Lorenzana visita en Cambados a primeira estación de servizo da provincia de Pontevedra na que xa se pode retirar diñeiro en efectivo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- É a primeira da provincia en adherirse ao convenio de colaboración que asinaron a Xunta de Galicia, Abanca e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes)
- Este acordo permite que naqueles concellos do rural galego con menos de 20.000 habitantes sexa posible retirar pequenas cantidades de diñeiro nas estacións de servizo adheridas, que contan con terminais de puntos de venda (TPV) de última xeración habilitados
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Cambados (Pontevedra), 27 de xullo de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a primeira estación de servizo da provincia de Pontevedra na que xa se pode retirar diñeiro en efectivo ao estar adherida ao convenio de colaboración que asinaron a Xunta de Galicia, Abanca e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes).
Este acordo permite que naqueles concellos do rural galego con menos de 20.000 habitantes sexa posible retirar pequenas cantidades de diñeiro nas estacións de servizo adheridas, que contan con terminais de puntos de venda (TPV) de última xeración habilitados.
Lorenzana explicou que a Xunta puxo en marcha esta iniciativa co fin de ampliar o catálogo de servizos destes establecementos no rural e, tamén, como unha medida para facer fronte ao despoboamento.
Estímase que a implantación desta medida nos 290 concellos galegos con menos de 20.000 habitantes alcance nesta lexislatura uns 200 establecementos, a metade das que actualmente están adheridas á Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes).