rexedora de Mos para abordar o desenvolvemento de solo empresarial no concello
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, con quen tratou as necesidades de solo industrial que ten o concello e a futura planificación. Este encontro enmárcase na rolda de contactos que Lorenzana está a manter cos distintos rexedores e rexedoras locais, toda vez que a Consellería acaba de asumir as competencias en...
Lorenzana apunta que a competitividade da industria galega dependerá do futuro desenvolvemento de enerxía renovable en Galicia
- Avoga por un modelo eólico que respecte o medio ambiente, que reverta beneficios nos cidadáns e nas industrias e que achegue certezas aos investidores e ao conxunto da sociedade
- "Non podemos ter paralizado o sector polas inmensas posibilidades que están detrás deste desenvolvemento", remarca
Jueves 23 Mayo 2024
A Xunta pón en valor os novos combustibles dispoñibles para a descarbonización da industria naval
Vigo, 23 de maio de 2024 O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez Iglesias participou hoxe na mesa redonda Retos e oportunidades da Transición Enerxética na industria naval organizada no marco da Feira Navalia. Na súa intervención, Nicolás Vázquez puxo en valor a necesidade de empregar novos combustibles para descarbonizar o sector naval e subliñou a aposta da Xunta de Galicia pola descarbonización...
Lorenzana apela a seguir traballando conxuntamente na mellora competitiva, a transformación tecnolóxica e a diversificación do sector naval en Galicia
- Salienta que este sector, xunto co da automoción, van ser os dous que van contar cun plan director dentro dos primeiros cen días de Goberno
- "E moi importante que este ano teñamos un plan director do naval funcionando; é fundamental atopar esas vías de financiamento para toda a innovación que precisan os estaleiros de Galicia", remarca
A Xunta traballa para intensificar as políticas en materia de seguridade industrial
- A directora xeral de Estratexia industrial e solo empresarial, Margarita Ardao, clausurou hoxe o VI Congreso internacional de seguridade e portos
- Apunta que está previsto a posta en marcha do Consello Galego de Seguridade Industrial para coordinar as diferentes medidas neste eido
A Xunta mantén aberta unha convocatoria de axudas para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables
- O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila visitou hoxe a explotación agropecuaria SAT Ladeira, unha das empresas beneficiarias en anos anteriores
- Os novos apoios poden solicitarse ata o vindeiro 30 de maio
Miércoles 22 Mayo 2024
Lorenzana reúnese co alcalde de Cerdedo-Cotobade para avaliar as necesidades do tecido empresarial do concello
Santiago, 22 de maio de 2024 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, con quen avaliou as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento. Ademais dos servizos de atención personalizada ás empresas que ofrece a Oficina Ec...
Xunta e Concello de Mos abordan o proxecto de ampliación do parque empresarial Louredo
- O novo polígono contará cunha superficie de preto de 480.000 metros cadrados nos concellos de Mos e Redondela
- A ampliación dos parques empresariais enmárcase na política do Goberno galego de atraer empresas coa finalidade de potenciar a actividade económica e a creación de emprego de calidade
A Xunta e o Clúster Saúde de Galicia proseguen no labor de impulsar a transferencia entre as empresas do sector
- Ambas entidades asinaron un convenio de colaboración a principios deste ano para impulsar a cadea de valor do sector biotecnolóxico sanitario
A Xunta salienta a importancia do talento como "gran activo" do tecido empresarial e como "motor que move a economía do futuro"
- A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura a xornada '20 Temas estratéxicos para o futuro de Galicia', onde destaca o papel das "persoas, clave e fundamento de todo", para consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global a través de "liñas estratéxica que fortalezan un crecemento intelixente e sostible"
- O encontro celébrase no marco do programa Capacita Directivos, unha iniciativa que permitiu ata o de agora realizar máis de 80 actividades formativas nas que participaron máis de 18.000 asistentes, en presencial e en liña
- Destaca que a Xunta promove, a través de distintos programas e actuacións, a innovación e a transformación dixital das pemes galegas e a procura de novos mercados, ao tempo que achega financiamento no actual contexto económico
- Pon en valor a aposta pola nova Oficina Económica de Galicia como canle única de entrada das empresas á administración, facilitando información, asesoramento e acompañamento
Martes 21 Mayo 2024
Lorenzana reúnese con responsables do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia para avanzar nos traballos de elaboración do plan director para o sector
- A Conselleira de Economía e Industria aproveitou o encontro para explicarlles o novo programa de axudas para a industria auxiliar que contempla apoios máximos de entre 300.000 e 700.000 € por proxecto
Lorenzana destaca a aposta do sector naval galego pola especialización tecnolóxica
- Pon en valor o papel que desempeña o clúster do naval, Aclunaga, á hora de apoiar, xunto á Administración autonómica, os obxectivos do sector: a diversificación de mercados, os avances tecnolóxicos para a mellora de procesos e servizos, a formación e a eficiencia
- Expresa o seu convencemento en que o plan director do naval permita obter toda a información necesaria para facer un diagnose das necesidades e retos que ten ante si esta industria no contexto actual e activar as medidas de actuación precisas
Jueves 16 Mayo 2024
Lorenzana salienta o traballo que está a facer a Xunta para impulsar a competitividade das empresas provedoras da automoción
- Subliña que o plan director que a Xunta está elaborando para o sector é un plan a varios anos que pretende dirixir a estratexia público-privada na automoción en Galicia
- Explica que o obxectivo da nova liña de axudas que se vai aprobar é facilitar que poidan reducir os custos e competir mellor nas adxudicacións
A Xunta pon en valor a aposta do sector mineiro pola sustentabilidade e a eficiencia enerxética
O Incio (Lugo), 16 de maio de 2024 A director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe as instalacións da empresa Magnesitas de Rubián, que puxo como exemplo da aposta que está a facer o sector mineiro en Galicia pola sustentabilidade e a autosuficiencia enerxética a través das enerxías renovables. Fernández Vila tivo a oportunidade de ver o funcionamento da planta fotovoltaica de autoconsumo e os f...
Miércoles 15 Mayo 2024
A Xunta pon en valor en Valencia as políticas públicas para impulsar o uso da madeira como material na construción
- O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou cunha conferencia na 40ª edición de Fimma+Maderalia
- Na súa intervención, explicou as convocatorias de axudas coas que conta Galicia para potenciar o uso da madeira na construción e en particular sobre a última convocatoria publicada cun orzamento de 5 millóns de euros
- A maiores, falou da iniciativa da Administración autonómica para promover o emprego da madeira na súa estrutura en ata un 20% das edificacións promovidas polo organismo público
Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción
- Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval
- Avanza que as axudas se coñecerán "en cuestión de días" e que "van adaptadas ao que o clúster realmente nos está dicindo que precisa a pequena, mediana e gran empresa" vinculada ao sector, porque a intención é apoiar "toda a cadea de valor"
A Xunta avoga por "manter e reforzar" a cooperación público-privada para que o tecido empresarial galego sexa aínda máis competitivo
- A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nun almorzo-coloquio co director de conxuntura e economía internacional de FUNCAS no que pon en valor a "boa marcha" da economía galega, en particular no que se refire á internacionalización, que está a mellorar este ano os rexistros históricos acadados no 2023
- Subliña a importancia de "manter o impulso das exportacións galegas" a través de actuacións como os programas de bolseiros e xestores de internacionalización, as liñas Galicia Exporta, as antenas do Igape ou o Plan Foexga
- Destaca a necesidade de "atraer investimentos produtivos", eido no que resalta a nova Oficina Económica de Galicia, que se configura como "punto de contacto de información e entrada para iniciativas empresarias e proxectos industrias"
Lunes 13 Mayo 2024
A Xunta determina a creación dunha nova ITV no concello da Coruña
- A Consellería de Economía e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecerá unha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos no municipio
- A responsable da posta en marcha das instalacións será a empresa concesionaria, Supervisión y Control Applus+, que prevé ubicala no polígono de Vío
Domingo 12 Mayo 2024
A Xunta impulsa axudas por 1,27 M€ para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables
- Os apoios, que poden solicitarse ata o vindeiro 30 de maio, permitirán a mobilización de 4,3 millóns de euros
- Posibilitarán un aforro duns 400.000 euros ao ano e unha redución de emisións de CO2 equivalente a plantar 36.000 árbores
- Apoiarase a promoción de instalacións de enerxías renovables eléctricas mediante instalacións fotovoltaicas ou minieólica, e actuacións de mellora da eficiencia enerxética
Sábado 11 Mayo 2024
Lorenzana salienta en Vigo o compromiso da Xunta coa mobilidade sustentable
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou no municipio pontevedrés as instalacións de Moto Motion, que contou co apoio da Administración autonómica para a compra de dez motos eléctricas no marco do Moves III
Viernes 10 Mayo 2024
Lorenzana destaca as posibilidades que ofrece o rural para o desenvolvemento dunha industria verde e sustentable
- Subliña que industria e medio rural son perfectamente compatibles e, máis que nunca, complementarios, porque a industria que se basea en fontes renovables ten que asentarse alí onde está a materia prima
- Salienta que a aposta da Xunta a través da Lei de recursos naturais e da sociedade RDG vai ser o de promover os beneficios asociados á implantación en Galicia de calquera proxecto industrial a través de fontes renovables
Jueves 9 Mayo 2024
Martina Aneiros destaca a formación e a colaboración como claves da capacidade de resposta da Xunta ante os ciberataques
- A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta tarde na apertura da xornada 'Resgardando o futuro dixital das pemes de Ferrolterra: estratexias clave de ciberseguridade para o éxito empresarial', organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra
A Xunta activa un novo programa para que as pemes galegas aposten por modelos de negocio máis sustentables e responsables
- A liña, que abre hoxe o período de presentación de solicitudes, busca estimular proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ambientais, sociais e de gobernanza (ASG)
- Un dos obxectivos é promover iniciativas de implantación de solucións avanzadas que acaden reducións e aforros de recursos e diminucións na xeración de refugallos
- Tamén se apoiarán actuacións dirixidas a desenvolver a responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de gobernanza nas organizacións
Miércoles 8 Mayo 2024
Lorenzana resalta o compromiso da Xunta co emprendemento innovador e o impulso ás startups
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou en Vigo na entrega dos Premios Emprende XXI, organizados por Caixabank e Enisa
- Lembra que o Igape conta cun programa dotado con 1,5 millóns de euros para apoiar os emprendedores galegos no lanzamento e consolidación das súas startups
- Tamén se vén de ampliar a rede de aceleradoras coa posta en marcha da nova Business Factory Climatech, que permite o impulso de proxectos empresariais no sector de solucións ambientais e economía circular
A Xunta amosa a súa decepción por que o Goberno só outorgue a metade dos fondos solicitados por Stellantis Vigo no Perte VEC II
- Apunta que Stellantis solicitara neste perte 40M€ e só se lle asignaron por parte do Ministerio de Industria e Turismo 20M€ en axudas directas
- Lembra que son 33.000M€ de pertes industriais que agora mesmo xestiona o Estado e, deles, soamente se teñen adxudicado o 30 por cento dos fondos e o 50 por cento está aínda sen convocar
Martes 7 Mayo 2024
Lorenzana avalía con Cluergal novas vías de colaboración para continuar reforzando o sector
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con representantes do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia
- A asociación achegará as súas propostas ao futuro plan director da industria metalmecánica, que contará coas medidas, mecanismos e medios necesarios para fortalecer o sector e mellorar a súa competitividade
Lunes 6 Mayo 2024
Lorenzana achega ao estudantado a política económica e industrial da Xunta como garante dun emprego de calidade para os vindeiros anos
- Subliña a importancia de apoiar a base industrial para incrementar as oportunidades laborais das persoas que agora están formándose e impulsar o talento galego
Sábado 4 Mayo 2024
Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de Sigüeiro
Oroso (A Coruña), 4 de maio de 2024 A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades do parque empresarial de Sigüeiro en materia de infraestruturas e servizos. Este parque empresarial opta ás axudas da Xunta para mellorar a competitividade dos polígonos industriais. En concreto, á liña específica para a mellora de infraestruturas, d...
Viernes 3 Mayo 2024
A Xunta salienta a importancia do efecto tractor das grandes empresas galegas para impulsar a saída ao exterior de pemes e autónomos
- A directora do Igape, Covadonga Toca, visita en Nigrán as instalacións de Marine Instruments, que potenciou a súa presenza nos Estados Unidos cunha misión comercial levada a cabo no marco da liña para grandes empresas do Foexga
- Apunta que este programa, que vén de abrir unha nova convocatoria, permite aproveitar a "experiencia e o saber facer" destas compañías consolidando a aposta do tecido empresarial galego pola internacionalización
- As axudas cobren o 30 % dos gastos subvencionables da participación das grandes empresas nas misións comerciais e feiras internacionais incluídas na programación de actividades internacionais do Plan Foexga
A Xunta aposta por unha mobilidade sustentable avanzando no vehículo eléctrico e o uso do hidróxeno e os biocombustibles
- O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Vigo na apertura dun foro organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)
- Apunta que o Inega seguirá promovendo, fomentando e liderando unha transición enerxética ordenada e planificada, e que sexa xusta para todos
- Lembra que a mobilidade xoga un papel esencial na Axenda Enerxética de Galicia 2030, e sinala que a Administración galega busca achegar á cidadanía as ferramentas necesarias para facilitar esa transición
Jueves 2 Mayo 2024
Lorenzana sinala o Grupo Pereira como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización da cadea mar industria galega
- A conselleira de Economía e Industria visitou en Vigo as instalacións desta compañía, da que forman parte máis de 20 empresas que integran a pesca, a transformación e a comercialización de produtos do mar
Martes 30 Abril 2024
A Xunta convida ás empresas a investir en seguridade industrial para protexer as persoas traballadoras e limitar os riscos de danos materiais
- O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, clausurou un encontro sobre a xestión do risco na industria da reciclaxe organizado pola Fundación Inade e a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais
- A Administración autonómica traballa na posta en marcha do Consello Galego de Seguridade Industrial
- Un dos seus cometidos será articular medidas para abondar na prevención e a limitación de riscos nas instalacións, o que repercutirá na mellora dos contratos de aseguramento, así como na formación e concienciación
Lorenzana apela ao traballo coordinado entre Xunta e concellos emprendedores para incentivar a actividade empresarial en Galicia
- Destaca que a figura dos Concellos Emprendedores vai ser moi importante nesta lexislatura en que a Xunta vai redobrar a súa aposta pola industria
- "Ese pacto pola industria e a enerxía que o presidente Rueda ofreceu a todos os partidos e administracións pódese facer realidade dando pasos coma este, onde todos teñamos claro que para continuar avanzando na industria e no emprego é necesario a colaboración entre administracións e a colaboración público-privada", asegura
Sábado 27 Abril 2024
A Xunta destina 5 M€ ao impulso da transformación industrial e a dixitalización de pemes e autónomos galegos
- O Diario oficial de Galicia publica unha nova convocatoria de axudas paro o impulso da transformación industrial e para reforzar a aposta dixital de pemes e autónomos galegos
- Os apoios serán do 35% dos investimentos para as pequenas empresas, e do 25% para as medianas, mentres que para os gastos de consultaría, a intensidade de subvención será do 50%
- Como novidade, nesta convocatoria introdúcese por primeira vez unha liña específica que atende á dixitalización dos procesos loxísticos, e se favorece tamén a implantación de iniciativas que se leven a cabo nun concello emprendedor
Viernes 26 Abril 2024
Ana Ortiz anima aos emprendedores vigueses a facer o "seu bo camiño" co impulso da Xunta e a través do evento The Way Startup Summit 2024
- A delegada territorial participou este venres na presentación do foro de emprendemento que acollerá Vigo o vindeiro mes de maio
- Ortiz puxo en valor a Rede de Polos que, con 13 centros en Galicia, xa asesorou ao redor de 1.600 novos proxectos empresariais en menos dous anos
Xunta de Galicia e Fundación CEL amplian a súa colaboración para impulsar a aceleradora BFaero
- Avanzaron na sinatura dunha addenda ao convenio actual por importe dun millón de euros para atender novas necesidades e poñer en marcha unha análise Sandbox aproveitando as infraestruturas existentes en Rozas
- A Fundación CEL amosou o seu interese por traballar na creación dun Centro de Servicios de Fabricación Avanzada que permitiría a creación de equipamentos compartidos e de alto valor tecnolóxico para dar unha resposta máis flexible ás necesidades deste ecosistema.
Lorenzana resalta o compromiso do sector dos áridos en Galicia coa sustentabilidade, a formación e a seguridade e saúde laboral
- Avanza que, no marco da Axenda de Impulso á Minaría Sostible de Galicia, a Xunta está pechando un convenio de colaboración con Arigal que recolle diferentes actuacións para dar a coñecer este sector e as súas potencialidades en diversos ámbitos; entre eles, o educativo
- Lembra o pacto pola industria que quere promover o Goberno galego e subliña que a Xunta "vai seguir defendendo de maneira intensa o feito de que o desenvolvemento industrial e enerxético da nosa comunidade autónoma é compatible co medio ambiente"
Galicia exhibe en California os avances en i+d+i aplicada ás tecnoloxías de sistemas non tripulados desenvolvidos no polo aeroespacial
- Unha delegación galega participou en Xponential 2024, o principal evento do segmento das tecnoloxías de vehículos e sistemas non tripulados en San Diego, onde se compartiron as solucións máis innovadoras en robótica intelixente e drons
- Están presentes tamén no evento empresas e centros tecnolóxicos do ecosistema aeroespacial galego como Telespazio Ibérica, Centum Research & Technology, Sense Aeronautics e ITG Drone Solutions
Jueves 25 Abril 2024
Margarita Ardao toma posesión como directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024 Margarita Ardao Rodríguez tomou posesión hoxe como directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, nova dirección xeral dependente da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Consellería de Economía e Industria. Margarita Ardao era ata o de agora directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego. Nada en 1976 en Narón (A Coruña), é enxeñeira industrial na ...
A Xunta celebra o Día internacional do Deseño cun encontro para analizar o seu impacto económico
- Máis de 200 profesionais do deseño, representantes de empresas e estudantes reuníronse hoxe no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol con motivo do VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
- Cinco profesionais do deseño gráfico, dixital, de servizos e de produto explicaron a súa relación coa tecnoloxía e como esta simbiose se traduce en desenvolvemento económico
A Xunta salienta en Ceuta a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para seguir colaborando na mellora do tecido produtivo
- A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nun encontro organizado polo Foro ADR na procura de que as axencias de desenvolvemento rexional optimicen os servizos e apoios que prestan a empresas e emprendedores para impulsar a súa competitividade
Martes 23 Abril 2024
A Xunta salienta que os certificados de aforro enerxético supoñen unha oportunidade para avanzar na descarbonización da economía
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou nunha xornada sobre esta materia organizada pola asociación A3E
Lorenzana traslada aos traballadores de Madera Fiber o labor que está realizando a Xunta para buscarlle viabilidade á compañía
- A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada pola directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo hoxe unha reunión no Porriño con representantes do comité de empresa, o alcalde deste municipio pontevedrés e a administración concursal
A Xunta colaborará coa Asociación Empresarial Galega de Ascensores para abordar a aplicación da normativa estatal de instrucións técnicas de seguridade
- Segundo estimacións da propia asociación, a normativa afecta en Galicia a máis de 65.000 ascensores
- Entre as principais modificacións que introduce, figura a obriga das empresas conservadoras de ascensores de deixar o aparello fóra de servizo se, transcorrido o prazo do vencemento da inspección periódica correspondente, esta non se ten realizado
- O secretario xeral de Industria avanza que, no seo do Consello Galego de Seguridade Industrial, vaise crear un grupo de traballo específico no que se tratarán as necesidades do sector e as vías de colaboración
Viernes 19 Abril 2024
A Business Factory Aero da Xunta é recoñecida como a mellor aceleradora avanzada de España no ranking Funcas 2024
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no acto de presentación do Informe Funcas 2024, poñendo en valor o ecosistema de innovación galego e destacando o espírito de "colaboración" do programa
- A iniciativa ocupa o primeiro posto a nivel estatal nas categorías de Programa de aceleración, de graduación e no ranking global
Jueves 18 Abril 2024
A Xunta salienta a importancia do sector mineiro na transición cara a unha economía dixitalizada e descarbonizada
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura da Asemblea Ordinaria da Cámara Oficial Mineira de Galicia
Miércoles 17 Abril 2024
A Xunta avanza na elaboración do plan director do sector TIC
- Lorenzana convida a Ineo a facer as súas achegas a este plan, que estivo en fase de consulta pública ata o pasado 8 de abril
A Xunta subliña a necesidade de apostar pola sustentabilidade e a integración no territorio no desenvolvemento das redes eléctricas
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe os traballos de desmontaxe das liñas aéreas de alta tensión entre Narón e a subestación de Santa Mariña en Ferrol, realizados por UFD
Martes 16 Abril 2024
Lorenzana apela a aproveitar a boa marcha da economía galega para impulsar o desenvolvemento industrial e enerxético de Galicia
- Ratifica o compromiso da Xunta co acompañamento ao tecido empresarial, con instrumentos como a Oficina Económica de Galicia dependente do Igape ou os plans directores por sectores
Lunes 15 Abril 2024
A Xunta activa unha nova edición do Bono Activa Comercio dotada con 2,5 M€
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a quinta edición desta iniciativa, que permitirá mobilizar 12 M€ en compras nos establecementos de proximidade
- Os negocios que desexen participar no programa poderán adherirse a partir de mañá, mentres que cada cidadán poderá descargar un bono desconto de ata 30 euros a partir do próximo 26 de abril
- Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento da convocatoria
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.